28 feb 2014

NO DÍA DE ROSALÍA

O luns 24  de Febreiro nun acto colectivo, xuntámonos na Sala Rosalía para lembrar á ilustre poetisa . Asistimos a un Recital Poético no que @s membr@s do Club de Lectura e o alumnado de 4ºC , acompañad@s do profe de música , recitaron poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.
Para lembrar este día a Biblioteca e o EDNL fixeron un colgante para repartir entre o alumnado e o profesorado.
Outras actividades en torno á figura de Rosalía:
- Investigamos sobre a súa vida e obra , lemos ,escoitamos e ilustramos  poemas.
-Exposición de libros na biblioteca e diversos poemas e fotos no recanto da entrada do cole.

27 feb 2014

GRAFFITIROSALÍA

Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega(AELG) para facer visible os poemas e o alento da voz de Rosalía ,preparamos  catro paneis de madeira e con spray de cores, baixo a supervisión de Anxo,alumno de prácticas e grafitero,as clases de fixeron graffiti dos versos de Rosalía. 
Nestas imaxes podedes ver o proceso

24 feb 2014

VISITA DE OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER

Hoxe tivemos a  visita de Olalla González  e Marc Taeger da editorial kalandraka nunha sesión de contos ilustrados, achegándonos á arte a través dos contos.
Foi unha sesión moi especial para os nenos e nenas de educación infantil de tres e catro anos.
Olalla chegou coa súa maleta cargada de fermosos contos como: Os petos de Loreto,Cada vez máis alto,Garavanciño,Boas noites Bufo e rematou cun precioso conto que cantou Mamá.
Todos,nenos,nenas e profes  escoitamos moi atentos  as  máxicas  palabras e os contos que Olalla contaba  mentras  Marc os ilustraba cuns debuxos e cores que nos deixaron impresionados e abraiados,pero aínda nos agardaban máis sorpresas, xa  que estas  ilustracións quedarán no cole. Que maravilla!!!
O remate da sesión fixémoslle entrega dun pequeno agasallo para que non se esquezan de nós e que volten pronto ao cole e seguir  contándonos contos.Antes de despedirse asinaron no libro de visitas.
Grazas Olalla e Marc!!!!!
Nestas fotos podedes ver o que disfrutamos!!!!!

21 feb 2014

MANDADIÑOS DO MECO

Lembrade

 Os "MANDADIÑOS DO MECO" para a semana 
 
 LUNS 24 DE FEBREIRO 
ENGALA A CABEZA E
MAILOS PECIÑOS
 
MARTES 25 DE FEBREIRO
O MARTES TELO MOI SINXELO,
CAMISETA VERMELLA E
LAZO NO PELO
 
MÉRCORES 26 DE FEBREIRO
CHEGA O MÉRCORES MOI ABRIGADIÑO.
CAMISÓN OU PIXAMA
E MAILO OSIÑO
 
XOVES 27 DE FEBREIRO
 A CRISE FAI ESTRAGOS
 NOS NOSOS AFORROS,
 ANTIFACES RECICLADOS
 PON NOS TEUS OLLOS.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!

19 feb 2014

CHEGA O ENTROIDO!!!

Chega o Entroido e con el a festa, os mandadiños do meco,os disfraces,as comidas típicas destas datas,filloas,orellas,..
 
Nas seguintes ligazons podedes atopar unha recompilación de recursos para empregar e traballar nas aulas.
Coordinadora  Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php
Galicia
  Espallada

http://www.galiciaespallada.com.ar/entroido_culturagalega.htm
Vieiros da Escola
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/
Web de Norberto
http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/entroido_e.htm
Recompilación da Biblioteca
 "O Recanto de Mik"
 
https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos
Recompilación da Biblioteca
  "Outeiro de Matilda"
https://sites.google.com/site/recursosentroido/
  
Lim sobre o Entroido Tradicional Galego
Julia González González-Ceip Mestres Goldar
 
http://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim

18 feb 2014

21 DE FEBREIRO,DÍA DA LINGUA MATERNA


Cada 21 de febreiro, a UNESCO celebra o Día Internacional da Lingua Materna e  chama a nosa atención sobre a importancia de usar e transmitírlles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.
http://www.edu.xunta.es/web/node/11740
(Preme na imaxe)
Unha celebración que busca lembrarnos o valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan, para asegurar a diversidade cultural, contribuir ao coñecemento humano e potenciar a participación de todas as persoas na construción de sociedades democráticas.
A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica.
Recoñecer esas linguas supón tamén abrir a porta a múltiples saberes tradicionais científicos a miúdo ignorados e enriquecer os nosos coñecementos.
 
Esto é o que explica Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, na súa mensaxe difundida con motivo desta celebración, preme aquí para acceder.
"Este ano facemos especial fincapé no lema «As linguas locais para a cidadanía mundial: a ciencia en primeiro plano», a fin de mostrar ata que punto as linguas garanten o acceso ao saber, á súa transmisión e á súa pluralidade. Contrariamente á crenza común, as linguas locais son totalmente capaces de transmitir as materias científicas máis modernas, as matemáticas, a física e a tecnoloxía."
Máis información na páxina da Unesco 
http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/international-mother-language-day-2014/

17 feb 2014

24 DE FEBREIRO:"DÍA DE ROSALÍA"

O Día de Rosalía
celebrarase O 24 de Febreiro,aniversario do nacemento da nosa ilustre poetisa.
Tanto a Fundación Rosalía como A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)organizan diversos actos e actividades para celebrar esta data.
http://rosaliadecastro.org/
(Preme na imaxe)
A AELG,ademais de animar a agasallar un libro en galego e unha flor convoca para ese día o programa GraffitiRosalía co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
http://www.aelg.org/
(Preme na imaxe)
Proponse que,en muros ou paredes habilitados a tal efecto,nos centros de ensino grafiteen algún verso de Rosalía,de modo que o alento da súa voz se faga presente para toda a cidadanía galega.
" Queremos que os seus versos nos invadan,
fender con eles o mutismo das paredes.
Para que a súa voz ilumine os muros.
Alta e clara como murmurio e como berro"......
Para coñecer un pouco máis a nosa poetisa mirade este Lim do Ceip "Alexandre Bóveda"
http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/xogando_con_rosali_a3/lim.swf?libro=xogando_con_rosali_a.lim
E para os máis pequechos este fermoso poema "Parece unha rosa"
http://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
Escoitamos "Rosalía pequeniña" 

 Presentación do poema "Adios ríos,adios fontes" ilustrado polo alumnado do cole.
        

16 feb 2014

LIBROS PARA ROSALÍA


O 24 de Febreiro imos celebrar o
DÍA DE ROSALÍA
 Estos son algúns dos libros que recomendamos e que podedes atopar en exposición na biblioteca.
 
E tamén para escoitar!!!!

13 feb 2014

13 DE FEBREIRO,DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de Febreiro é o DÍA MUNDIAL DA RADIO, un día para celebrar a radio como medio,para mellorar a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión e para alentar ás principais redes e radios comunitarias a promover a través das ondas o acceso á información,á liberdade de expresión e á igualdade de xénero.
 
 
Ligazón á páxina da UNESCO.
A radio segue sendo o medio con maior audiencia en todo o mundo.As Radios Escolares constitúen  unha valiosa ferramenta educativa.
PONTE...NAS ONDAS! e AIRE ( Asociación Internacional de Radios Educativas ) fan un chamamento  ás Radios Escolares( en todas as súas  variantes ) e aos centros educativos que traballan  con recursos radiofónicos a sumarse ó  MANIFESTO DAS RADIOS ESCOLARES que será publicado ese mesmo día.
Ligazón ao MANIFESTO.
O noso centro ten unha longa traxectoria coa Radio Escolar.Todos os venres,na hora do recreo, faise un programa.Participan todas as clases, sendo coordinados polas mestras Viri e Coral.O programa pode ser libre ou dirixido( Presentación ,felicitación de aniversarios, dedicatorias, noticias do cole, recomendacións de lecturas, espazo cultural, música,......)
Sumámonos a este iniciativa é hoxe faremos o Programa de Radio e a Lectura do Manifesto.
A clase de 4ºC,co programa "Microrrelatos" foi seleccionado no  I Certame de Radio Escolar campUSCulturae  (vinculado a Facultade de Ciencias da Comunicación)  e  hoxe, xunto con 12 colexios máis,están celebrando o Día Mundial da Radio en Santiago .
Parabens!!!!!!!!!!!!

11 feb 2014

LECTURAS CON CORAZÓN


Dende a biblioteca preparamos unha selección de libros e lecturas para esta data , amor, amizade, bicos, ledicia ,emocións, sentímentos, palabras fermosas,....todo esto e  máis atoparás  na biblioteca.
 
Os libros tamén nos namoran!!!!!!

 

10 feb 2014

SEMANA DO AMOR E AMIZADE


A biblioteca adica unha semana o Amor coincidindo coa celebración de San Valentín.

Para elo,organizamos varias actividades:
 
-Selección e exposición de lecturas e historias de amor,amizade, bicos, cariño, tenrura, ....
 
-Concurso:"Cada ovella coa súa parella".
 
-"Poemas con piruleta": Escribe  un poema sobre o tema  e recibirás de agasallo unha piruleta.
 
-En corazóns de cartulina,que atoparás na biblioteca, escribe unha  palabra ou frase sobre o amor e a amizade, que logo  pegaremos nun gran corazón.
 

5 feb 2014

OLLOS DE AULA Nº 12 (FEBREIRO)

O Nº 12 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES :
HAI UNHA IDADE PARA COMENZAR A LER? QUE É ISO DAS REVÁLIDAS DA LOMCE? USO DE MÓBILES NA ESCOLA? NON É VIABLE EN GALEGO UNHA PUBLICACIÓN COMO OINK,A REVISTA DO XABARÍN CLUB?
 
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n12_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(Preme na imaxe)

2 feb 2014

DÍA DA PAZ NO "SEIS"

En torno ao lema "Deporte pola Paz" xirou a celebración deste día.
 
Fixemos  un acto colectivo no que provistos de camisetas de cor azul,negro,vermello,amarelo e verde representamos os cinco aros olímpicos .
Durante esta semana estivemos traballando este tema nas aulas:
-Investigamos sobre a Paz e Nelson Mandela
-Pintamos o colgante en forma de pelota
Escribimos as nosas Mensaxes de Paz
Despois do recreo,baixamos todos e todas ao pavillón e fomos sentándonos nos círculos establecidos para tal fin.
Xa sentados,coas mensaxes de paz  fixemos una pelota.
Cando escomenzou a soar a música fomos encestando as pelotas na caixa que nos correspondía.
Representantes de cada nivel,foron vaciar as pelotas no Baúl dos Desexos da Paz.
Ao ritmo de "Free Nelson Mandela",unha representación dos alumnos/as de 6º leron o Manifesto pola Paz,centrado en Nelson Mandela e recitaron o poema Invictus.
"E moi importante que teñamos en conta que a paz non só significa ausencia de guerra, é unha palabra que vai moito máis alá, é unha palabra que nos fala de: solidariedade, amor, compromiso, respecto, tolerancia, xustiza, inclusión, liberdade, diversidade, cooperación...
A Paz está entre nós cando bicamos a nosa nai, nunha aperta dun amigo/a, nun sorriso, nas lambetadas compartidas cos amigos/as, na alegría da tarefa ben feita, na palmadiña ao compañeiro/a.... 
 
 Temos que lembrar que a Paz non é tarefa dun día, para conseguila hai que traballala os 365 días do ano.

 E como di Nelson Mandela:
“Todo parece imposible ata que se fai”...
 
Foi un día especial e cheo de bos desexos como podedes ver nestas fotos.