30 oct 2014

SAMAÍN NO SEIS

Neste escaparate do SAMAÍN de cómic non podían faltar .....Mortadelo, Filemón, Obelix, Mafalda, os Pitufos, Spiderman,.....
Como xa ven sendo tradicional no centro,coas cabazas,que o alumnado trouxo decoradas da casa,na entrada do cole,montamos unha gran Exposición chea de imaxinación e colorido.
Unha vez máis Grazas Familias pola vosa colaboración!!!!!
 PRESENTACIÓN EN IMAXES

27 oct 2014

LECTURAS PARA SAMAÍN

Comenzamos a Semana de Medo.
Con exposición de libros e lecturas terroríficas para todas as idades e gustos.
Bruxas, monstruos, vampiros, momias, esqueletos,...
están expostos na biblio. Botádelle un ollo!!!!!
Tamén teremos na Hora do Recreo contos que nos farán tremer de medooooo!!!!
Pasarémolo de medo ........lendo!!!!!
E para rematar a semana papiroflexia,aprenderemos a facer unha pantasma e unha cabaza.
Agardámosvos na biblio!!!!!!

26 oct 2014

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Xa temos ambientada a biblioteca  e preparadas actividades para facer durante esta semana.
 
Escomenzamos con recursos para traballar  o SAMAÍN.

Páxina da Biblioteca Víctor Sáenz(lim,videos,cancións,unidades didácticas,xogos,...)
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/
Historia e orixe
  
LIM
http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html
O Xogo de samaín
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
Canción:"No Samaín"
 De Paco Nogueiras no libro-cd "Brinca Vai"
 

Máis recursos na seguinte ligazón
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/10/recursos-para-o-samain.html
Preme na imaxe

25 oct 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

           O venres, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas ,  saíron do cole  as  Mochilas Viaxeiras , iniciando así a súa viaxe e agardando o seu disfrute por parte das Familias. 
         Son 21 mochilas  que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca alá polo mes de xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares (de xoves a xoves). 
         As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado, as familias e a biblioteca e proporcionan a oportunidade de facer lecturas compartidas e conversas sobre os libros.
         O contido que inclúen as mochilas está centrado na banda deseñada(cómics) pero tamén hai libros de cociña e xogos matemáticos.
         Revisade a Carta ás familias  no que se explica o seu funcionamento e un listado do material.
          O Caderno viaxeiro, espazo en branco para que enchades con debuxos, suxerencias, aportacións e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos entregamos.
En xuño montaremos  unha exposición cos Cadernos Viaxeiros.
Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que vos gusten!!
Boas lecturas !!!!!!!!!!!!   Escomenza a viaxe!!!

23 oct 2014

SAMAÍN


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.

      Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
      Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
      De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
        Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 27.Mentras as fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar outros.
    ¡Hai doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
    Recollerán as cabazas o xoves  día 30 para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
 Samaín  2014

22 oct 2014

24 DE OUTUBRO,DÍA DA BIBLIOTECA

Para o venres,24 de Outubro ,Día da Biblioteca,propoñemos varias actividades :
 
-Lectura do pregón (escrito por Antonio Rodríguez Almodóvar recordando a Ana María Matute) polo Día da Biblioteca.
(Cartel de Carmen Solé)
Preme na seguinte ligazón para ler o texto
-Visionar  o vídeo: Libros e lectura.
Ao longo da mañá entregaremos:
-Guía da biblioteca.
-Mochilas viaxeiras a todos os cursos.
-Carnets e as bolsas viaxeiras  ao alumnado de tres anos.
E para rematar Marcapáxinas e caramelos.

21 oct 2014

BEA CAMPOS,CONTOS CON PEGADA

Un curso máis participamos na Campaña Impórtanos,e hoxe os nenos e nenas de cinco anos disfrutaron  dunha sesión de contacontos da man de Bea Campos que viu acompañada de David e o seu acordeón.
       Contounos  catro contos" Os de arriba e os de abaixo", "Os ovos misteriosos", "O libro dos porcos" e  "Aínda nada?"
Tamén cantamos"Todos somos diferentes".
Todas elas son  historias que deixan pegada en cada un de nós e fomentan valores como a  colaboración e cooperación , o traballo en equipo, a igualdade , o coidado  polo medio ambente e o respecto polo diferente .
Grazas Bea!!! Pasámolo xenial!!!!
Máis información sobre esta Campaña na páxina

20 oct 2014

A BIBLIOTECA NOS RECREOS

A biblioteca abre nos recreos dende o 1 de Outubro.
         A participación do alumnado é relevante dende o primeiro momento.
A ocupación é total, préstamos, lectura, búsqueda en internet, xogos educativos,.......
        Para integrar ao alumnado na xestión e dinamización da biblioteca  formamos Equipos de Axudantes de 5º e 6º de primaria, que realizan diversas funcións na Hora do Recreo (ordenar os materiais nos andeis, selar, manter a orde, axudar aos máis pequenos, como contacontos,......) e comprométense por un trimestre firmando o seu contrato.
      Este curso están de estrea,xa que mercamos chalecos identificativos que sustitúen aos colgantes que tiñan anteriormente.

19 oct 2014

LIBROS QUE VAN E VEÑEN EN INFANTIL

           A principios de outubro escomenzamos o préstamo e iniciaron a súa andaina as Bolsas Viaxeiras destinadas a Educación Infantil e que serven para gardar o libro que collen en préstamo na biblioteca para levar o venres a casa (Libros que van e veñen).
          Van acompañadas dunha carta ás familias na que se explican as normas de funcionamento da Biblioteca de Infantil.
           Libros que van e veñen  é unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura e para implicar ás familias na formación de lectores.
          Enlace ao  tríptico informativo con orientacións  destinado  ás  familias.
          En 6º de educación infantil funciona o Pasaporte Bibliotecario.Unha libreta na que o alumnado ten que escribir, ao longo do curso e,con cada libro que leva en préstamo:o título do libro, si ou non lle gustou e facer un debuxo.
        Os nenos e nenas amosan a súa creatividade e imaxinación nestas páxinas.Ao final de curso é un agasallo que levan como recordo de todos os libros lidos dende a biblioteca.

15 oct 2014

VENRES NAS LIBRARÍAS

Venres nas librarías é un novo programa de dinamización do libro galego, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, xunto coa Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores.
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/09/23/dossier_venres_librarias.pdf
(Preme na imaxe para acceder ao Programa) 
Trátase dunha proposta de actividades programadas para o outono coas que promover o encontro dos lectores e lectoras cos novos títulos do mercado editorial galego e os seus autores e autoras no espazo das librarías os venres de outubro e novembro.

8 oct 2014

OLLOS DE AULA Nº16 (OUTUBRO)

A revista "OLLOS DE AULA" 
 volve co novo curso:
Como crear hábitos de traballo nos nosos fillos/as, consecuencias inmediatas da LOMCE, que é a aprendizaxe por proxectos, recomendacións para ler, xogar e bailar.

(PREME NA IMAXE)

1 oct 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR.......MATEMÁTICO!!!!

Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas Bibliotecas Escolares Galegas.
lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña .