20 mar 2023

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. 

Festival Atlántica, Sete Falares, Falando a Boca Chea e NOGA celebran xuntos esta data.

Nesta edición, o pregón realizouno o narrador José Campanari e lémbranos que o misterio que gardan as historias segue voando polos aires e nos permite ver a vida desde distintas perspectivas. Descúbrenos que hai outros mundos por coñecer. Móvenos a reflexionar sobre as cousas importantes da vida.

O visto, o vivido, o escoitado, o lido forman parte dese repertorio de contos, historias, anécdotas e lembranzas doutros tempos que se comparten de maneira oral acotió.

Fainos gozar dunha viaxe polas emocións da man de mulleres e homes que dedican a súa vida a explorar esta arte de contar historias de viva voz. Profesionais que viaxan polo mundo partillando o son das palabras para que persoas de todas as idades sigamos vivindo e soñando ben espertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario