Anxo Moure, Inacio Vilariño, Anxo Fariña, Silvestre Gómez Xurxo, Alicia Borrás, Miro Magariños e Fran Alonso.
31 mar 2014
29 mar 2014
2 DE ABRIL,DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Dende 1967,o 2 de Abril ,coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen ,o IBBY promove a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil".
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto
a autores de diferentes países. O texto "Carta
aos nenos do mundo"
é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson , e a imaxe é da
ilustradora irlandesa Niamh Sharkey.
24 mar 2014
27 DE MARZO,DÍA DO TEATRO
O 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro.
Foi creado no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Foi creado no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Cada ano,unha figura destacada do teatro escribe a
Mensaxe que é difundida
internacionalmente.
Este ano o elixido é o dramaturgo Brett Bailey.
Este ano o elixido é o dramaturgo Brett Bailey.
A mensaxe na seguinte ligazón:
Páxina interesante con moitos recursos
-Biblogcañiza http://biblogcaniza.blogspot.com.es/
No
cole vimos realizando diferentes obras de teatro para celebrar os Festivais de Nadal e de Fin de Curso.
Dende
o ano 2004 participamos no proxecto "Interteatro: pequenos actores nas
aulas". Consiste no intercambio de obras de teatro entre diferentes centro de Educación Infantil
e Primaria de Vigo.O obxectivo principal do teatro escolar é educar e
fomentar o desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e intelectuais
a través dunha actividade pedagóxica e lúdica.
No mes de maio participamos nas Xornadas Escolares Municipais de Teatro de Vigo.
No mes de maio participamos nas Xornadas Escolares Municipais de Teatro de Vigo.
Recollemos
aquí os carteis dalgunhas obras de
teatro que realizamos .
19 mar 2014
21 DE MARZO,DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE
O 21 de
marzo celebramos o Día da Poesía e tamén o Día da Árbore.
Na
biblioteca temos exposta unha selección
de libros de poesía
Propoñemos
as seguintes actividades:
Decorar a nosa Árbore
Poética con poemas de ciencia.
O venres 21, na Hora
de Ler, aproveitando o bo tempo, sairemos ao patio a ler poemas debaixo das árbores.
Entregaremos unha Mochila Poética por aula con libros de poesía e actividades.
Poemando ciencia:
-Escoller un dos poemas propostos e ilustralo.
-Facer acrósticos coa palabra ciencia.
O alumnado de 6º plantará tres camelios no Xardín das Lembranzas
Nas
seguintes ligazóns atoparedes recursos para traballar o tema nas aulas:
18 mar 2014
CONTACONTOS
O
venres 14 de Marzo,o alumnado de cinco anos realizou unha actividade "A tea de araña", enmarcada
dentro do programa de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Está
baseada no conto de Xoán Babarro,
"A tea de araña que todo o apaña.
Contaron a historia que
aparece recollida no libro e explicaron as características dos diferentes
animais que caen na arañeira por medio de figuras de material reciclado.
Despois cada neno e nena representou a un animal do conto
empregando xestos e sons para que o resto dos compañeiros/as o identificaran.
Remataron cunha
actividade plástica.
17 mar 2014
VISITA DE ANA ALONSO
Hoxe,o alumnado de 2º,compartiu unha sesión coa escritora ANA ALONSO,autora do libro que leron,"UNA CARTA MUY RARA".
Ana falounos de cando escomenzou a escribir, do
seu percorrido como escritora, da colección Pizca de Sal, da historia e dos personaxes,....despois, fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle
entrega dun agasallo,asinou os libros aos alumn@s e tamén no libro de
lembranzas.Grazas !!!!
Se queredes saber máis
información sobre Ana Alonso entrade na
páxina web
Lut,o mago das palabras,ten visita.Os Reis Magos
viñeron velo!!!Recibiran unha carta moi rara e necesitan a súa axuda para
entender o que di.Conseguirá Lut aclarar o misterio????
14 mar 2014
OLLOS DE AULA Nº13 (MARZO)
O Nº 13 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A
CGENDL PARA AS FAMILIAS ABORDA ESTE MES :
A IMPORTANCIA
DUN BO ALMORZO,AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES,LENDO PARA MEDRAR ,RECOMENDACIÓNS
PARA LER E PASEAR.
(PREME NA IMAXE)
13 mar 2014
MARISA IRIMIA E O KAMISHIBAI
Hoxe
contamos coa presenza de Marisa Irimia (Ilustradora,contacontos e animadora de
lectura), que impartiu unha sesión de Kamishibai para o alumnado de 5º.
Primeiro
falounos da orixe do kamishibai,os elementos de que consta,como se colocan as
láminas,....e despois contounos dous contos.
Animounos a inventar e escribir contos e historias para contalas en Kamishibai.
Que
ben o pasamos!!!!
O Kamishibai , é unha palabra xaponesa que significa
"teatro de papel",é unha forma de contar contos moi popular en Xapón.
Consiste nun teatriño, con
diferentes láminas de papel, e un texto por detrás, que o narrador vai lendo.
Fomenta
a lectura e a escritura; incentiva a imaxinacion e a creatividade.
10 mar 2014
XV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpre
15 edicións.
Do 14 de Marzo ao 5 de Abril ,no Pazo da Cultura de Pontevedra, estamos convidad@s a degustar un suculento MENÚ cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.
(Preme na imaxe)
A temática deste ano é “COCIÑANDO CONTOS”.A lume lento,como todo o saboroso.Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa,de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo.
O Programa
neste enlace
9 mar 2014
SEMANA DA PRENSA
Do 10 ao 14 de Marzo, celebramos
"A SEMANA DA PRENSA"
"A SEMANA DA PRENSA"
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e actividades para traballar o tema nas aulas.
BiBlogcañiza
Biblioteca "Outeiro de Matilda"
Biblioteca"O Recanto de Mik"
Durante esta semana haberá na biblioteca prensa variada(local,rexional,deportiva,......)
Lembrade que no lateral dereito do blog co título "
KiosKo - prensa" tedes un enlace
permamente aos principais xornais en formato dixital.
Lim do "Ceip Cespón"
7 mar 2014
RECURSOS "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"
O 8 de Marzo celebramos o
Día Internacional da Muller Traballadora.
(PREME NA IMAXE)
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos
e moitos materiais para traballar nas
aulas.
5 mar 2014
ENTROIDO NO SEIS
Por fin chegou o esperado venres de Entroido e o Seis encheuse de deporte : pelotas de baloncesto, tenistas, equitación, variedades deportivas, playmobil
deportistas, natación, ximnastas, rugby e animadoras,un espectaculo cheo de colorido e imaxinación.
Edº Infantil-Pelotas de baloncesto
1º-Tenistas
2º-Equitación
3º-Variedades deportivas
3º-Playmobil deportistas
4º-Natación
5º-Ximnastas
6º-Rugby e animadoras
Xa disfrazad@s
baixamos ao pavillón e ao son da música iniciamos o noso desfile.
A Pancarta
" Escola pública de tod@s e para tod@s"
encabezou o noso pasarrúas polo barrio.
A Pancarta
" Escola pública de tod@s e para tod@s"
encabezou o noso pasarrúas polo barrio.
De regreso ao
cole,lectura do Testamento e queima do Meco que simboliza o noso rexeitamento á
Lomce.
E para rematar a festa,degustación de doces típicos deste época (orellas, filloas, flores,...) e BAILONGO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Grazas a tod@s e ás
familias pola constante
colaboración!!!!!
Aquí tedes a nosa
reportaxe deste día.Esperamos que disfrutarades tanto coma nós!!!
4 mar 2014
OBRADOIRO DE COCIÑA DE ENTROIDO
Xa é costume que polo Entroido organicemos un Obradoiro de
Cociña. Este curso foron Carmen,Angeles,Eva
e Puri as mestras e cociñeiras que prepararon a receita de ROSQUILLAS.
Previamente cada clase
preparou a masa e posteriormente,por
grupos,baixaron á entrada onde tiñamos todo organizado:recordamos a receita,os ingredientes,o proceso de
elaboración e por último a degustación.
Que boas estaban estas
rosquillas!!! Riquísimas!!!! Moitas grazas!!!!
3 mar 2014
RESUMO DOS MANDADIÑOS
A semana de entroido foi moi divertida . Dende o luns
estivemos seguindo os mandadiños do Meco que estaban na entrada do cole. Cada
día tivemos que traer algo: na cabeza e nos pés,unha camiseta vermella e un lazo no
pelo,un pixama e o seu osiño e rematamos
cuns antifaces reciclados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)