Durante o mes de febreiro a programación da BiblioLab centrouse en traballar os Retratos empregando diferentes técnicas e materiais. Unha pequena mostra do que fixemos.
Estudio
de fotografía de María Cardarelly: emulamos á primeira fotógrafa de estudio de
Galicia, autora duns retratos de Rosalía de Castro, facéndonos fotos no noso
estudio empregando as máscaras que fixemos.
Simetrías:
propostas de retratos para completar simétricamente.
Colaxe:
compoñer retratos orixinais recortando elementos de revistas.
Retratos
famosos: eleximos un dos retratos famosos do mundo da arte, e fixemos a nosa
propia versión (A Gioconda , retrato de Van Gogh,…).
Entroido
Galego: coloreamos e decorar máscaras e retratos do noso
entroido.
Máscaras
con caixas de ovos: cortamos e pintamos caixas de ovos para facer máscaras.
Partes
da cara con cartón: recortamos anacos de cartón, debuxamos e coloreamos formas
das partes da cara e con elas creamos combinacións para facer retratos
divertidos.
Xogo
para formar caras con pezas imantadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario