31 mar 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021

Como en anos anteriores, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, IBBY  promove a celebración do Día do Libro Infantil o 2 de abril. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

EEUU é a sección encargada de elaborar a mensaxe de Margarita Engle e a ilustración de Roger Mello: "A MÚSICA DAS PALABRAS".

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de María Canosa.

-Mensaxe e cartel en galego. 

-Día do Libro Infantil - OEPLI

-Vídeo OEPLI

FONTES: BIBLIOTECAS ESCOLARES GÁLIX

24 mar 2021

CONTOS CON ANXO MOURE

Para conmemorar o Día da Poesía, dos Bosques, da Auga e da Narración Oral, o luns 22 de Marzo, recibimos a visita do escritor e contacontos ANXO MOURE, por xentileza do Consorcio Editorial Galego.

A actividade de animación á lectura realizouse no espazo exterior do centro cumprindo co protocolo Covid.

A posta en escea, fixo espertar a curiosidade dos nenos e nenas, con contos e historias do carballo con botas, de ríos e xacias, de lobos, do monstro do lume, de árbores,…transmitíndonos mensaxes de coidado da nosa contorna, respecto polo medio ambente, necesidade da reciclaxe, amor pola natureza e esperanza no futuro.

Con Anxo, rimos, rimamos e aprendemos a abrazar ás árbores.

Da súa terra, Chantada, trouxo dous acivros que prantaremos no noso xardín.

Grazas, por estos momentos de emocións, sentimentos e poesía!!!!

Anxo é autor dos libros: 

E forman parte do proxecto  Contos Solidarios

(Preme na imaxe)

21 mar 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA E DA ÁRBORE

Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética, promover o ensino da poesía, fomentar a unión da poesía con outras artes como o teatro, a danza, a música, a pintura,... revivir tradicións orais de recitais poéticos e aumentar a visibilidade da poesía nos medios.

"Cinco motivos para ler poesía" de Fran Alonso

Este ano o Día da Letras Galegas está adicado á escritora, tradutora, editora e poetisa Xela Arias.

Recollemos uns versos do poemario “Darío a diario” adicado ao seu fillo.

Tamén celebramos o Día Internacional dos Bosques.

Cando bebemos un vaso de auga, escribimos nun caderno, tomamos medicamentos e construimos unha casa,…non sempre relacionamos estas accións cos bosques.

O lema deste ano é “Restauración forestal: un camiño á recuperación e o benestar”. A perda e a degradación dos bosques xeneran grandes cantidades de gases que provocan o quecemento do clima. Polo tanto, a restauración e a xestión sostible dos bosques axudan a afrontar esta doble crisis: o clima e a biodiversidade.

No Día da Árbore e da Poesía, o poemario Arbolidades  (XII Premio Orihuela), de Dávid Hernández Sevillano, Ed. Kalandraka, adéntranos nun bosque repleto de fragancias, cores e sons con versos de vibrante musicalidade.

20 mar 2021

DÍA DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.

A narración oral é unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións de xeito diario en Galicia. Unha enquisa entre os integrantes do colectivo NOGA (Narradores Orais de Galicia) así o deixa claro: non hai día no que nalgún lugar da xeografía non estea un/unha narrador/narradora contando historias.

Nesta edición, a escritora Fina Casalderrey é a autora do Manifesto, un texto para lembrar nestes tempos tan especiais a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua.

Quen nos cativou algunha vez cun deses contos que nos abrazou, nos sorprendeu e nos sacudiu as emocións todas multiplicando as nosas endomorfinas gozosas? Quizais foi esa mestra que deu coa fórmula máxica para que fósemos á escola felices? O pai que deitou palabras doces no noso oído para borrarnos un pesadelo? Foi acaso a avoa que manexa os rudimentos do narrador de maneira natural para nos desvelar historias do noso rico folclore, as mesmas que ela recibira noutrora da súa avoa onda o lume morno dunha lareira? Talvez foi un narrador ou unha narradora profesional, capaz de sucar os mares e derrubar fronteiras coa autoridade de quen domina os segredos da oralidade? Ben seguro que se trata de alguén que nos ama, pois, como diría o gran contador galego Xabier P. Docampo, “contar é o acto de amor máis sublime que un ser humano pode realizar”.

Hoxe, 20M de 2021, imaxino un despregue apoteótico de afectos, de historias marabillosas, vellas e novas, coñecidas e inéditas, de risa, de medo, de amor, de intriga… voando alto, cal aves migratorias, por riba de todos os tellados e de todas as pandemias do planeta —dende Suecia a Australia, dende Galicia ao resto de España, a Canadá, México…—, pousando nos teatros, nas escolas, nos hospitais, nas rúas, nas casas… o seu poder de sedución para entraren polos cinco sentidos de milleiros e milleiros de nenas e nenos, vacinándoos contra todo o feo, sementando no seu espírito as máis ricas e variadas sensacións, esas que fan soñar grande.

Neste xusto instante, nun punto minúsculo do mapa de Galicia, unha nena de ollos preguntóns chamada Sofía abre fascinada as portas ao mundo da narración oral. A piques de cumprir catro meses de vida —e despois de escoitar na voz que a aleita os primeiros contos de lobos e raposos, mouras de longos cabelos que se peitean con peites de ouro, serpes encantadas e carapuchiñas, parrulos feos… —, Sofía experimenta o pracer de ser ela quen balbuce o máis fermoso dos relatos como agasallo á súa nai. Ambas as dúas, felizmente sorprendidas, míranse aos ollos nunha danza única. A nai déixase levar polo entusiasmo da pequena contadora e comproba que o mundo enteiro cabe nas pupilas excitadas de Sofía, a nena que cos seus balbucidos emprende os primeiros voos na arte de narrar. Ese privilexio!

Contar e escoitar, crear mundos… é unha necesidade perenne do ser humano dende o comezo dos tempos e das idades.”

17 mar 2021

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa.

É unha conmemoración que aparece recollida no Calendario Escolar co fin de integrar os medios de comunicación na escola.

Os xornais serán a nosa ferramenta de traballo fomentando a súa lectura e a procura de información.

No lateral dereito do blog  co título  " KiosKo-Prensa" tedes un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.


Traballamos con prensa variada ( local, nacional, deporte,...).

E tamén co  xornal O Papagaio, ao que estamos subscritos e recibimos mensualmente en formato impreso. Ao longo das súas 16 páxinas, a cor e ilustradas, trátanse  temas de ciencia, arte, ecoloxía, natureza, mitoloxía, arquitectura, informática e moito máis,…
                               

Está escrito en galego, sen publicidade e impreso en papel reciclado. Publicado por Edicións Moito Conto. 

Durante estas semanas estará nas aulas de 3º a 6º para facer lectura na Hora de Ler.

Podedes ler varios números en formato dixital

https://www.opapagaio.gal/

A partir dos xornais que tiñamos na biblioteca elaboramos taboleiros para traballar e xogar cos escornabots.

Elaboración de noticias e xornal de aula.

En Educación Infantil, realizaron o Faro do Seis. 

Partindo da lectura dos libros:

-Greta. La lucha de una niña por salvar el planeta.

-Wangarie  y los árboles de la paz.

Coñeceron e investigaron a estas dúas mulleres.

En sexto, traballaron a igualdade na prensa, buscando noticias nas que a muller é protagonista, nº de mulleres periodistas,….

15 mar 2021

CELEBRANDO O 8M

Para conmemorar esta data, foron diversas as actividades que se realizaron:

-Queriamos render unha fermosa homenaxe ás mulleres que están preto de nós e que nos inspiran no noso día a día: nais, avoas, irmás, tías,… para elo plantexamos unha actividade colectiva na que solicitamos a colaboración das familias:

    “Unha Muller importante na miña vida é…”

O alumnado tiña que completar unha plantilla que se lle entregou: pegar unha foto, escribir o nome e un pequeno texto sobre a muller especial e importante escollida.

Con todas elas montamos, no vestíbulo do centro, un precioso mural.

-Exposición de libros sobre esta temática. “Lecturas en feminino”, con biografías de mulleres científicas, escritoras,… valentes e pioneiras, en diferentes eidos da sociedade, que abriron camiño e, libros nos que as mulleres e as nenas, son protagonistas.

-Carteis e traballos plásticos.

7 mar 2021

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: “Mulleres Líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. 

A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.

O Día Internacional da Muller deste ano é un clamor a favor da Xeración Igualdade, a fin de actuar para conseguir un futuro igualitario para todas e todos.

Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.

Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e información para traballar o tema. (Preme nas imaxes)

-APRENDE COAS MULLERES GALEGAS 

Proxecto con unidades didácticas e actividades para coñecer a mulleres galegas de diferentes eidos da sociedade, escritoras, mestras, biólogas,...

-ALBUM DE MULLERES GALEGAS

Centro de documentación dixital para divulgar e   investigar a contribución das mulleres á sociedade e cultura galega.


-PORTAL DAS PALABRAS

Sete palabras de pioneiras para o Día da Muller.

-OS BOLECHAS POLA IGUALDADE

Unidade didáctica e conto.

-VIDEOS


-LECTURAS EN FEMININO

Selección de lecturas que contribúen a educar en igualdade.

8M- LECTURAS EN FEMININO de Biblioteca Seis do Nadal

4 mar 2021

RETO MARZO

Si un novo selo queres conseguir, un mapa de España con danzas rexionais teredes que completar.

Trae unha pequena foto co nome do baile e a provincia ou comunidade onde se baile e pegala no mapa que terá cada clase.

Agardamos as vosas respostas!!!

Reto Marzo de Biblioteca Seis do Nadal

2 mar 2021

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar a semana de Rosalía, nas aulas fixemos diferentes actividades: exposición de libros, lectura e recitado dos seus poemas, investigación sobre a súa vida e obra, retratos empregando diferentes técnicas( pop art, debuxo libre,…), actividades interactivas a partir dos recursos que se propuxeron,…

Unha pequena mostra dos traballos

Recitado do poema "Vente rapasa" pola clase de 2ºB.

"As Rosalías", debuxos feitos polo alumnado de 2ºA a partir do mural de Rosalía que a ilustradora Abi Castillo pintou nunha parede do noso centro.

Recitado do alumnado de 5ºC