30 nov 2018

CULTURGAL 2018

'TI LEVAS O COMPÁS'

Este é o lema da undécima edición de Culturgal, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Feira ten horario ininterrumpido de 11:00h a 21:00h o venres e o sábado. O horario do domingo é de 11:00h a 20:00.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados ao libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía,...

Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.

Acollerá  o sábado 1 de decembro un concerto de Carlos Núñez.

O público infantil e familiar terá dúas actuacións musicais o domingo 2 con Oviravai e Xoán Curiel.


Ligazón ao PROGRAMA

29 nov 2018

ACTO COLECTIVO 25 N

O luns 26 fixemos una acto colectivo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Durante a semana estivemos traballando e reflexionando sobre o tema nas aulas con lecturas, contos,...
Previamente en cada clase debuxamos en cartulinas a nosa man, recortámola e puxémola como un colgante.

Vestidos de negro reunímonos no pavillón para cantar todos xuntos  "La puerta violeta" de Rozalén.
Dispuxémonos en forma de U, seguindo as indicacións  de mestra de música e ao alumnado de sexto escenificando a canción e o retrouso en lingua de signos.
O alumnado dos distintos cursos, por turnos, foi pintando unha porta violeta.
O remate do acto foi o mural que montamos cos debuxos da canción.
               

24 nov 2018

25 N

O 25 de novembro foi declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Preténdese concienciar a toda a sociedade e denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para a súa erradicación.

Traballamos por unha educacion en igualdade, no respecto hacia ós demais e o rexeitamento a calquer tipo de violencia.

Ao longo desta semana estivemos traballando e reflexionando sobre o tema con diversas actividades que se concretan no acto colectivo que realizaremos o vindeiro luns 26 de novembro no que cantaremos todos xuntos "La Puerta Violeta" de Rozalén.

Selección de Lecturas para a  Igualdade 
Colección "A igualdade conta " de Ed. Embora
Colección "Contos da igualdade" de Ed. Baia

18 nov 2018

MAGOSTO 2018

O martes 13, fixo un maravilloso día de sol e celebramos o noso MAGOSTO.
Mentras as mestras asaban as castañas os nenos e nenas xogaron.

Houbo seis xogos : comecastañas, relevos de castañas, ós bolos, tres pés (en parellas), á corda, relevos de pelota (coa pelota espalda con espalda).
O alumnado de sexto foi o encargado de  axudar ao alumnado nos diferentes xogos a medida que ían rotando dun a outro.

E non podían faltar as castañas. Estaban boísimassss!!! Pasámolo xenial!!!

11 nov 2018

RECURSOS PARA O MAGOSTO

O  martes 13  de novembro, se o tempo nos acompaña, celebraremos o MAGOSTO.
Faremos xogos con castañas, á corda, con zancos,....bailaremos, tiznarémosnos...

O luns o alumnado terá que traer castañas xa amoxetadas para evitar que estouren , leña e roupa cómoda.

Deixamos algúns RECURSOS para traballar o tema.

Unidade didáctica: "O Magosto"

Portal das Palabras:  Vocabulario  relacionado co Magosto
Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
Galicia Espallada: A festa do Magosto

 -"O magosto" con pictogramas.
 -Poemas de Manuel María, Helena Villar,...
Música:
Contos:
XogosXogo da oca e o magosto

Lecturas: Selección de lecturas informativas e contos en exposición na biblioteca.

9 nov 2018

IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


Os días 9 e 10 de novembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a gran cita anual do profesorado interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. 

Estas xornadas están abertas a todo o profesorado e contan cun programa extenso no que se contemplan conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate e, como en anteriores ocasións, unha sesión denominada "A fume de carozo", para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto. 

Haberá espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as belas artes, a tradición oral e a música; a investigación sobre lectura, tecnoloxía aplicada a materiais textiles, alfabetización transmedia ou hábitos de lectura. Pero sobre todo, daranse a coñecer experiencias de calidade contrastada no desenvolvemento de bibliotecas escolares galegas como "centros creativos de aprendizaxe" e tamén experiencias concretas sobre formación lectora, voluntariado, "radio na biblio", biblioteca inclusiva e exemplos prácticos de desenvolvemento curricular a través de metodoloxías activas e de proxectos, vinculados á biblioteca escolar. 

Será, tamén, ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso. 

4 nov 2018

SAMAÍN MÁXICO

Na Sala Rosalía recreamos un "Bosque Máxico Galego", no que non faltaron as mouras na súa cova, as serpes coas súas lendas, os corvos como paxaros de mal agoiro, os mouchos e as curuxas berrando, o aquelarre coa danza das meigas ao redor do pote, de feitizos, o gato negro cos pelos de punta, arañeiras, as cabazas polo medio,....e o lobishome, facendo trasnadas e meténdose co público, nenos e nenas e coas familias asustando a todo o persoal.
Foi un Samaín impresionante!!!
Grazas ás familias pola vosa colaboración na preparación das cabazas!!!!