20 mar 2012

A RECONQUISTA DE VIGO

    Continuamos traballando no proxecto documental do curso e agora investigamos sobre a RECONQUISTA.

     Acaba de ser nomeada “Festa de Interese Turístico Galego”,  recoñecendo o seu valor etnográfico e cultural.
    A  Festa da Reconquista rememora o alzamento popular que permitiu recuperar a cidade de Vigo da ocupación das tropas napoleónicas o 28 de Marzo de 1809.
    Este feito histórico, que os vigues@s conmemoramos coa Reconquista, deulle a  Vigo o título de Cidade, un paso máis no desenrolo histórico e social da  vila.
   Dende aquí escomenzou unha ofensiva en toda Galicia que acabaría coa retirada definitiva do exército de Napoleón.
    Durante a festa  realizanse varias actividades i  actos que este ano se organizan do 31 de marzo ao 1 de abril no Casco Vello .O  máis destacado é a representación teatral que retrata episodios da  batalla e  conmemora a  independencia. 
     Co obxectivo de achegar ao alumnado a un feito histórico concreto, a Reconquista,como un episodio importante da historia da nosa cidade,centrándonos nos lugares e personaxes máis relevantes e fomentando actitudes de curiosidade e un sentimento de pertenza á cidade.
     *Máis información na páxina da web Oficial
       E para os máis pequenos recomendamos:

Os bolechas :"A Reconquista de Vigo"
Pepe Carreiro (Edicións A Nosa Terra)

     Para ver o programa de actos:A páxina  da "Asociación Veciñal Casco Vello"


VIDEO  conmemorativo do bicentenario,
sendo protagonista Carolo.

19 mar 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA:22 DE MARZO

         O "Día mundial da Auga 2012" é coordinado pola organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura(FAO).
        O tema de "A auga e a seguridade alimentaria" é unha prioridade na axencia deste ano con tres eventos internacionais: o Foro Mundial da auga,o Dia mundial da auga e  a Semana mundial da auga.Que abordan as relacións entre a auga e a producción de alimentos e a forma para alimentar  ás poboacións en crecemento dentro dos límites dos nosos recursos hídricos.
     7000 millóns é o número de persoas que hai que alimentar no planeta e as previsións din que haberá outros 2000 millóns para o ano 2050. 
       As estadísticas indican que todas as persoas beben de 2 a 4 litros de auga a diario,sin embargo,a maior parte da auga que bebemos está incorporada nos alimentos que consumimos:producir 1 kilo de carne de vacuno,por exemplo,consume 15.000 litros de auga,e 1 kilo de trigo bebe 1.500 litros.
    En todas as etapas da cadea de suministro,dende os productos ata @s consumidor@s,é posible tomar medidas para aforrar auga e asegurar que haxa alimentos para tod@s.
   Máis información na xina oficial(información,materiais para descargar,....)
VIDEOS



17 mar 2012

DÍA DA POESÍA:RECURSOS E LECTURAS

        Cada ano,o 21 de marzo,a UNESCO celebra o"Día Mundial da Poesía".A decisión de proclamar esta data como día mundial da poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da Unesco celebrada en París no 1999.

       Dacordo coa decisión da Unesco,o principal obxectivo desta acción é soster a  diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.

      Por outra parte,ese día ten por obxecto axudar a poesía,o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas,como o teatro,a danza,a música,a pintura e así sucesivamente,o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación.

              Neste enlace podedes atopar Recursos para traballar o tema nas aulas.

                 -Biblioteca "Outeiro de Matilda"

                  Estas son algunhas das lecturas que recomendamos i que temos na exposición da biblioteca.

"LUCES,BICOS E CORES"
Concha Blanco
Colección  "Fardel dos Soños"
Edicións Embora


"O MEU GATO É UN POETA"
Fran Alonso
Edicións  Xerais.Libro CD

Máis información na páxina de Xerais

"CANTIGA DO MAZARICO"
Emilio Pita
Colección Lúa Lueira
Ed.Espiral Maior

Podes escoitala na páxina de Orella Pendella

"A PRINCESA DE TARAMUNDI"
Xoan Babarro
Colección "Fardel dos Soños"
Edicións Embora

"AÑO PITAÑO"
Anxo Rei
Libro CD

Máis información na páxina:

8 mar 2012

LECTURAS PARA A IGUALDADE

                       ESTAS SON ALGUNHAS DAS LECTURAS QUE RECOMENDAMOS I QUE PODEDES ATOPAR NA EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA.
*COLECCIÓN "A IGUALDADE CONTA"
DE EDICIÓNS EMBORA

      "O PAÍS DOS MANDÓNS"


     "O SEGREDO DE FLORA"


     "A URNA DOS DESEXOS"


     *ROSA CARAMELO
   Editorial Lumen


     *O LIBRO DOS PORCOS
    Editorial Kalandraka


     *USHA
Edicións Xerais


     *ELAS
Kalandraka


*MI PRIMER LIBRO SOBRE ELLAS
Editorial Anaya


 "ELLAS HICIERON HISTORIA"
Editorial Anaya



4 mar 2012

RECURSOS:8 DE MARZO,"DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

 O  8 de marzo é o "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"
              Algúns recursos para traballar o tema  nas aulas :unidades didácticas,contos,videos,…… na procura dunha igualdade de oportunidades entre homes e mulleres,promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

 
*WIPIPEDIA:

*Páxina da Asociación "DU CÔTÉ DES FILLES",que desenvolve un programa para eliminar o sexismo do material educativo.

Dous contos:
-"ROSA CARAMELO"
-UNA FELIZ CATÁSTROFE
(Para reflexionar sobre a  desigualdade no  reparto das tarefas domésticas)

*Unidade didáctica infantil e primaria STEG:
              "EN IGUALDADE NIN UN PASO ATRÁS"desenvuelun programa de
E O CALENDARIO 2012 :
"TEMPO DE MULLERES,MULLERES NO TEMPO"

*ALBUM DE MULLERES GALEGAS
(Centro de documentación dixital para divulgar e   investigar a contribución das mulleres á sociedade e cultura galega)

*GALICIA ESPALLADA
Mulleres galegas de onte e de hoxe


*CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO
   Programa educativo "Camiña con nós pola igualdade"
dirixido ao alumnado de infantil,2º,4º,6º.

*CONTOS
*El príncipe Ceniciento

*Arturo e Clementina

*La Cenicienta que no quería comer perdices

*VIDEO

IGUALDADE DE XÉNERO:  ANDALUNA E SAMIR.







*XOGO
-A OCA DA IGUALDADE