28 oct 2012

24 DE OUTUBRO,"DÍA DA BIBLIOTECA"


           Aínda que a nosa Biblio xa abriu as súas portas o 1 de Outubro,
o 24 "Día das Bibliotecas",
fixemos un acto para conmemorar esta data.

     ACTIVIDADES
-Lectura do "Pregón da Biblioteca".
-Reflexión colectiva por aulas
"¿Que é unha biblioteca?"
Escribimos  nunha "pinga" para colgar dunha nube chea de libros.
 
 
 
-Vimos o video:" Me gusta leer"
 
     E  para rematar entrega dun Agasallo (marcapáxinas e caramelos  para o alumnado).
 
          En Educación Infantil fixemos  tamén entrega dos carnets aos nov@s usuari@s e as "Bolsas Viaxeiras" para iniciar o préstamo da fin de semana.

    Foi unha xornada moi especial!!!!!!
 


25 oct 2012

23 oct 2012

SAMAÍN: "RECURSOS LIM"

O XOGO DE SAMAÍN

 
                             LIM
 
LIM COLABORATIVO O SAMAÍN/O OUTONO
 

 
"CHEGOU O SAMAÍN"-ANA MARTÍNEZ REY
 
 
"SAMAIN"-EEI TARRÍO-SAMIEIRA
 
 
"MARCELINA E A NOITE DO SAMAÍN"- EEI O GRUPO
 
 
"SAMAÍN"-EEI MONTE DA GUÍA
 

 LIM DO CONTO "CORRE CORRE, CABACIÑA"
NAIARA CASTILLO

 

22 oct 2012

SAMAÍN:ORIXE E RECURSOS

          Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
     Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
    O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.

   Se queres saber máis cousas sobre o Samaín,
visita as seguintes páxinas:
Wikipedia
 
Vieiros da escola
Cabazas do Samaín
 
 Páxinas con moitos Recursos:
*Biblioteca Outeiro de Matilda
 
Web de Norberto

 
*Biblioteca Víctor Sáenz
 

20 oct 2012

LECTURAS SAMAÍN 2012

 Na biblioteca xa temos montada
a exposición
"Lecturas terroríficas"  
Unha selección de lecturas para
tremer de medooooo!!!!!!!!!
 
Bruxas,vampiros,momias,cabazas, monstros...............
son @s protagonistas destas 
 Lecturas para o Samaín .
Infantil e 1º Ciclo Primaria
*O Samaín
*A miña amiga a escuridade
*A bruxa regañadentes
*A casa do rato Renato
*Corre corre,cabaciña

*Onde viven os monstros
*Os bolechas van á festa dos calacús
2º e 3º Ciclo Primaria
*Fiz,o coleccionista de medos
*O gran libro dos medos de Rato Pequeno
*A noite de Samaín
*O baúl dos monstros
*A figueira de Pelostortos

19 oct 2012

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA VIAXE

        Un curso máis  as  Mochilas Viaxeiras   inician a súa andaina esperando o seu disfrute por parte das Familias.


        Son 22 mochilas  que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca alá polo mes de xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares.

       Como Familia  é importante :
  • Puntualidade  á hora de entregar a mochila.
  • Comprobar que o seu contido  está completo e coidado despois do seu uso.
  • Desfrutar  xuntos do material que se vos empresta.
O Contido  das  Mochilas  é diverso :

*Contos, cómics, libros de coñecemento, xogos,......

*Carta explicativa  ás Familias do funcionamento e listado do material.

*Caderno Viaxeiro :

        No que as Familias escribirán as suxerencias, traballos, debuxos, fotos,etc... sobre o tema do curso A Auga.
 
 
Con todos estos cadernos faremos unha exposición ao final de curso.
Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que vos gusten!!
Escomenza a viaxe!!!!!!     Boas lecturas!!!!!!!!!!!

18 oct 2012

I CONCURSO DE RELATOS TERRORÍFICOS

A Biblioteca convoca o
" I Concurso de Relatos Terroríficos".
Do 15 ao 26 de Outubro. 
 
  Pasade pola biblioteca para coñecer as Bases do Concurso e animádevos a participar.
Pasarémolo de medooooo!!!!!!!!!!!!!!!!

15 oct 2012

O BARDO ABELARDO

 Hoxe tivemos unha visita moi especial:
"O  Bardo  Abelardo"
 
      As nenas e nenos de Educación Infantil de 3 e 4 anos disfrutaron, cantaron  e aprenderon moitas cantigas.

      Esta actividade está enmarcada dentro do programa que desenrola a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.


Pasámolo moi ben!!!!!!!!!!!!!!!!!!

10 oct 2012

AXUDANTES DE BIBLIOTECA


     A biblioteca xa escomenzou a súa andaina e aquí presentamos aos  "Axudantes de Biblioteca " deste primeiro trimestre.

     O alumnado de 6º, comprometeuse  a  cumprir as súas funcións asinando un contrato .

 GRAZAS  !!!!!!!!

8 oct 2012

REVISTA "OLLOS DE AULA"

     "OLLOS DE AULA" é a Revista da Coordinadora  Galega  dos   Equipos  de  Normalización e  Dinamización  Lingüística , destinada ás familias do alumnado.
 
      obxectivo da publicación é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais.
 

(PREME NA IMAXE PARA VER A REVISTA) 

2 oct 2012

OUTONO:RECURSOS

Outono
ten sono,
non pode durmir.

Ponlle unha mantiña
            que se queda axiña    

                           sereno e feliz.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


NAS SEGUINTES LIGAZÓNS ATOPAREDES RECURSOS PARA TRABALLAR ESTA ESTACIÓN CO ALUMNADO.

  • RECURSOS DA BIBLIOTECA "OUTEIRO DE MATILDA"

  • LIM
  • XOGOS
 
 
 
  • VIDEOS
CANCIÓN DO OUTONO CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC




     

1 oct 2012

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR


        Con este lema, "Biblioteca escolar, acelerador de innovación", preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do Mes da Biblioteca Escolar (Outubro) e do Día da Biblioteca (24 de Outubro).
Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da Biblioteca Escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011).