31 oct 2015

SAMAÍN VIAXEIRO 2015

Nesta semana celebramos o Samaín.
 Familias e alumnado decoraron as cabazas con distintos  elementos  de  viaxe
(maletas, medios de transporte, mapas, mochilas,....) .
Con  todas  elas  montamos  unha  Exposición  na entrada do cole que foi visitada pola Comunidade Educativa.
Queremos dar as grazas ás Familias pola súa colaboración!!!!
Unha presentación en imaxes

27 oct 2015

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de recursos para traballar o tema.
Na  páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística tamén podedes atopar  materiais  elaborados polo Ceip Galán e o Ceip Milladoiro.

26 oct 2015

PROGRAMA SEMANA DE SAMAÍN

Xa chegou o Samaín, tempo de tradicións, lendas, contos, ... de bruxas, cabazas,.....que nos fan tremer de medo!!!!

Este é programa de actividades para esta semana:

Exposición de cabazas
Un curso máis solicitamos a colaboración das familias para montar unha exposición coas cabazas que fan cos seus fillos e fillas.
Esta é a nota que se lles enviou o venres na que se incluía unha breve historia do samaín e unha guía de lecturas terroríficas.
Unha pequena mostra das cabazas que trouxeron hoxe.
Lecturas de medo
Fixemos unha selección de lecturas de medo: Bruxas, vampiros, momias, cabazas, monstros...que se atopan en exposición no lugar habitual na biblioteca ambientada e decorada para estas datas e presidida por un esquelete que invita a entrar.
Pasarémolo de medo.....lendo!!!!!
Contacontos de medo
Nos recreos o alumnado de 4º e 6º contarán historias que nos farán tremer de medo.

III Concurso de Relatos Terroríficos
Dirixido a todo o alumnado e con eles montaremos unha exposición.

25 oct 2015

III CONCURSO DE RELATOS TERRORÍFICOS

A Biblioteca convoca o
" III Concurso de Relatos Terroríficos"
Deixamos as Bases do Concurso , que xa están publicadas no taboeiro da biblioteca dende o día 15 pero  por  se alguén non se enterou  aínda estades a tempo de participar.
Animádevos!!!!!!!!!

24 oct 2015

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESCOMENZAN A VIAXE

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas o venres  saíron   as  Mochilas Viaxeiras , iniciando así a súa andaina e agardando o seu disfrute por parte das familias.
Son 21 mochilas  que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblioteca en  xuño. Estarán unha semana  nos vosos fogares .

         As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado,  familias e a biblioteca, proporcionando a oportunidade de facer lecturas compartidas e conversas sobre os libros.
        Cargadas con lecturas variadas: contos, poesía, cómic, libros de cociña e xogos matemáticos.

·         Van acompañadas dunha  Carta ás familias  na  que se explica o seu funcionamento e un listado do material.

·                   O Caderno viaxeiro, espazo en branco para que enchades con debuxos, suxerencias, aportacións e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos entregamos.
Agardamos que vos gusten!!!
      
            Escomenza a viaxe!!!!!!     Boas lecturas!!!!!!!!!!!

22 oct 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Seguindo co noso proxecto,"Viaxando entre lecturas", decoramos a porta de entrada da biblioteca con imaxes de bibliotecas viaxeiras ou bibliotecas  móviles que con  diferentes medios (autobús, burro, bicicleta,...)  achegan a lectura a calquer lugar ( bibliobicicleta, bibliobús, biblioburro,.....).
Para celebrar esta data organizamos diversas actividades
PROGRAMA  para o venres 23

-Lectura do pregón de Diego Arboleda:

"....un lugar nunca podría llamarse País de las maravillas si entre sus maravillas no se contara una biblioteca".

-Visualización  do  vídeo: Biblioburro


-Selección de lecturas nas que a biblioteca e os libros son os protagonistas das historias e narracións.

Algúns títulos seleccionados son: La hormiga Miga en la biblioteca, León de biblioteca, Guillermo,ratón de biblioteca, La bibliotecaria de Basora, Matilda, El oso que amaba los libros, La señora de los libros,...
-No recreo, contacontos "A bibliotecaria de Basora".

-Entrega das mochilas viaxeiras ás distintas clases 
para escomezar a súa viaxe.
-Os nov@s usuari@s de Educación Infantil  de 3 anos 
 recibirán os carnets e as "Bolsas Viaxeiras".

E  agasallo de marcapáxinas.

21 oct 2015

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, e cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada nesa mesma data en 1992.

O obxectivo era trasladar a importancia da lectura e da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Cada ano encárgaselle a un escritor e ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. O autor é Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura infantil 2014  e a ilustradora Leticia Ruifernández.


(Preme na imaxe para acceder ao pregón)

8 oct 2015

LEDICIA COSTAS, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Parabéns para Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, pola súa novela 
Escarlatina,a cociñeira defunta”.
O curso pasado Ledicia visitou o noso centro  e compartiu  co Club de Lectura unha sesión moi amena na que falamos  e degustamos os postres feitos coas receitas que aparecen no libro.

Máis información na páxina de Xerais:

1 oct 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

O programa ‘Venres nas librarías’, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.
(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO PROGRAMA)
O programa de actividades desenvolverase os venres e sábados de outubro e novembro de 2015, e de febreiro e marzo de 2016.
Un total de 17 librarías das catro provincias serán o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras e de escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas: presentacións de novidades editoriais, conversas entre escritor@s e público, lecturas dramatizadas de obras literarias, lecturas poéticas.