28 abr 2020

MAIOS NA CASA

Chegou a primavera e con ela os maios e, aínda que en confinamento, é o seu momento.



 A Festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das prantas , o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver o sol por riba do horizonte e coller altura e forza". Vicente Risco.




27 abr 2020

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO


O noso vídeo sacando os personaxes dos libros a pasear vai aumentando!


No noso barrio, dentro destes edificios, estades vós lendo o voso libro favorito. Só tedes que pasar o rato por enriba e buscarvos (aumentade a foto para vela mellor).


Se aínda nos nos mandastes a vosa foto lendo un libro ou sacando os seus personaxes a pasear podedes facelo ata o xoves 30. Moitas grazas pola vosa participación!!!

Agardamos que vos gusten!!!

23 abr 2020

23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO


E por fin chegou o  Día do Libro e xa temos unha pequena mostra das fotos que nos fostes enviando para celebrar este día. O vídeo definitivo tardará uns días, así que podedes seguir enviando máis.


Vídeo “Disfrázome do meu personaxe de conto”


Grazas pola vosa participación!!!!

Tamén temos unha sorpresa, a profe Carmen preparou este agasallo para todos e todas.
Agardamos que vos guste!!!!

Feliz Día do Libro!!!!!

22 abr 2020

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA


Hoxe cumprense 50 anos desde que se celebra o Día Internacional da TerraO promotor deste día foi Gaylord Nelson, que decidiu instaurar este día para concienciar á poboación dos problemas que nos afectan en torno a contaminación, a conservación do medio ambiente  e a necesidade de coidar o noso planeta e promover a armonía entre natureza e planeta.

O noso proxecto anual está centrado en “Cambiar o mundo” polo que ao longo deste curso traballamos sobre coidado do medio ambente, reducir, reciclar e reutilizar, xestión de residuos,…

Deixamos unha pequena mostra dos traballos que realizaron coas propostas das mochilas viaxeiras sobre Arte reciclado.
Podedes facer manualidades e marcapáxinas con materiais de refugallo que teñades por casa.
Lecturas 
Preme na imaxe e accederas ao conto 
"¿Qué le pasa al planeta"
Poesía "Arbolidades"

20 abr 2020

PROPOSTAS PARA O DÍA DO LIBRO


O vindeiro xoves 23 de Abril, celebramos o Día do Libro e queremos propoñervos a todos e todas, alumnado, familias e profesorado que participedes para poder celebrar esta data dunha maneira diferente e especial.
Facemos dúas propostas:

1.-Faite unha foto lendo o teu libro favorito.

2.-Saca aos personaxes dos contos a pasear. Disfrázate do personaxe do teu conto ou libro preferido.

Enviade as vosas fotos ao seguinte enderezo electrónico Bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Con todas elas faremos unha montaxe que publicaremos no blogue. Animádevos!!!

En Abril...libros mil!!!#quedonacasa

19 abr 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020


Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gagoquen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
,
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!



FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

15 abr 2020

DÍA MUNDIAL DA ARTE


Hoxe 15 de abril celebramos o Día Mundial da Arte que conmemora o nacemento do artista italiano Leonardo Da Vinciunha das figuras científicas, humanísticas e artísticas máis importantes da historia.
A celebración desta data contribúe a reforzar os vínculos entre as creacións artísticas e a sociedade, a fomentar unha maior conciencia da diversidade das expresións artísticas a a por de relevo a contribución dos/das artistas ao desenrolo sostible. E a oportunidade para destacar a Educación Artística nas escolas, xa que a cultura é o camiño hacia unha educación inclusiva e equitativa.

A arte nutre a creatividade, a innovación e a diversidade cultural de todos os pobos do mundo, e desempeña un rol importante no intercambio de coñecementos  e no fomento do diálogo.

Para celebrar esta data A plataforma Google Arts & Cultura lanza un programa virtual para as familias con diversas actividades relacionadas con museos, animais, ciencia, libros e películas.
Aventuras no monte das artes. 
Resolve os retos da Raposa Fedella
É unha iniciativa da Cidade da Cultura con retos artísticos e creativos para resolver en familia e dende casa en torno ao Museo do Gaiás.
Percorrido virtual polos Museos de Galicia
Libros para celebrar este día

13 abr 2020

MÁIS RECURSOS #QUEDONACASA

Máis recursos para este tempo que temos que quedar na casa. (Preme nas imaxes)

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS
Esta páxina pon a disposición de todos e todas o catálogo de xogos tradicionais galegos para poder xogar na casa durante estes días de confinamento. Xogos tradicionais, xoguetes para construir, xoguetes con tapóns de cortiza, papiroflexia,…
PANDEMIA DE CONTOS
O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea na canle  de Youtube Pandemia de contos onde podes atopar diversas historias contadas por narradores e narradoras orais.
OS BOLECHAS
Xoga e aprende cos Bolechas.
OQUELEO NA CASA
Con diversas propostas e actividades para descargar.

PONTE…NAS ONDAS!
A Asociación Ponte…nas Ondas! Achega na súa web un feixe de propostas didácticas, en galego e portugués, para as escolas.

SOGAMA-CADERNO VERDE
Sogama, a través da súa plataforma educativa online “Caderno Verde”, tamén quere contribuír a que as semanas de confinamento sexan máis levadeiras para os pequenos/as da casa e que estes teñan a oportunidade de seguir interiorizando hábitos saudables e aprendan e gocen con distintas actividades de reciclaxe.
EU QUEDO NA CASA
É un conto de Ramón D. Veiga que pretende axudar a  entender como se senten os máis pequenos/as ante este situación de confinamento e a necesidade de ficar na casa.

6 abr 2020

LECTURAS #QUEDONACASA

Recollemos nesta entrada máis propostas de lectura que, grazas ás editoriais, podemos ler de forma gratuita na rede.(Premer nas imaxes)
-Ed. ANAYA 
Unha selección de lecturas para nenos e nenas de entre 3 a 11 anos.
-Ed. BRUÑO
-Ed. SANTILLANA
Loqueleo en casa. Lecturas para compartir en familia.
-BANG Ediciones coa colección Mamut para os máis pequenos/as.
-A editorial AIRA co cómic Carriandola
E tamén o xornal O PAPAGAIO, que como sabedes, recibímolo todos os meses na nosa biblioteca e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... 
Podedes ler varios números en formato dixital.

2 abr 2020

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O 2 de Abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e tamén o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


O lema deste ano é 


Decora a túa ventá ou balcón cunha tea azul ou fai un muiño de papel
Lecturas: 
-Colección Makakiños - Editorial Kalandraka en colaboración coa Asociación de Tratamento do Autismo BATA.
Imaxe do Blog Ed. Kalandraka
-Fálame - Ed. Kalandraka
-El Cazo de Lorenzo - Ed. Juventud
-María e máis eu - El Patito Editorial
   “El viaje de María”
Unha curtametraxe de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo.

1 abr 2020

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020


O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un acontecemento  instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2020, o homenaxeado é o arquitecto DOMINGO DE ANDRADE (Cee, A Coruña, 1639 - Santiago de Compostela, 1712).

O cartel conmemorativo, realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia compostelá. 
Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense. 
Entre as súas obras destacan a Torre do Reloxo e o Pórtico Real da Quintana da Catedral de Santiago. A escaleira de caracol do convento de San Domingos de Bonaval, a Casa da Parra e a Casa da Conga. Ademais, fora de Compostela realizou, entre outras, a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo.