Un
ano máis, o IBBY xunto coa OEPLI , GÁLIX e outras seccións, conmemora o Día Internacional do Libro Infantil, 2 de
Abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen co fin de inspirar amor
polos libros e a lectura.
A
responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a
Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen
titula a súa mensaxe: “Os libros fannos acougar”.
"...Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada...."
"...Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?..."
"Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!"
Galix,
Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao
galego.
MENSAXE en galego e información sobre o autor.
CONCURSO
"Sefie LIX" (OEPLI) (Remata o prazo o 10 de abril)
DÍA
DO LIBRO INFANTIL – OEPLI
FONTE:
Bibliotecas Escolares