Esta semana foron dúas as familias de 3º de Primaria as que nos acompañaron e contaron…
Gerardo, avó de Alicia, que nos
falou de personaxes das Lendas Galegas(gatipedro, trasno, tardo, Pedro
Chosco,…) e da tradición oral.
Miguel, pai de Nakire, contounos “Xela, a superheroína de aldea”, un conto sobre a natureza e as aventuras que podemos
vivir nela.
Estas dúas contadas poñen en valor
o noso patrimonio cultural e natural, a necesidade de coidalo, valoralo e
preservalo para as vindeiras xeracións.
Moitas grazas polas vosas lecturas
e por compartir con nós o voso tempo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario