30 nov 2014

O PAÍS DOS MANDÓNS

O PAÍS DOS MANDÓNS foi a lectura seleccionada por Naira e  Aissa,alumnas de 6ºe colaboradoras da biblioteca, para esta semana.
No país dos mandóns, uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, mulleres e avoas xoguen, saían, traballen fora de casa,....pero todos e todas xuntos conseguen cambiar e crear un novo:O País da Igualdade.
 
Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes temos os mesmos dereitos.

As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo.
https://www.youtube.com/watch?v=UakLSjdUeD4
Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Este libro forma parte da colección A igualdade Conta de Editorial Embora,e está dirixido a nenas e nenos de entre 3 a 8 anos.
 
Grazas por esta lectura que nos fai pensar e reflexionar a todas e todos!!!!

26 nov 2014

FINA CASALDERREY NO SEIS

Nunha data tan sinalada,como onte, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, recibimos na Sala Rosalía á escritora  Fina Casalderrey que compartiu co alumnado de 6º unha sesión para falar do seu libro "Xela volveuse vampira"
 
Escomenzou  falando da  loita  das mulleres  ao longo da historia por conquerir a igualdade ,citando entre outras  a Concepción Areal e a Rosalía  e a importancia das palabras.
En "Xela volveuse vampira!!",Fina empregou a fantasía para tratar un tema  duro,os malos tratos.
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.
O alumnado preguntoulle en que se inspirou  para facer este relato,sobre as ilustracións ,canto tempo tardara en escribir,....
Ao remate fixémoslle entrega  dun agasallo e firmou un exemplar para a biblioteca.
Esta é a dedicatoria que escribiu
 
Grazas Fina por facer que cada momento e ocasión que temos de compartir contigo sexa especial  e máxico  trasmitíndonos as túas experiencias e vivencias!!!!!

24 nov 2014

25 DE NOVEMBRO:DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o lema para conmemorar o 25 de Novembro,
Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Algunhas das actividades plantexadas para traballar o tema nas aulas:
*Educar actitudes igualitarias dende a lectura, facendo una selección de lecturas  sobre o tema,que están en exposición na biblioteca.
*Escribir palabras,frases,debuxos,símbolos,... contra a violencia de xénero en  5 cartulinas de cor morada  en forma de bocadillos de cómic, coas que formaremos o lazo  da  pancarta que colocaremos na entrada do cole e que terá a Mafalda como protagonista.

O Martes 25,  Día Internacional contra a violencia de xénero, faremos un pequeno acto na entrada do cole, 15 minutos antes do inicio do recreo co seguinte programa:

1.-Cantaremos a canción de Manu Carrasco e Malú "Que nadie"
2.- Lectura do Manifesto por parte do alumnado de 

3.-Entrega do lazo morado a todo o alumnado e profesorado.

4.-Colocamos a pancarta no patio.
Contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey, que compartirá co alumnado de 6º unha sesión para falar do seu libro "Xela volveuse vampira!!" da colección Contos da Igualdade de Baía Edicións.
Na seguinte ligazón atoparedes máis recursos
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/11/25-de-novembro-dia-internacional-contra.html
(PREME NA IMAXE)

23 nov 2014

PINTA O TEU BARRIO DE LARANXA

Co fin de xerar conciencia e promover  a acción para por fin á lacra mundial da violencia contra as mulleres e nenas, Nacións Unidas propón 16 días de activismo contra a violencia de xénero dende o 25 de novembro,Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ata o 10 de decembro Día dos Dereitos Humanos.
http://www.unwomen.org/es/what-we-do/ending-violence-against-women/take-action/16-days-of-activism 
(PREME NA IMAXE)
Este ano o lema é "Pinta o teu barrio de laranxa",a cor designada pola campaña UNETE para simbolizar un futuro máis esperanzador sen violencia,animándonos a  facer visible a nosa repulsa  colocando lazos,pintando,...e divulgando a mensaxe no noso entorno.
http://www.unwomen.org/~/media/headquarters/attachments/sections/what%20we%20do/16days_flier_spanish.pdf
Mensaxe da directora  executiva de ONU Mulleres.
http://www.unwomen.org/es/news/stories/2014/11/ed-message-for-25-november
(PREME NA IMAXE)

21 nov 2014

MÉRCORES DE CONTO....MATEMÁTICO!!!!

 Iria e Marta, alumnas de 6º,colaboradoras da biblioteca,foron as encargadas de iniciar este curso  os Mércores de conto......matemático!!!!!!  co álbum
O alumnado de educación infantil estivo moi atento e  ao remate contamos cantos personaxes  e en que orden aparecían,......Encantounos o conto e pasámolo moi ben.Grazas!!!!

A protagonista da historia é a mosca Chosca que  cansa de dar voltas polo mundo  decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración.

 Prepara un delicioso pastel de amoras  e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar:o escaravello revello,o morcego chairego,o sapo castrapo,a moucha repoucha, a raposa chistosa, o lobicán pillabán ,o oso goloso.Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ...
É unha adaptación de Eva Mejuto a partir dun conto popular ruso e ilustrado por Sergio Mora.
Conto acumulativo que nos permite traballar  os cardinais e ordinais, os tamaños, cálculo mental, rimas, repeticións,............

19 nov 2014

20 DE NOVEMBRO:DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

O 20 de Novembro celebramos o Día Universal dos Nenos e Nenas, coñecer os seus dereitos, concienciar e traballar día a día polo seu benestar e desenrolo.
 
Recursos e lecturas na seguinte ligazón
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/11/20-de-novembrodereitos-da-infancia.html
(Preme na imaxe)
 
Os dereitos dos nenos e nenas  por Mafalda

17 nov 2014

EXPOSICIÓNS BANDA DESEÑADA

Na entrada do cole montamos tres  exposicións  cos  fondos  de 
Banda  Deseñada,
 o proxecto que traballamos  este curso. 
 
NOVIDADES
 MAFALDA,
coincidindo co seu 50 aniversario
 CÓMICS CLÁSICOS
 Presentación en imaxes

13 nov 2014

ASÍ FOI O NOSO MAGOSTO

O venres 7 celebramos o MAGOSTO
Durante a semana estivemos traballando o tema nas aulas e 
 preparamos os cestiños para as castañas  e os cucuruchos.
 
Os nenos e nenas trouxeron de casa colares de follas,diademas, sombreiros, castañas e leña.
Cada curso tiña o seu bidón e as mestras asaron as castañas.
 Ao ritmo de varias cancións todo o cole saltou á comba.
E como remate o baile cos globos.Buscamos unha parella e co globo colocado entre os dous bailamos e tentamos explotalo.
Despois de xogar,comemos as castañas e tiznamos a cara!!!
Que ben que o pasamos!!!!

10 nov 2014

NOVEMBRO,MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 

5 nov 2014

OLLOS DE AULA Nº 17 (NOVEMBRO)

  O Nº 17 de "OLLOS DE AULA" ,
 a revista que edita a CGENDL para as Familias,aborda este mes:
Consecuencias que ten para o Galego o Decreto do Plurilingüismo, que significa  "Educar as emocións" , a importancia da "Hora de Ler", recomendacións para ler, escoitar e sentir.
(PREME NA IMAXE)

4 nov 2014

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades, unha maior conciencia social da importancia da ciencia e a redución da fenda existente entre a ciencia e a sociedade.



Dende hai cinco anos celébrase o Día da Ciencia en Galego.

V Día da Ciencia en Galego  persegue valorizar a ciencia galega e dinamizar a lingua galega na ciencia. Este ano, dedicado á fisica, quere lembrar a recoñecidas persoas coma Newton e dar a coñecer ao físico e matemático galego Xosé Rodríguez que interviu na medida das dimensións da Terra e detectou algúns erros nos cálculos existentes sobre esas medidas.
Na seguintes ligazóns atoparedes información sobre o tema

3 nov 2014

TEMPO DE MAGOSTOS

Preme  na  imaxe  para  acceder  aos
 Recursos   e  Lecturas   para  traballar
o  tema  nas  aulas.
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/11/recursos-e-lecturas-para-o-magosto.html

2 nov 2014

SEMANA DE MEDO NA BIBLIOTECA

Durante a última semana de outubro convertemos a biblioteca nun espazo onde tremer de medo.Encheuse de público !!!
*Adornámola
*Selección de lecturas terroríficas
*Concurso:"Debuxa o teu personaxe de cómic  terrorífico"
*Contos de medo na hora  do recreo
 As mestras Lourdes, Luisa e Puri contáronnos  tres  contos :A bruxa regañadentes,a visita dos domingos e corre corre cabaciña.Tamén tallamos  unha cabaza e houbo  agasallo de caramelos.
E como remate da semana,o xoves, bruxas, vampiros, pantasmas,......agardaban  na  biblio  para  facer  papiroflexia.
O alumnado de sexto foi o encargado de dirixir esta actividade.Organizáronse en grupos e foron explicando paso a paso como facer  unha caveira e unha cabaza en papel.Canto aprendimos e que ben o pasamos!!
Grazas a todas e todos pola vosa participación!!!
Resumen na seguinte presentación