30 abr 2017

LER...UNHA EMOCIÓN COMPARTIDA

Nun fermoso día de sol celebramos os 
Apadriñamentos Lectores.

O luns 24 de abril, padriños e madriñas (3º, 4º, 5º, 6º) foron buscar ás aulas aos seus afillados e afilladas (infantil, 1º,2º) e logo todos xuntos fomos saíndo ao patio de terra.

Unha música moi suave acompañou as nosas lecturas nas que compartimos momentos cheos de emocións.
Como agasallo pola lectura compartida, os afillados e afilladas agasallaron cun marcapáxinas aos seus padriños e madriñas.


24 abr 2017

II MERCADIÑO SOLIDARIO

Para celebrar o Día do Libro (23 de Abril), a biblioteca organiza o II Mercadiño Solidario.

Os libros proceden do expurgo da biblioteca ou de donacións  co obxectivo de fomentar actitudes de responsabilidade e darlle un segundo uso a esos libros. 

O alumnado poderá levar un libro a cambio de traer alimentos non perecedeiros (fariña, azucre, pastas,...).

Todos os alimentos recaudados serán doados ao Banco de Alimentos de Vigo.

Esta actividade concíbese como un acto de solidariedade cos máis necesitados.
Nesta  semana do 24 ao 28 de Abril montaremos no vestíbulo do centro as mesas cos libros e, nos recreos, o alumnado voluntario da biblioteca encargarase de organizar o troco.

Trocaremos libros por alimentos.  Grazas pola vosa colaboración!!!

23 abr 2017

PACO NOGUEIRAS VISITA O SEIS

O venres, 21 de abril recibimos o actor, músico e narrador Paco Nogueiras que realizou dúas sesións de animación á lectura para o alumnado de educación infantil que disfrutou coas súas historias e coa súa música.
Previamente recibimos unha carta anunciando a súa visita.
Paco viu coa súa maleta cargada de historias e contos dos bosques e dos seus habitantes.

Nesta ocasión a contada centrouse en tres historias da editorial Kalandraka: Piñeiro, A árbore da escola e Míster Magnolia.
Pasámolo xenial e rematamos cantando todos xuntos 
"Cos pés na terra"Grazas Paco!!!


22 abr 2017

EN ABRIL, EMOCIÓNS MIL...COA LECTURA

Para celebrar o mes do libro e da lectura, a biblioteca ten  programadas diversas actividades.
Programación:
Encontro con escritor@s
Charo Pita, para 2º co seu libro "Oxalá estiveses aquí"
Antón Cortizas, para 3º co seu libro "Vaia tropa!"
Exposicións
Libros que falan de libros
Traballos sobre os libros de lectura obrigatoria
II Mercadiño Solidario
O alumnado poderá adoptar un libro procedente do expurgo a cambio de alimentos non perecedeiros.
Os alimentos recollidos serán doados ao Banco de Alimentos.
Semana do 24 ao 28 de Abril no vestibulo do centro e nos recreos.
Contacontos
Paco Nogueiras, para Infantil
Benxamín Míguez , para 5º e 6º
Servando Barreiro,  para 3º e 4º cunha animación para achegarnos á figura de Carlos Casares coa adaptación da obra "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas"
Liberación de libros
Liberamos varios libros ata o mes de xuño.
Levarán un distintivo na portada, cun aviso de que non é un libro perdido.
Se o atopas podes colleo, lelo e voltar a liberalo para que o atope outro compañeiro/compañeira.
Ler,...unha emoción compartida
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, apadriñará/amadriñará a un/unha de educación infantil, 1º e 2º .

O luns 24 , despois do recreo, sairemos ao patio para que o padriño/madriña lea o conto que escolleu e preparou para o seu afillado/a. 

Como agasallo pola lectura compartida, os afillados/as entregaranlles un marcapáxinas.

20 abr 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2017

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 



5 abr 2017

CHARO PITA VISITA O SEIS

O luns 3 de Abril visitounos a escritora e contacontos Charo Pita para falar co alumnado de segundo sobre o seu libro "Oxalá estiveses aquí".

O libro conta as aventuras dunha  lebre, que tras descubrir unha mensaxe nunha botella decide emprender unha viaxe para atopar a quen a escribiu.

Na sesión respondeu a todas as preguntas e ademais contounos unha adaptación da fábula da lebre e a tartaruga.

Gozamos coa súa presenza e bo facer, tamén dunha fermosa cantiga de orixe africana.

Para rematar asinou nos exemplares do alumnado e agasallamos cun pequeno presente feito coas nosas mans e as preguntas e ilustracións que tiñamos preparadas .

Grazas pola visita!!!


2 abr 2017

2 DE ABRIL,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O 2 de Abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o  IBBY ,  xunto coa Oepli e as entidades colaboradoras como Galix en Galicia promoven a celebración do Día Internacional do Libro Infantileditándose un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente diseñada para ese día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin, fala da importancia do libro como acompañante no proceso de maduración persoal ao longo da vida  e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov  pon a imaxe a este cartel que se difunda xunto  co texto nas catro linguas do estado.

O texto :"Medremos co libro!"