Para integrar ao alumnado na xestión e
dinamización da biblioteca formamos equipos de axudantes do terceiro ciclo, 5º e
6º.
Este
é o Equipo de axudantes da biblioteca
deste primeiro trimestre.
Durante
o mes de setembro a responsable da biblioteca foi polas aulas de sexto a solicitar ao alumnado a súa colaboración,de xeito voluntario,na biblioteca durante o
horario do recreo.
Recibiron
unha sesión formativa sobre cales eran as súas funcións e comprometéronse por un trimestre asinando o seu contrato.
Establecéronse
quendas fixas con catro axudantes por día.
Un
chaleco co nome e logotipo da biblioteca os identifica .
Ademais
de cumprir as súas
funcións (ordenar os materiais , manter a orde,
selar os libros, axudar aos máis pequenos
na selección de lecturas
e nos ordenadores,
.......) tamén forman parte do club
de lectura , foron @s encargad@s de contar contos nos mércores
de conto, fixeron sesións de papiroflexia, explicación
de experimentos,......
E
o último día,antes das vacacións de nadal, fixémoslle entrega dos diplomas.
Grazas polo voso
traballo e colaboración
coa biblioteca!!!