29 nov 2022

20 ANOS DO PRESTIGE

Este mes de novembro cumpríronse 20 anos da traxedia do “Prestige”. Quixemos que o noso alumnado coñecese  o que aconteceu e achegámolos á historia a través de vídeos e imaxes.

Colocamos un mural con dúas cores que simbolizan o negro do chapapote e o branco dos voluntarios e voluntarias que se movilizaron para conter esa marea negra.

Nas aulas de Educación Infantil de tres anos, convidaron aos nenos e nenas a vivenciar a historia do Prestige a través de dous elementos: o carbón e o fluido newtoniano. 

Co fluído poideron experimentar a viscosidade do chapapote e entender como daña o ecosistema.

Tamén fixeron un mural empregando diversos materiais e texturas.

Voluntariado da biblioteca, preparou o conto Nunca Máis e, ao remate, todos e todas unímonos berrando…

 NUNCA MÁIS!!!

25 nov 2022

25N: A IGUALDADE É O FUTURO

O lema “A Igualdade é o futuro” centrou as actividades e o acto que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Ao longo da semana traballamos lecturas que tivemos en exposición  para ler e reflexionar sobre este tema.

O voluntariado preparou o conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?".

Cos nosos petos violetas saímos ao patio e formando círculos, bailamos e cantamos a canción “Que non mo neguen” de Tanxugueiras, co retrouso en lingua de signos.

Decoramos as letras do lema que se colocaron no exterior do centro así como carteis con debuxos e escribimos frases sobre o futuro que queremos: un futuro máis inclusivo, máis igualitario, no que respectemos as diferencias e aos demais.

A Comunidade Educativa do Seis decimos NON á violencia machista!!!

23 nov 2022

CULTURGAL 2022

Culturgal, a feira da actividade cultural de Galicia, celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

Este ano a Feira celebra o seu quince aniversario “15 anos cos fíos da cultura” e suma un día máis, cunha xornada previa, o xoves 24 de novembro, dirixida exclusivamente a profesionais, empresas e asociacións sectoriais.

O programa conta con diversas actividades: novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música, libros, ciencia, teatro, obradoiros,…

Ligazón ao programa

https://www.culturgal.com/static/themed/culturgal/docs/2022-programa-infantil.pdf

20 nov 2022

OBRADOIRO: MULLER E CIENCIA

Obradoiro de sensibilización en igualdade “Muller e Ciencia”,  a cargo de Arenaria Coordinación que se desenvolveu o 15 e 16 de novembro na Sala Rosalía e na BiblioLab, para todo o alumnado do centro en diferentes sesións. Actividade organizada pola nosa ANPA.

Utilizando como fío condutor os descubrimentos realizados por mulleres científicas ao longo da historia, Yolanda e David foron ensinándonos varios experimentos mentres nos atrapaban nas historias que nos relataban con protagonistas como Jane Goodall, Marie Curie, Hedy Lamarr, e tamén algunhas pioneiras españolas como Ángeles Alvariño ou Margarita Salas.

Sen dúbida os experimentos que máis triunfaron foron aqueles nos que interviña o lume, foron espectaculares! Pero tamén nos indicaron que poden resultar perigosos e aínda que son sinxelos, debemos facelo con axuda dun adulto que este informado e tomando todas as medidas de precaución.

Tamén causou sensación a obtención do noso ADN. Quen nos ía a dicir que cuns poucos ingredientes que todos temos na casa (auga, sal, xabón líquido e alcohol das feridas) conseguiríamos ver esa pequena maraña de filamentos fibrosos que forman o noso ADN. Quedamos coa boca aberta!

Unha maneira amena e divertida de aprender!!!

19 nov 2022

MES DA CIENCIA NA BIBLIOLAB

Co gallo do Mes da Ciencia desenvólvense na BiblioLab diversas actividades de ámbito científico:

INVESTIGACIÓN co microscopio

MONSTRUOSO: a ciencia que hai tras os teus monstros favoritos

Xogo de preguntas para aprender sobre as verdades científicas e a súa relación con algúns monstros populares.

VOCABULARIO científico co escornabot

Xogo de parellas de imaxes relacionadas coa ciencia e os seus nomes

EXPERIMENTO

“Vermes de papel”

A ciencia nunha FOLLA DE ÁRBORE

Información sobre as follas das árbores. Actividades para ordear o seu ciclo de vida e para facer composicións artísticas con elas

OS PORQUÉS DA CIENCIA

Xogo de preguntas con tres propostas de respostas que se comproban nun libro

Información e actividades para coñecer a ANGELES ALVARIÑO, científica galega de recoñecemento internacional

LIBROS informativos sobre ciencia e experimentos

18 nov 2022

MES DA CIENCIA: EXPOSICIÓN TEMÁTICA

Co lema ”O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica”, montamos a exposición de libros con esta temática para conmemorar o Mes da Ciencia.

17 nov 2022

MES DA CIENCIA: LABORATORIO VIRTUAL

Neste mes da Ciencia, fixemos unha práctica a través dun Laboratorio Virtual.Trátase dun laboratorio moi sinxelo no que os rapaces e rapazas puideron achegarse as partes dun microscopio e ademais tentaron identificar algúns organismos a través de imaxes vistas ao microscopio e con axuda do libro de texto como guía para a identificación. 

A continuación déixovos o enlace a este sinxelo recurso. Preme na imaxe.

11 nov 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." 

José Tubío

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. 

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe o grupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Nacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola “súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro”.

O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

FOLLETO INFORMATIVOMES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO

9 nov 2022

TEMPO DE MAGOSTO

Estamos en novembro, tempo de Magostos e de comer castañas. Tempo de compartir xuntos ao calor da lareira, cancións, contos, poemas e lendas, por iso, a continuación compartimos con vós algúns recursos relacionados con esta data. Premede nos títulos para acceder aos contidos.

PORTAL DAS PALABRAS

(vocabulario relacionado co Magosto)

Preme na imaxe


CONTOS

María a castañeira

A castaña que reventou de risa

A castaña Catarina


 POEMA

MÚSICA

O rap do Magosto

Tres castañas polo chan

Chegou Magosto

 Magosto 13 lúas


Algunhas Lecturas que temos na biblioteca 

6 nov 2022

RETOS ODS: NOVEMBRO

Novo mes, novo reto e  novo obxectivo!!!

Comenzamos polo Obxectivo ODS Nº 9 que ten que ver coa industria, a innovación e a infraestructura.

Como Novembro é o Mes da Ciencia, este obxectivo  fala de investigación, polo que teremos que buscar información sobre un "Invento" que, ao longo da historia, contribuira ou estea contribuindo actualmente á sustentabilidade.

O traballo que fagades (escrito, plástico, visual,…) podedes entregalo na biblioteca ou envialo ao noso correo:

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Agardamos as vosas respostas!!!

4 nov 2022

SCRATCH POLO SAMAÍN

Nestes días de Samaín dende Proxecta, o alumnado de 6º de Primaria, seguiu aprendendo a programar en Scratch mergullándose nesa temática. Para iso, escollemos como personaxe típico da época, un morcego e, como fondos, aqueles máis tenebrosos que atopamos no programa (a casa dunha meiga, un castelo encantado, un bosque tenebroso, a escura noite...).

Despois puxémonos a programar e, igual que o Doutor Frankenstein, conseguimos darlle vida ao noso morcego facendo que se movese de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. Incluso nos deu tempo de por en práctica aprendizaxes de actividades anteriores e algúns dos morcegos chegaron a felicitarnos o Samaín.

2 nov 2022

ANXO MOURE NA BIBLIO DO SEIS

O venres 28 de outubro recibimos a visita do escritor e contador Anxo Moure que, unha vez máis, nos engaiolou cos seus contos. Viu no seu "paztinete", noutro momento "nubinete", e falounos da importancia e da necesidade de reutilizar e reciclar. Fixo varias sesións para todo o alumnado do centro.

Nesta ocasión, as súas historias estaban centradas en afrontar os monstros que acechan ao planeta, monstros das guerras, da contaminación, do acoso, do racismo,…

Moito gozou a rapazada que a través de ritmos, canción, xestos, bailes ao son da pandeireta e interactividade mergullouse nese tempo de lecer que lles proporciona, un ano máis, a reapertura da biblioteca, porque neste espazo están gardadas milleiros de historias que toman vida cada vez que collemos un libro pero que tamén, a súa vez, van sementando o futuro que está por vir.

Grazas Anxo polas túas verbas sempre na procura dun futuro mellor!!!