20 dic 2015

FELICITACIÓN DE NADAL

A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  DO  CEIP  SEIS  DO NADAL  DESÉXALLES  UNHAS  BOAS  FESTAS  E QUE  O  2016   NOS  TRAIA  UN  MUNDO MELLOR!!!!!!

17 dic 2015

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Un curso máis por estas datas ofrecemos unha escolma de libros que serán de lectura obrigatoria cando escomence o novo ano.

Contaremos coa presenza dos autores/as e contacontos que  compartirán momentos especiais con nós para falarnos dos seus libros.

Neste nadal, viaxes e lecturas!!!!

13 dic 2015

BEA CAMPOS, PEGADAS DE CONTO

Un ano máis participamos  na Campaña Impórtanos, e o xoves 10 de decembro contamos coa presenza de Bea Campos, que deixou pegada nos nenos e nenas de cinco anos que escoitaron os seus contos.
La semillita, a banda de Vilacendoi, un gorila e un agasallo diferente, son historias que fomentan o coidado do medio ambente, o respecto polo  diferente e pola diversidade  e  o consumo responsable.
E coma sempre, a través do máxico mundo dos contos pasámolo moi ben e tamén ......aprendemos.
Fixémoslle entrega dun agasallo. Grazas Bea!!!!
Máis información da Campaña Impórtanos na páxina

9 dic 2015

O APALPADOR

Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador que achega agasallos aos nenos e nenas nestas datas de Nadal.

Se queredes coñecer a súa historia preme na páxina web do Apalpador.
 http://www.apalpador.com/
Na páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e dinamización  Lingüística tedes moitos  recursos.
O Apalpador ou Pandigueiro

Canción de Malvela

Pasade pola biblioteca para ler os libros que temos sobre o Apalpador (Preme nas imaxes).

O Apalpador
Antón e o Apalpador
O Apalpador e a castaña máxica

2 dic 2015

CULTURGAL 2015

"Presume de Culturgal"
 Ese é o lema da oitava edición de Culturgal, Feira das Industrias Culturais, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de decembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A palabra en todos os ámbitos será a protagonista da oitava edición: literatura, tecnoloxía, música, foros e encontros.

Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os tres días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.

Ligazón ao PROGRAMA:

1 dic 2015

LEMBRANDO A XOSÉ NEIRA VILAS

O venres 27 de novembro finou o escritor Xosé  Neira  Vilas
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. 
Coma quen di,un ninguén.
 E ademais, pobre"
Son as primeiras verbas coas que comeza o libro máis lido e
 traducido da literatura galega 
"Memorias dun neno labrego"
A historia de Balbino é a testemuña da vida rural en Galicia nun tempo pasado.

Ten máis obras como "O espantallo amigo","Cabaliño de buxo, "A Marela Tarabela,...

Nas seguintes ligazóns atoparedes máis información :
Actividades e recursos para achegar a obra de Neira Vilas aos nenos e as nenas 

E que mellor homenaxe que ler as súas obras na biblioteca

30 nov 2015

ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO

Con apócemas, conxuros e palabras máxicas conmemoramos o Día contra a Violencia de xénero.
Baseado no programa da Rioja

Infantil ata terceiro prepararon apócemas.

1ºEscribimos os ingredientes en papeliños que gardamos nunha bolsa .
2ºEscribimos, debuxamos e pintamos nun folio A3 con forma de caldeiro os ingredientes da nosa apócema para logo poñer no expositor.
Cuarto,quinto e sexto elaboraron conxuros e palabras máxicas para os bos tratos que colocamos no libro.
Con todo preparado o mércores 25 xuntámonos no ximnasio nun acto colectivo no que fomos lendo as nosas apócemas e conxuros e completando o expositor da Igualdade e dos bos tratos.

24 nov 2015

LECTURAS PARA A IGUALDADE

Mañá 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero , organizaremos un acto colectivo.
Enfocaremos a conmemoración deste día cara á igualdade e a coeducación como aspectos fundamentais para previr a violencia de xénero.
A biblioteca fai unha selección de lecturas sobre o tema e que podedes atopar en exposición.
*  Contos"A Igualdade  conta"de Edicións  Embora
*  Rosa Caramelo.Ed. Kalandraka
*  Unha feliz catástrofe.Ed. Kalandraka
*  Nin un biquiño á forza
* O libro dos porcos.Ed. Kalandraka
*  Artur e Clementina.Ed. Kalandraka
*  Colección"Contos da Igualdade"de Baía edicións
* Y dejó escapar sus ojos. Creotz ediciones

13 nov 2015

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Dende a Consellería promóvose a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
 CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
O autor do manifesto é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira, quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."

A Asesoría de Bibliotecas ofrece unha páxina con Recursos e materiais para a ciencia en galego

Recompilación de recursos sobre a lingua galega e a ciencia realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

Folleto informativo que recolle diversas actividades nas bibliotecas públicas.

12 nov 2015

MAGOSTO 2015

O luns poidemos celebrar o Magosto e disfrutar desta festa na que a castaña foi a protagonista.
Adornamos a entrada cun mural coas castañas viaxeiras que decoraron as familias e alumnado.
As familias aportaron leña e castañas e os nenos e nenas trouxeron de casa colares de follas, diademas, sombreiros.
Mentras os nenos e nenas  xogaban as mestras foron as encargadas de preparar as fogueiras e asar as castañas.
O alumnado de primaria, ao ritmo de varias cancións, saltaron á comba e infantil organizou varios xogos, circuito, culler con cuchara e tragacastañas.

E como remate o baile dos globos, buscamos unha parella e co globo colocado entre os dous bailamos e tentamos explotalo.

Despois de xogar e cos nosos cestiños e cucuruchos tocaba comer as castañas que estaban boísimas!!!!

E o toque final, tiznar a cara e bailar!!!!
Pasámolo xenial!!!!


5 nov 2015

TEMPO DE MAGOSTO

Mañá venres 6 de novembro, celebraremos o MAGOSTO.
Durante estos días andamos  preparando todo o necesario para desfrutar desta festa (xogos, cestiños,...)
Premendo na imaxe accedemos a unha recompilación de  recursos para  traballar o tema.

Na páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística atoparedes unha selección de Actividades sobre a castaña e o magosto con 3 poemas de Manuel María, Helena Villar e Tucho Calvo, elaborado polo Ceip Galán de Oseiro (Arteixo).
Para ir quentando motores esta canción "Chegou magosto"

4 nov 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe  celébrase o  Día da Ciencia en Galego, centrado no ano internacional da luz e dos solos.
Igaciencia homenaxea ao científico galego
Isidro Parga Pondal
A Real Academia Galega de Ciencia adícalle este día a
Ángeles Alvariño,  bióloga mariña e oceanógrafa.
 
Información nas seguintes ligazóns:
     -Vídeo
Lim do Ceip Alexandre Bóveda de Redondela 

3 nov 2015

CONTACONTOS DE MEDO

Durante a última semana de outubro, no recreo, o alumnado contou contos e historias que nos fixeron tremer de medo!!!
Noa, Alba, Iara Sofía, Noa  contaron :
" A casa da miña avoa"
Pablo e Dani: 
 "A  momia"
Sara, Inés e Africa:
" A visita dos domingos"
Irene e Angela :
"A bruxa"
O público, que encheu a biblioteca , disfrutou con estas lecturas.
Grazas a todas e todos pola vosa participación!!!

31 oct 2015

SAMAÍN VIAXEIRO 2015

Nesta semana celebramos o Samaín.
 Familias e alumnado decoraron as cabazas con distintos  elementos  de  viaxe
(maletas, medios de transporte, mapas, mochilas,....) .
Con  todas  elas  montamos  unha  Exposición  na entrada do cole que foi visitada pola Comunidade Educativa.
Queremos dar as grazas ás Familias pola súa colaboración!!!!
Unha presentación en imaxes

27 oct 2015

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de recursos para traballar o tema.
Na  páxina da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística tamén podedes atopar  materiais  elaborados polo Ceip Galán e o Ceip Milladoiro.

26 oct 2015

PROGRAMA SEMANA DE SAMAÍN

Xa chegou o Samaín, tempo de tradicións, lendas, contos, ... de bruxas, cabazas,.....que nos fan tremer de medo!!!!

Este é programa de actividades para esta semana:

Exposición de cabazas
Un curso máis solicitamos a colaboración das familias para montar unha exposición coas cabazas que fan cos seus fillos e fillas.
Esta é a nota que se lles enviou o venres na que se incluía unha breve historia do samaín e unha guía de lecturas terroríficas.
Unha pequena mostra das cabazas que trouxeron hoxe.
Lecturas de medo
Fixemos unha selección de lecturas de medo: Bruxas, vampiros, momias, cabazas, monstros...que se atopan en exposición no lugar habitual na biblioteca ambientada e decorada para estas datas e presidida por un esquelete que invita a entrar.
Pasarémolo de medo.....lendo!!!!!
Contacontos de medo
Nos recreos o alumnado de 4º e 6º contarán historias que nos farán tremer de medo.

III Concurso de Relatos Terroríficos
Dirixido a todo o alumnado e con eles montaremos unha exposición.