25 may 2015

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O pasado xoves 14 de maio, dentro das actividades da Semana Matemática, os dous grupos de 6º do cole tivemos a visita dun grupo de 22 alumnos e alumnas de 4º ESO da asignatura de Tecnoloxía do IES Valadares. Viñan a explicarnos o que é aRobóticae a ensinarnos a programar robots. Nada máis e nada menos!! 
Dividímonos en grupos de 3 alumnos con 2 monitores. Cada un destes grupos tiñamos un posto de traballo co noso portátil e o noso robot. Despois dunha pequena explicación para entender a linguaxe de programación e unhas cantas probas, empezamos a manexar o programa e a probalo no robot. Foi increíble!! Os robots facían o que lles pediamos, cos seus motores, cos seus sensores...todo funcionaba coma nos queriamos! Xa tiñamos superada a primeira fase de toma de contacto e coñecemento da programación.
Na segunda fase, os monitores xa nos axudaban menos. Puxéronnos uns desafíos para que os robots fosen quen de realizar. Tiñamos que pensar como darlles as instruccións para que cumpriran os retos. Foi moi emocionante: pensar, discutir, programar e probar no robot, volver a retocar e a reprogramar e...outra vez a probar... Cando por fin conseguiamos que o robot superase o reto, un dos xuíces achegábase ao grupo e daba o visto bo e xa podiamos pasar o seguinte desafío. Tódolos grupos chegamos ao último nivel, ao máis difícil.
Esa mañá, traballamos moito, estivemos moi concentrados, aprendimos moitas cousas novas e divertímonos un montón. Foi unha moi boa experiencia cos rapaces da ESO que nos axudaron e ensinaron tanto. Ogallá poideramos repetila experiencia!!

21 may 2015

TRABALLOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS

Na Semana das Letras Galegas,estivemos traballando sobre o autor homenaxeado
 XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
No vestíbulo do centro, colocamos o seu retrato feito por un alumno de sexto.

Visitamos os carteis do Cep Salustiano Rey Eiras que estan expostos polos corredores do cole.

Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos  diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.

Confeccionamos un díptico sobre o autor homenaxeado que se entregou ás familias.

Continuando co proxecto documental deste curso,caracterizamos aos homenaxeados das Letras Galegas como personaxes de cómic.
Fixemos actividades en liña, actividades lim,retratos,…
Recollemos nesta presentación unha pequena escolma dos distintos traballos que fixemos.


18 may 2015

VISITA DE INACIO VILARIÑO

 alumnado de 6º, puido disfrutar dunha sesión de contacontos con Inacio Vilariño.
O primeiro que fixo foi subir  a unha silla e dende alí empezou a contarnos Contos do demo.
Historias da súa tía Lola que pensaba que todos os males do mundo eran culpa do demo:”Roubo da ornatura da sepultura”, ”Catrina,Linda e Sinda”, ”A catrineta de Xonás”.
Foi divertidísimo!!!!!
Pasamos medo, rimos, cantamos, bailamos, pasmamos e disfrutamos dun gran contador de historias. Grazas!!!!

17 may 2015

17 COUSAS QUE PODEMOS FACER POLA LINGUA

Cartaz da revista "Ollos de Aula", pequenas accións que podemos facer pola nosa lingua na vida cotiá. 
O nº 21 da revista do mes de  maio aborda:
Interesantes artigos sobre a proba de avaliación de 3º de primaria, como debe educar a escola para a convivencia e recomendacións para pasear, ler e saber.
(Preme na imaxe)

14 may 2015

COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Estos son os colaborador@s da biblioteca,alumnado de 5º e 6º,que realizan tarefas de voluntariado nos recreos ao longo do curso.
Realizan diversas funcións :colocar libros e materiais, selar os libros, entregar os préstamos, axudar aos máis pequenos,,…e tamén contaron nos mércores de conto, forman parte do club de lectura,..
Queremos darvos as grazas polo  traballo desinteresado que facedes en beneficio dos demais fomentando valores como o compromiso,a colaboración e a solidariedade.
Grazas!!!!!!

13 may 2015

XOGA COAS MATEMÁTICAS

Onte,12 de maio , Día escolar das Matemáticas, celebramos esta data cun obradoiro  co título 
“Xoga coas Matemáticas”
No vestíbulo do cole montamos oito mesas.En cada unha traballouse unha actividade distinta:espellos, calculadoras, pensamento estratéxico, dominó, números, pentaminós, tangrám, cubo soma.
 Dividimos ao alumnado en grupos de tres que  foron rotando polas distintos postos onde estaban os monitores/as de sexto, que foron explicando as actividades a desenvolver.
Pasamos unha mañá moi entretida e divertida!!!!!
Imaxes do que foi a xornada


12 may 2015

CONTOS EN FAMILIA

Invitamos ás familias a ser contacontos por un día e participar na actividade de animación á lecturaAs familias contancelebrando con nós os meses de abril e maio, mes dos libros e das letras, con lecturas na biblioteca nos recreos.
A resposta das familias foi moi boa e dende aquí queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e implicación en todo o que plantexamos dende a biblioteca.
 
Despois de anotarse,segundo as posibilidades de cada un,fixemos un calendario e unha reunión na que explicamos a actividade e seleccionamos posibles  lecturas .
 
As lecturas escollidas son diversas,de animais, matemáticas,alimentación sá,clásicos,…..e diversas postas en escea:con  presentación en ordenador,empregando marionetas, con debuxos,……
Entusiasmo,ilusión,son os ingredientes presentes nesos momentos máxicos.
 
Ao remate entregámoslles un diploma. Grazas!!!!!!!!!!!!
 
Deixamos as imaxes dos primeiros contacontos que completaremos  cos que quedan deste mes de maio  noutra entrada posterior.


9 may 2015

PERE TOBARUELA NA BIBLIOTECA

O xoves 7,recibimos a visita do escritor Pere Tobaruela para compartir co alumnado de sexto unha sesión para falar dos dous libros que traballaran na aula:Formig4s.Misión París e Formig4s.Misión Nova York.
“FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.”
Preguntáronlle sobre os personaxes,as ilustracións,….
Rematou asinanso nos libros e facendo unha foto con todo o grupo.
Foi unha sesión moi interesante e amena.Grazas Pere!!!

8 may 2015

O MAIO DO SEIS

O martes 5 fixemos o noso Maio.
Previamente as familias foron aportando os distintos materiais (carqueixas, fentos, calas, pampillos, xestas, cáscaras de laranxa, flores, fiuncho,....) cos que cada curso foi vestindo e recubrindo a estructura do Maio.
O día seguinte,e arredor do Maio, fomos cantar as coplas que tiñamos preparadas.
Grazas ás familias pola constante colaboración e por aportar os materiais!!!!!
Aquí tedes algunhas imaxes


6 may 2015

LETRAS GALEGAS 2015:XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Este ano 2015 adícaselle
 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 
 ao escritor  e historiador 
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Para achegarnos a súa vida e obra
 atoparedes información e recursos nas seguintes ligazóns
(Preme nas imaxes)
FUNDACIÓN FILGUEIRA VALVERDE
SEMINARIO GALÁN
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
COORDINADORA GALEGA  DOS ENDLG
BOTÓNS,PORTAL GALEGO DE EDUCACIÓN


4 may 2015

VISITA DE FINA CASALDERREY

Como remate do mes de abril,mes dos libros e da lectura, contamos por segunda vez  neste curso,coa presenza da escritora Fina Casalderrey,para falar do seu libro “O misterio do faro vello” que o alumnado de estivera traballando na aula.
Nada máis entrar na Sala Rosalía,entregámoslle o logo da nosa biblioteca.
Falounos da súa experiencia,contando anécdotas da súa vida,da súa familia,como e cando escomenzou a escribir,…..e da importancia das palabras e da lectura.
Houbo tamén turno para facerlle preguntas diversas e explicarnos como xurdiu a historia para escribir este libro.
Foi unha  sesión moi amena na que nos emociónamos.
Todos querían que lles asinara non só os libros senón tamén os traballos que fixeran.
Como remate,e para agradecerlle a súa presenza entregámoslle un agasallo.
Grazas Fina!!! Agardámoste aquí na “túa casa”.