Neste mes de marzo traballamos o Obxectivo ODS Nº5: Igualdade de Xénero.
A
igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos
fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible.
A
pesar de que se conseguiron moitos avances nestas últimas décadas, aínda
existen moitas dificultades, xa que as leis e as normas sociais
discriminatorias continúan sendo xeneralizadas.
Algunhas
das metas que persegue este obxectivo teñen que ver con poñer fin a todas as
formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo,
eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos
ámbitos público e privado, e asegurar a participación plena e efectiva das
mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis
decisorios na vida política, económica e pública.
Tendo
isto en conta, no reto deste mes teredes que elixir unha noticia actual (vista
na televisión ou nun xornal) que fale sobre o futuro relacionado coas mulleres
en xeral ou con algunha muller en particular. Cóntanos que noticia é, se cres
que será posible e por que.
Os traballos que fagades podedes deixalos na biblioteca ou envialos ao correo
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario