Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do "Salón do Libro Infantil e Xuvenil".
Onde atoparedes actividades para todos os públicos e todas as idades; contacontos, teatro, música, obradoiros, monicreques, coloquios, presentacións de libros e moitas cousas máis.
Onde atoparedes actividades para todos os públicos e todas as idades; contacontos, teatro, música, obradoiros, monicreques, coloquios, presentacións de libros e moitas cousas máis.
O tema deste ano é "12 + 1".
O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
O autor homenaxeado de 2012 é o escritor Paco Martín.Premio Nacional de Literatura Infantil en 1986 coa obra 'Das cousas' de Ramón Lamote, pero tamén é autor de relatos, escritos didácticos e divulgativos.
Deixamos un enlace á web: http://www.salondolibro.org/