30 ene 2019

DÍA DA PAZ 2019

Ao longo destas semanas estivemos traballando o tema :
-Realizamos investigacións na biblioteca sobre persoas que loitaron  pola Paz non mundo ( Gandhi, Nelson Mandela, Malala,....)
-Tamén fixemos taboeiros para traballar cos escornabots a partir de investigacións e un xogo con pictogramas.
-Selección de Lecturas.

-Palabras Máxicas para a Paz.

Cada nivel elexiu unha palabra máxica para a Paz empregando diversos materiais e técnicas, seguindo o proxecto anual que estamos a desenvolver, e que foron expostas no vestíbulo do centro amosando a súa creatividade e imaxinación:  aperta, amizade, agarimo, supercalifragilístico, alegría, compartir, harmonia, serendipia e esperanza.
-Mural "Abracadabra que a Paz se faga" con pombas nas que escribiron diferentes palabras para conseguir a paz no mundo.
-Na hora do recreo, os integrantes do Club de Lectura prepararon o Programa de Radio sobre o Día da Paz na que nos falaron da maxia da esperanza, dos soños, do diálogo,....

E hoxe, 30 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz celebramos un acto colectivo co lema: "Coas palabras máxicas faremos a PAZ".
Todos e todas vestidos de branco subimos ao pavillón e alí, sentados en forma de u, coas letras que forman as palabras que cada curso elexiu , metémolas no sombreiro máxico e fixemos o noso "Feitizo da Paz".
Despois danzamos  ao son da canción "Baile da Paz" que, ademais de cantar, acompañamos dunha coreografía que aprendemos na clase de música. Para ver o vídeo preme na seguinte ligazón

20 ene 2019

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

O Día da Paz imos cantar o poema " Baile da Paz" de Carmen Gil musicado por Mamá Cabra do Libro-Cd "A bruxa Discordia".
Premendo na seguinte imaxe accederedes á musica e á letra en pictogramas para ir practicando.

19 ene 2019

LECTURAS PARA A PAZ

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco en 1993.
Lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Estas son algunhas das lecturas seleccionadas que nos falan de convivencia, solidariedade, compartir, respetar,.... que están en exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro.


POR QUE?Ed. Kalandraka
Fronte á barbarie da guerra, un libro visual que alenta os lectores a seren promotores do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

IMAGINE. Ed. Flamboyant
É un álbum infantil sobre os valores da paz e a tolerancia. Coa letra da inmortal canción de John Lennon e prólogo de Yoko Ono en colaboración con Amnistía Internacional.

A BRUXA DISCORDIA.Ed.Galaxia.
Libro-Cd.Cancións para a Paz
Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola...  Con todo un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre...

O LAPIS MÁXICO DE MALALA.Ed.Xerais
Malala, como o personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para durmir unha hora máis pola mañá... Pero nun momento dado caeu na conta de que había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía traballar arreo para facer realidade os seus desexos.Este volume, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.
O PRINCIPIO. Ed. Kalandraka
Malia os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as bombas, é unha mensaxe de esperanza.

14 ene 2019

CALENDARIO 2019 DO LIBRO E DA LECTURA

Calendario do Libro e da Lectura 2019, coas datas, efemérides e conmemoracións máis salientables en torno aos libros e a lectura. 

13 ene 2019

ACTIVIDADES EN NADAL

En Decembro desenvolvemos varias actividades:

-Visita do Apalpador
O venres 21 de decembro cando chegamos as nosas clases atopámonos cunha sorpresa, en cada das nosas mesas había unha castaña. Quen a deixara alí? A resposta as nosas preguntas non tardou en chegar. Ao longo da mañá recibimos a visita do Apalpador.
En Educación infantil contáronlle o que estivemos aprendendo sobre este personaxe que nos visita cada ano por estas datas.
Poesías, debuxos, libriños, .... foron alguns das actividades traballadas para achegarnos a este figura do noso nadal.
-Contos en Familia
Jimena, nai de Nicolás e Leandro, de infantil de catro anos contounos un conto de nadal : " O Apalpador". Grazas!!!
-En Nadal adopta un libro
Un curso máis, na última semana de decembro, montamos esta campaña co obxecto de darlle unha segunda oportunidade a eses libros que, por diversos motivos (antigüidade, falta de espazo, fondos actualizados,...), temos que retirar da nosa biblioteca.

 
Aqueles nenos e nenas que lles interesou, achegáronse ao vestíbulo do cole, onde estaban expostos os libros, organizados por idades, para que poideran adoptalos e colleron o que máis lles gustou para levalo para casa.