27 dic 2013

UN NADAL DEPORTIVO


A entrada do cole encheuse de cor polo Nadal
Coas postais que fixo o alumnado.A temática era o deporte e podedes ver a imaxinación e a creatividade que tiveron.
O  Belén celeste ,grazas a Siareiros
A árbore de Nadal decorada con pelotas de tenis,raquetas,....
 
Traballos feitos en colaboración coas familias de infantil:
Camisetas decoradas,balóns,.....para celebrar o 30º aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal.
O APALPADOR
Debuxos,cartas,contos
Campaña: "No Nadal,adopta un libro"
Libros procedentes do expurgo da biblioteca e que o alumnado adopta. Colleu o libro que lle gustaba e o levaron para casa.Foi unha exposición puntual mentras duraron os libros pero tivo moi boa acollida xa que todos os libros foron adoptados
Exposición das Lecturas recomendadas polo Nadal
 PRESENTACIÓN EN FOTOS 

23 dic 2013

FELICITACIÓN DE NADAL

 A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP "SEIS DO NADAL" DESÉXALLES UN VENTUROSO 2014 SEN RECORTES NA ESCOLA PÚBLICA

16 dic 2013

UN LIBRO,O MELLOR AGASALLO

Esta é a nosa Guía de Lecturas recomendadas para o Nadal.
 
Nestas datas ofrecemos unha escolma de libros que serán de lectura obrigatoria cando escomence o 2014.
Mirádea atentamente e podedes incluilas nas vosas cartas ao Apalpador,a Papa Noel ou ós Reis Magos,de seguro que compraceralles atender as peticións de libros!!!!!
Nestas vacacións de nadal desfrutade coa lectura dun libro!!!!!
Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo!!!!!!

BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!!!

14 dic 2013

LECTURAS PARA O NADAL

Na biblioteca temos preparada unha selección de lecturas para estas datas,libros que falan do Apalpador,Papa Noel,os Reis Magos,historias e contos de Nadal....
Achégate a biblioteca e desfruta desta exposición!!!

6 dic 2013

OLLOS DE AULA Nº 11(DECEMBRO)


O Nº 11 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES A NOVA LEI DE EDUCACIÓN A LOMCE E O QUE VAI SUPOÑER PARA O ENSINO DO GALEGO;O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN E RECOMENDACIÓNS PARA LER,ESCOITAR E AGASALLAR.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n11_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)

5 dic 2013

O APALPADOR


O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é un personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano,decíndolles "Así,así esteas todo o ano", achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
     O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais da Galiza e caracterízase fisicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
      Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación das nosas tradicións e dun consumo solidario e responsable.
 
        O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.
Máis información na páxina web do Apalpador
http://www.apalpador.com/
Pasade pola biblioteca e poderedes ler os libros que temos do Apalpador
Máis recursos sobre o Apalpador
Biblioteca Víctor Sáenz
https://sites.google.com/site/recursosapalpador/
 
Galipedia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Apalpador
Vieiros da escola
http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=8
Galicia Encantada
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1171

Páxina de Coordinadora galega 
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php?pax=pax5.php
 
Biblioteca Outeiro de Matilda
 
 
https://sites.google.com/site/traballamosoapalpador/
 

Unidade didáctica.
Fundaçom Artabria
https://www.dropbox.com/s/pt9izrwsweyzark/O%20APALPADOR.pdf
CRA "RAIÑA ARAGONTA"
 

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2010/12/lim-do-conto-apalpador.html
COORDINADORA DO ENDL DO BARBANZA

http://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/apalpador.html
 
CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
 
http://engalego.es/almacen2010/lim11/c17/o_apalpador11/lim.swf?libro=o_apalpador.lim
 CEIP "OUTEIRO DAS PENAS"

http://chiscos.net/almacen/lim/o_apalpador1/o_apalpador.html
 

4 dic 2013

RECURSOS PARA O NADAL

Estamos no Nadal e nas seguintes ligazóns atoparedes recursos para traballar o tema  nas aulas
(Preme nas imaxes)


http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php

 

 
Coordinadora galega
 de Equipos
de Normalización Lingüística
  
http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/tradicions.php
 
Galicia Digital
   
https://sites.google.com/site/nadalrecursos/
  
Biblioteca
 "O recanto de Mik"
 
http://www.webdenorberto.com/recursos/nadal/enlaces.htm
 
Web de Norberto

 http://bibliotics.blogspot.com.es/search/label/navidad

Bibliotics
  L I M
 
 
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/NADAL/nadal.html
 

  

 
"Celebramos
 o Nadal"
Ana Martínez Rey
 
http://chiscos.net/almacen/lim/nadal/nadal.html


 
"Bo Nadal"
Belén Junquera

SYMBALOO DE PATRICIA PENA
 (Falando enténdese a xente)
http://www.symbaloo.com/mix/homewebmix1840

30 nov 2013

30 ANOS DE HISTORIA

O DOMINGO DÍA 1 DE DECEMBRO ÁS 18:00 HORAS NO PAVILLÓN CENTRAL DE "AS TRAVESAS" TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN OFICIAL "30 ANOS DE HISTORIA" DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA
"SEIS DO NADAL"-COIA

29 nov 2013

FEIRA DO OUTONO

Este ano  celebramos unha Feira do Outono cunha gran variedade de productos e actividades feitas polo alumnado.
Cada curso tivo o seu posto para "vender"os seus productos (traballos).
O alumnado de Educación Especial elaborou unha cesta espectacular,con uvas,cogumelos,cabazas,follas, landras, etc.. en papel de cores.
Os máis pequenos de Infantil, aportaron castañas, ourizos, landras, avelás, piñas, mazorcas de millo,noces,....Elaboraron debuxos coas mans simulando árbores marróns,figuras con follas,bonecas con cabezas de castañas.Ademais elaboraron galletas que parecen follas coas cores do outono e marmelada de mazá en dous obradoiros de cociña.Estaba boísima!!!
Os de Primeiro, co título Outonadas,puxeron un posto interactivo, no que se podía xogar ao tres en raia con noces, avelás e castañas ou facer composicións con follas de gingko.Tamén fixeron poemas sobre o outono con grande imaxinación.As follas de gingko servíronlles para facer de corpo a bonecas que bailaban a ópera do lago dos cisnes e quebranoces.Os debuxos das árbores e deles xogando cos xogos populares eran dunha grande creatividade.
O alumnado de Segundo decantouse por facer imáns de mazás,cabazas e cogumelos.Tamén fixeron cabazas de todos os tamaños con tiras de cartolinas laranxas.
A contribución dos de Terceiro consistiu en facer composicións plásticas ao que lle chamaron Cores de outono,con distintos materiais.Escribiron contos e poemas.
O obradoiro de froitas e receitas de cociña foi responsabilidade dos de Cuarto.Os animais ou obxectos feitos coas froitas : plátano-can, pitiño-limón, raposo-pera, bicicletas-laranxas,..e tamén trouxeron froitas, polas e follas para o seu recoñecemento e vocabulario.Pintaron bodegóns con distintas técnicas plásticas.

A arte impresionista foi empregada polo alumnado de Quinto,estando moi logrados os seus cadros coas diversas tonalidades outonais.Investigaron os distintos tipos de follas facendo cadernos,escribiron e decoraron poemas outonais  e tamén estudaron o castiñeiro.Aprenderon un montón!!!
Os de Sexto centráronse na vendima,e ata trouxeron cepas, máquina sulfatadora, canistrelos, capazos e sacos de uvas.
Presentación en imaxes

27 nov 2013

OBRADOIRO CIENCIAS


A través do Servizo de Normalización Lingüística  do Concello de Vigo e de FAIA(Educación ambiental),o alumnado de participou nun obradoiro "Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas".
 
Falamos de prantas aromáticas, os seus arrecendos, usos tradicionais, variantes, tradición oral,...e o proceso de destilación que da como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial de planta.

26 nov 2013

CULTURGAL 2013


CULTURGAL
 A Feira das Industrias Culturais
chega a súa sexta edición.
É un espazo de encontro e difusión do sector cultural galego: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías.
No Pazo da Cultura en Pontevedra os días 29,30 de novembro e o 1 de decembro,achégate e poderás disfrutar de circo,contacontos,teatro,música,libros,
obradoiros,exposicións.
Este é o PROGRAMA

25 nov 2013

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar esta data, celebramos un acto colectivo co seguinte programa:

-Lectura do Manifesto contra a violencia de xénero elaborado polo alumnado de
-Durante o acto escoitamos 
"Y tú....¿de qué vas?" (yo voy de morado)
-Entrega dos lazos ao alumnado e profesorado

-Como remate do acto colocamos a pancarta no exterior do cole.
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe,25 de Novembro celebramoso Día Internacional contra a Violencia de Xénero e nós,os rapaces e rapazas de 6º ,facemos a seguinte reflexión:
-Que é para nós a violencia de xénero?
Pensamos que é  o maltrato físico e psicolóxico dirixido á muller.
Pensamos que suceden estas conductas por un sentimeno discriminatorio nunha parella do home cara á Muller.
-Que podemos facer nós rapazas e rapaces da Primaria para loitar contra estas conductas?
-Rexeitar as ameazas.
-Non consentir os insultos.
-Nunca tolerar  a discriminación.
-Aceptar as compañeiras e compañeiros,sexa como sexa o seu aspecto e maneira de ser.
-Que actitudes debe haber entre un home e unha muller?
Igualdade,respecto,diálogo,confianza,comprensión,tolerancia,amabilidade,
solidariedade,cordialidade.
Pois,as mesmas actitudes que debe haber entre todos os seres humanos.
Temos que medrar sabendo que os homes e as mulleres debemos ter as mesmas oportunidades,as mesmas necesidades.
Comprender que cada persoa ten o seu espazo vital,que hai que respetalo,sen invadilo para vivir en armonía.
-Que obxectivos queremos acadar?
-Desenvolver unha actitude de tolerancia e respecto cara as outras persoas.
-Entender que é preciso solucionar os conflictos antes de que sexa tarde.
-Desenvolver unha actitude de rechazo fronte ás ameazas.
-Aprender a valorar os aspectos positivos dos compañeiros/as.
-Entender que todos somos iguais e que precisamos afecto para vivir.
Se dende pequenos e pequenas desenvolvemos estas actitudes e acadamos estes obxectivos,nós que somos o futuro,viviremos nun mundo mellor.Nun mundo de IGUALDADE.