... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.
Xurxo Mariño Alfonso
Desde a
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración
coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración
anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA
EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase
esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo
de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e
divulgador científico.
O autor
salienta que este mes ”… é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar
pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran”.
Desde a
Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos
dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas
as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf,
páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores
científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros
educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
o MANIFESTO: de Xurxo Mariño
o FOLLETO INFORMATIVO: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
o MATERIAIS: Mes da ciencia en galego
· PINTEREST: Ciencia en galego
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
O FEITIZO DA CIENCIA
“Está
en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña,
en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición
que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do
coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis
poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como
está organizado e como funciona o mundo....
...Pero
ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das
vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é
unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e
alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes
sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun
aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E
ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos
os idiomas, pode emocionar todas as mentes….”
Xurxo Mariño Alfonso