28 oct 2022

LECTURAS E CONTADAS NO SAMAÍN

Ao longo desta semana organizamos varias actividades de Samaín:

Exposición de lecturas de medo

 pantasmas, bruxas, cabazas, monstros,...

Hora de Ler ás escuras

Trouxemos a nosa lanterna e, coas persianas baixadas, e ás escuras, alumeamos as nosas lecturas. Desfrutamos de moitos contos e de historias creadas por nós. Pasámolo de medoooo!!!!

Voluntariado

Contaron dous contos nos recreos do 26 e 27 de outubro. “A bruxa regañadentes” en kamishibai e “Corre, corre, cabaciña”. Fixérono xenial!!! Grazas polo voso traballo!!!

Guía de Lecturas Samaín 2022

Lecturas no Samaín de Biblioteca Seis do Nadal

27 oct 2022

1ª XUNTANZA CLUB DE LECTURA

Este curso continuamos a participar no programa "Club de Lectura”. Está formado por alumnado de 6º de Primaria que se reunen ao longo do curso nos recreos para compartir as súas experiencias lectoras.

O 26 de outubro, tivemos a primeira reunión na que nos presentamos, explicamos a organización e o seu funcionamento. 

Entregamos a carpeta coa Guía do Club e plantexamos un xogo para a presentación da nosa primeira lectura: “Xelis, o guieiro das botellas de mar”, de Rosa Aneiros.

A mensaxe, nunha botella, deu peu a comenzar unha conversa sobre cal podía ser a temática do libro: océanos, contaminación,…

Unhas galletas fixeron aínda máis doce a nosa xuntanza.

26 oct 2022

LECTURAS ÁS ESCURAS

Quen dixo medo!!!

O 27 e 28 de outubro faremos a Hora de Ler ás escuras.

Non te esquezas de traer a túa lanterna para poder alumear o teu libro.

Pasarémolo de medooo….lendooo!!!!

24 oct 2022

DÍA DA BIBLIOTECA 2022

Celebramos esta data tan especial para as Bibliotecas coa apertura da nosa.

Unha xornada cargada de emocións para grandes e pequenos pola que estábamos agardando xa que Broli, a nosa mascota, enviounos unha carta convidándonos á celebración deste día.

Despois de dous anos voltamos recuperar os recreos na biblio. E hoxe poidemos : desfrutar dos recantos nos que ler, de escoller o libro que queríamos levar en préstamo, o voluntariado realizando os seus primeiros empréstitos, de xogos na biblioLab,... E tamén inician a súa andaina as Mochilas Viaxeiras.

Nesta semana, que coincide co Samaín, teremos máis actividades.

O remate será o venres 28, que recibiremos a visita do escritor e contacontos Anxo Moure.

Entre todas e todos estamos a “Escribir” a nosa Biblioteca, espazo de encontro e de convivencia, para aprender,  descubrir, investigar, ler, xogar, experimentar, crear, inventar, comunicar,...

23 oct 2022

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administración autonómicas.

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022. 

"A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR , e  quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento, aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

22 oct 2022

APERTURA DA BIBLIOTECA

A biblioteca abrirá as súas portas o vindero luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

Broli está moi contento porque xa poderemos desfrutar de moitas aventuras, retos e investigacións.

16 oct 2022

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras"

A escritora Carmen Domingo, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2022

“Un ano máis recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visibilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

10 oct 2022

RETOS ODS:OUTUBRO

Xa están aquí os Retos da Biblioteca. Actividade de procura documental vinculada ao proxecto anual e que nos permitirán coñecer e traballar os Obxectivos ODS da Axenda 2030.

Cada mes investigaremos sobre un Obxectivo.

Comenzamos co Primeiro Reto:

Que son e como alcanzar os Obxectivos ODS?

Plasmar a información en calquera formato(mural, vídeo, texto,…)

Podedes entregala na biblioteca ou enviala ao noso correo:

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Agardamos as vosas respostas!!!

8 oct 2022

CLUB DE LECTURA

Volta o Club de Lectura do Seis!!!

Si estás en 6º de Primaria e queres participar, agardámoste o vindeiro Martes 11 de Outubro no recreo. Explicaremos a súa organización e funcionamento. Anímate a participar!!!

6 oct 2022

Plan PROXECTA+. “Aprendo programando no Seis”

Neste curso 2022/23 o alumnado de 6º EP vai participar no Plan PROXECTA+: “Aprendo programando no Seis” con fin de desenvolver o pensamento computacional a través do deseño de contidos dixitais utilizando o programa Scratch, mentres que desenvolven habilidades comunicativas, de busca e selección de información, de traballo en equipo, de análise e pensamento crítico...

As primeiras sesións estiveron destinadas ao traballo do pensamento computacional desenchufado co cal se iniciaron na programación de robots a través do xogo Cody Roby (podedes descargalo aquí) e da programación de instrucións de tarefas da vida diaria.



5 oct 2022

PROXECTO DOCUMENTAL ANUAL

 Benvidos e Benvidas a un novo curso!!!

“O Futuro que queremos” é o Proxecto Documental Anual que imos desenvolver e, que ten como fin, que o alumnado coñeza o mundo no que vive e, imaxine e actúe no presente, para poder deseñar o futuro no que desexa vivir: un futuro máis xusto, solidario, sostible, responsable... remando así na mesma dirección dos Obxectivos ODS da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable.

Para poder imaxinar ese futuro é preciso coñecer o presente, e poderán achegarse á actualidade social a través da investigación e desenvolver actitudes de reflexión e pensamento crítico, habilidades fundamentais para a cidadanía do futuro.

3 oct 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades propón ás Bibliotecas Escolares Galegas para este curso 2022/2023, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

A imaxe que interpreta este lema proposto para este curso é da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en obradoiros.

A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

-Escribir para saber, para aprender.

-Escribir para comunicar e comunicarnos.

-Escribir relatos, historias.

-Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...

-Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…

-Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…

-Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.

-Escribir para incluír e visibilizar.

-Traducir.

-Reescribir, versionar e adaptar.

-Escribir no audiovisual: guións, escaletas.

-Escribir para  estimular a creación.

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

FONTE:BIBLIOTECAS ESCOLARES