Unha nova aventura da Mochila Viaxeira está a piques de comezar! As historias xa están preparadas para percorrer as rúas do noso barrio, chegar ás vosas casas e encher de maxia, ilusión e momentos compartidos cada fogar. Son 19 mochilas que inician a súa viaxe!!!
Coia será o escenario desta fermosa
viaxe, e cada familia, a protagonista dunha aventura na que os libros nos
axudarán a soñar, descubrir e gozar xuntos. Porque un barrio tamén medra a
través das historias que compartimos!
Dentro de
cada mochila atoparedes
-Unha carta
explicando
o seu funcionamento e un listado do material.
-O Caderno Viaxeiro, o noso diario de aventuras.
Queremos que o enchades de palabras, debuxos, cores, opinións e suxestións.
-Coia a través de Broli: Escolle o teu recuncho favorito de Coia e sácalle unha foto usando a Broli como marco.
Para que esta viaxe por Coia sexa todo
un éxito, precisamos da colaboración de todas as familias.
Lembrade, a puntualidade é fundamental
para que a mochila poida continuar a súa viaxe. Tratemos os libros e todos os
materiais con agarimo, coma auténticos tesouros.
Busquemos un anaquiño de tempo para ler
xuntos, mirar as ilustracións, contar historias e deixar voar a imaxinación.




.png)























