22 may 2013

CONTACONTOS

O martes 21 de Maio o alumnado de Educación Infantil  disfrutou dunha sesión moi divertida na que o contacontos
 
IAGO   LÓPEZ 
 
contounos  a historia dunha vaca 
 
 " LINDA Á ESPREITA"
 
 
 
 
Pasámolo moi ben!!!!!

 
Linda a espreita. Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo. No entanto, haberá alguén ao seu carón que o axudará.
 Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha granxeira que só quere recibir, por fin,un paquete san.

13 may 2013

VISITA DE MAR GUERRA


O 10 de Maio o alumnado de 6º, despois de ler o libro
 "SEÑOR  MECO"
puido disfrutar dun encontro coa escritora e periodista
M A R     G U E R R A
 Entablou unha conversa co alumnado,respondendo as súas preguntas pero tamén preguntándolle  sobre a historia e os personaxes para  coñecer a súa opinión e valoración.
Para rematar fixémoslle entrega dun agasallo,firmou no caderno das lembranzas e  nos libros.Grazas!!!!
SEÑOR  MECO
Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ca el, é o aplicado, sempre mergullado nos seus libros. Manu non entende como o seu irmán prefire arrodearse dun feixe de follas impresas no canto de andar de troula. Manu e Xan son xemelgos, pero non hai no mundo dous irmáns máis diferentes. Mais cando coñezan a Mkono Mzuri, o señor don Meco, un emigrante africano que traballa na praza do barrio, todo mudará nas súas vidas.

11 may 2013

6 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013: "ROBERTO VIDAL BOLAÑO"

O  17 de MAIO,DÍA DAS LETRAS GALEGAS, está adicado ao autor,director,actor e escenógrafo

ROBERTO  VIDAL  BOLAÑO
 Para coñecer e traballar  a súa vida e obra
nas seguintes ligazóns:
COORDINADORA GALEGA  DOS EQUIPOS
 DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

REAL ACADEMIA GALEGA
 
SECRETARÍA XERAL
 DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
SEMINARIO  GALÁN
INFANTIL
BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
 BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
BIBLIOTECA CEIP de  MALLÓN
(Lim para infantil e primaria)
http://bibliodemallon.blogspot.com.es/search/label/LETRAS%20GALEGAS

LIM

CEIP GARCÍA BARBÓN

CEIP PLURILÍNGÜE A PEDRA

 CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN

  CEIP PLURILÍNGÜE SAN XOÁN DE FILGUEIRA
       

XOGO
CEIP FRIÁN-TEIS
CAZA DO TESOURO
CEIP CONDESA DE FENOSA
TELEXORNAL
CPI DOS DICES ROIS

5 may 2013

O MAIO DO SEIS

O luns 29  fixemos o noso Maio 
O   MAIO  DO  SEIS
As familias aportaron os distintos materiais(carqueixas,fentos,calas,pampillos,xestas,cáscaras de laranxa,flores,fiuncho,....)
e despois de facer o maio,ao día seguinte e por grupos, fomos lendo as distintas COPLAS que tiñamos preparadas. 

1 may 2013

"XOELIKI" E ABRAHAM CARREIRO


O 25 de Abril contamos coa presencia do ilustrador e escritor ABRAHAM CARREIRO
 O alumnado de 5º e 6º leu o seu libro
"Xoeliki,as aventuras dun ciberpirata"
Abraham contounos a historia e debuxou aos seus protagonistas  respondendo  ás preguntas que lle fixemos.
E para rematar firmou no caderno de lembranzas e nos libros. Grazas!!!
"XOELIKI,AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA"
Este libro narra as aventuras de Xoeliki,un neno de once anos ao que lle gusta xogar a video-xogos online e todo o que teña que ver coa informática.Así transcorre a súa tranquila vida,ata que un día todo cambia.Xoeliki terá que comportarse coma un superheroe para salvar a internet e o mundo das garras de Mr. Virus.
Se queres saber máis de ABRAHAM CARREIRO
E de XOELIKI