28 abr 2021

RAMÓN D. VEIGA NO SEIS

Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena, son os animais protagonistas do álbum ilustrado “A araña que lles tiña medo ás arañas” escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por Iván R., da Editorial Xerais. 

Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos.

O 27 de Abril, recibimos a visita de Ramón, que falou do libro co alumnado de 1ºB.

Contounos como empezou a escribir, cal foi a súa inspiración e explicounos a importancia do proceso creativo das ilustracións. Respostou ás diferentes preguntas que tiñamos preparadas.

A araña foi o elemento motivador que empregou para elaborar, entre todos e todas, un conto, que puxo peche a esta xornada.

Asinou os libros e rematou vendo o vídeo do conto que interpretamos para celebrar o Día do Libro. Grazas Ramón!!

26 abr 2021

VISITA DE SABELA GAGO

O 19 de Abril, por xentileza da Editorial SM, contamos coa presenza da actriz e contacontos Sabela Gago, que fixo unha actividade de Animación á Lectura co alumnado de 5º.

Continuamos recuperando espazos ao aire libre e, cumprindo co protocolo covid, realizou tres sesións, unha con cada grupo burbulla.

Desfrutamos dunha contada, na que o alumnado participou de maneira activa e dinámica, sendo os protagonistas dunha historia na que tres galiñas Petipuá, Poliplasta e Pulchinela, alborotaban o galiñeiro. 

Foi unha experiencia moi divertida e pasámolo xenial!!!

Grazas Sabela por compartir con nós estos momentos máxicos!!! 

25 abr 2021

CONTACONTOS "O LÍO DE PERICO"

Durante esta Semana do Libro, en Educación Infantil lemos “El lío de Perico”, escrito por Lucía Mojón e ilustrado por Nanna Garzón, da Editorial Peonza. 

Conta a historia de Perico, un crocodilo moi lambón, ao que lle gusta algo de cada estación. 

Queredes saber cal é a súa preferida???

Vaia lío ten Perico!!!

Para el todo está tan rico…

Cos seus dentes afiados

Non perde nin un bocado

Queremos agradecer a Lucía por compartir con nós este conto e tamén a Anpa por facer posible esta actividade.

24 abr 2021

XXII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Para os amantes do libro e da lectura, xa abriu as súas portas, o XXII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenvolverá do 23 de abril ao 9 de maio, no Pazo da Cultura, a Illa do Covo e parroquias da cidade con todas as medidas e protocolos.

Este ano está adicado á reflexión sobre o cambio climático, o medioambiente e o futuro do planeta.

“Emerxencia Literaria! Os libros salvan o planeta”

                 Cartaz da ilustradora Aída Alonso

Un programa onde o teatro, a música, a narración oral, a escrita, a ilustración, o cinema, a educación ambiental, as novas tecnoloxías, a maxia e a arte van da man dos libros para facernos gozar e reflexionar ao tempo.

Como autor@s homenaxead@s están a escritora Helena Villar Janeiro e o ilustrador Kiko da Silva, que por mor do peche do ano pasado non puideron recibir a homenaxe merecida.

Para a seguridade de todos e todas, será preciso sempre inscribirse para calquera actividade.

Todo o Programa aquí.

Máis información en  

                  https://www.salondolibro.gal/

23 abr 2021

ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS

O 20 de abril visitounos a escritora Érica Esmorís. O alumnado de 3ºB leu o seu libro Patio de lucesPremio de Literatura Infantil Cidade de Málaga 2020 e ilustrado por Juan Berrio, da Editorial Xerais.

Humor, emoción e aventura nesta historia onde o extraordinario habita nun edificio de cinco andares.

Adicámoslle unhas palabras de benvida e ela contounos como foi a súa inspiración para escribir o libro.

Despois propúxonos un divertido xogo de adiviñar relacionado co libro. Puidemos plantexarlle moitas preguntas sobre a súa profesión e a súa obra.

Fixémoslle entrega dun agasallo e asinou os nosos exemplares e no libro de visitas.

Grazas Érica!!! Agardamos que volvas outra vez e seguir lendo os teus libros!!!

21 abr 2021

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2021

Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.

Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."

"LER É UN AGASALLO SEN CANCELAS"

Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.

DÍPTICO COMPLETO

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

20 abr 2021

VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ

O venres 16 de Abril, o alumnado de 1º C compartiu unha sesión co escritor e ilustrador David Rodríguez para falar do seu libro “Superavoa” da Editorial Xerais.

Contounos como xurdiu a idea de escribir esta historia e que é unha homenaxe ás avoas. 

A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor.

Ensinámoslle os debuxos que fixemos das nosas avoas e falamos dos superpoderes que ten cada unha.

Respostou ás preguntas que tiñamos preparadas e despois amosounos outros traballos nos que participou como diseñador gráfico: libros-disco “A banda dos Cueiros” e “Eu ben vin virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar”.

Rematou asinando os exemplares e no libro de lembranzas. Grazas por compartir con nós estos momentos!!!

19 abr 2021

EN ABRIL,...LIBROS MIL!!!

Estamos en Abril, mes en que os libros e a lectura son os protagonistas.

Ilustración de Abi Castillo 

A biblioteca organiza diversas actividades: encontro cos escritores e escritoras dos libros dos itinerarios lectores , amadriña/apadriña un aula, adopta un libro, contacontos en familia...

Agardamos que disfrutedes con elas!!!

-AMADRIÑA/APADRIÑA UN AULA(VIRTUAL)

Achégase  o 23 de Abril, Día Mundial  do Libro, e por esa data, todos os anos, celebramos os tradicionais Amadriñamentos e Apadriñamentos lectores. Este curso pola situación na que nos atopamos  realizaremos unha actividade virtual: Amadriña/Apadriña un aula.

Cada aula de 3º, 4º, 5º e 6º, amadriñará/apadriñará a unha de Educación Infantil, 1º e 2º.

Tanto as clases de Madriñas/Padriños como as dos Afillados/Afilladas prepararán contos virtuais para compartir o venres 23, Día do Libro.


-BOOKFACE

Consiste en fundirse, integrar ou encaixar unha parte do corpo ( cara, mans,...) na portada dun libro de maneira que se unan para crear unha nova imaxe.

Fai a túa foto e compártea con nós no seguinte enderezo: bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Data límite para enviar, o 30 de abril.

Con todas faremos unha montaxe. Anímadevos e participade!!!

-ADOPTA UN LIBRO

Co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade a eses libros que por diversos motivos (expurgo, falta de espazo, deterioro, obsoletos,..) retiramos da biblioteca, o alumnado poderá adoptar un libro e levalo para a súa casa.

-ENCONTRO CON ESCRITORAS/ESCRITORES E CONTACONTOS

Contaremos coa presenza de varias escritoras/escritores e contacontos que se realizarán no exterior do centro (patios, zonas verdes,….) cumprindo o protocolo covid.

-AS FAMILIAS CONTAN(VIRTUAL)

Convidamos ás Familias a contar contos (ler, dramatizar,….) dende as súas casas.

Os vídeos serán proxectados na aula dos seus fillos e fillas.

13 abr 2021

ENCONTROS PLAMBE 2020-2021

Os vindeiros 15 e 16 de abril celébranse, con formato telemático, os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares correspondentes ao curso 2020/2021, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, a Axenda 2030.

Ademais, presentaranse un total de 11 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, Hora de ler, clubs de lectura, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar e outros). 

Neste ano de "Xeografías lectoras", viaxaremos polas posibilidades que ofrece a  biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das actividades que programa e os recursos que pon a disposición da comunidade educativa. Unha ocasión para encontrarnos coa lectura en toda a súa potencialidade.

PROGRAMA

FONTE: Bibliotecas Escolares

11 abr 2021

RETO ABRIL

Ao longo de todos estos meses fixemos propostas para investigar e aprender sobre o baile (tipos de baile, papiroflexia, descifrar mensaxes, o baile na arte,….) e agora chegamos ao seu remate cun último reto: fai un vídeo bailando.

Así que prepara o móbil e retrata o teu baile!!!

Envíallo a túa titora ou titor.

Agardamos as vosas respostas!!!

Reto Abril de Biblioteca Seis do Nadal