No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.
Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera.
Festival Atlántica, Sete Falares, Falando a Boca Chea e NOGA celebran xuntos esta data.
Nesta edición, o pregón realizouno o narrador José Campanari
e lémbranos que o misterio que gardan as historias segue voando polos aires e
nos permite ver a vida desde distintas perspectivas. Descúbrenos que hai outros
mundos por coñecer. Móvenos a reflexionar sobre as cousas importantes da vida.
O visto, o vivido, o escoitado, o lido forman parte dese repertorio de contos, historias, anécdotas e lembranzas doutros tempos que se comparten de maneira oral acotió.
Fainos gozar dunha viaxe polas emocións da man de mulleres e homes que dedican a súa vida a explorar esta arte de contar historias de viva voz. Profesionais que viaxan polo mundo partillando o son das palabras para que persoas de todas as idades sigamos vivindo e soñando ben espertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario