29 ene 2022

SEMANA DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemorase o Día Escolar da Non violencia e a Paz e, dende os Equipos de Biblioteca e Complementarias, propuxemos diversas actividades para esta semana e que rematarán co acto que celebraremos o luns 31 de xaneiro.

A letra e o vídeo da canción que imos cantar, ”Xa chegou o día da Paz” de Pablo Díaz  podedes velo no blog de Música. 

https://opentagramamaxico.wordpress.com/

Exposición temática:"Lecturas para a Paz"

Selección de lecturas con historias  que falan de convivencia, respeto, amizade, tolerancia, solidariedade, de valores,… que convidan ao diálogo e a reflexión.

Contacontos: o voluntariado preparou lecturas con esta temática para contar ao alumnado de 1º e 2º.

Obradoiro de Scratch: as clases de 5º e 6º participaron no obradoiro para crear o holograma dunha pomba.

Reto de xaneiro: as mensaxes secretas a descifrar eran dúas frases que pronunciaron Gandhi e Teresa de Calcuta.


Con estas actividades traballamos o Obxectivo nº16 dos ODS da Axenda 2030.

"Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e construír a todos os niveis institucións eficaces e inclusivas que rendan contas."

26 ene 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. 

Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD.

 "Pioneiro da arte contemporánea galega"

Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun complemento da escrita.

Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Paula Mayor autora do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polo "desacougo creador" do homenaxeado neste 2022.

FONTE:BIBLIOTECAS ESCOLARES

25 ene 2022

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2022

Calendario do Libro e da Lectura de Galicia 2022, coas datas, efemérides e conmemoracións máis salientables en torno aos libros e á lectura.

24 ene 2022

NOVIDADES LECTORAS XANEIRO

Estas son algunhas das novidades deste segundo trimestre que xa tedes colocadas nos andeis para levar en préstamo.

Agardamos que vos gusten!!!

14 ene 2022

RETO XANEIRO

Si unha nova etapa do Camiño queres superar algunhas mensaxes secretas terás que descifrar seguindo o código secreto que se vos da.

Autor pictogramas: Sergio Palao    Procedencia: ARASAAC

Como Xaneiro, é o mes no que conmemoramos o Día da Non Violencia e a Paz, unha vez que averigues as mensaxes terás que investigar o nome das persoas que as pronunciaron e traballaron en prol dela.

Agardamos as vosas respostas!! 

Enviar ao correo bibliotecaseisdonadal@gmail.com