26 feb 2013

XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013

       Do 2 ao 23 de marzo de 2013,
desenvolverase en Pontevedra   
XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 

          O tema deste ano éA TODA MÁQUINA!

O ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de músicainvitando a maquinar sobre as máquinas.
Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construir… proxectar as ideas e facelas realidade no Salón do Libro.
         Con actividades para todos os públicos e todas as idades: contacontos , teatro, música, obradoiros, monicreques , coloquios, ……e moitas cousas máis.
          A autora  homenaxeada é  Marilar Aleixandre.
          Neste enlace atoparedes toda a información:

20 feb 2013

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO : 24 DE FEBREIRO


O 24 de febreiro está recollido oficialmente como "Día de Rosalía de Castro" pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de "CANTARES GALLEGOS".
Tanto a Fundación Rosalía como  A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)organizan diversos actos e actividades para celebrar esta data.
(Preme na imaxe)
A AELG anima a agasallar cun libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
(Preme na imaxe ) 
Organízanse lecturas de poemas de Rosalía a partir das sete da tarde nas distintas vilas e cidades que poderá ir precedida ou acompañada da lectura dun manifesto que a propia AELG difundirá.
En Vigo será no Museo Marco ás 19:00 h
LECTURAS
Estas son as lecturas que recomendamos e  que están en exposición na biblioteca.


LIMS
Ceip Alexandre Bóveda
            
         
 
           


PRESENTACIÓN EN PREZI
Ceip de Andrade(Pontedeume)

 

19 feb 2013

DÍA DA LINGUA MATERNA : 21 DE FEBREIRO

     Desde o ano 2000, a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna. A Xunta de Galicia leva tres anos sumándose a este efeméride orientada a promover a transmisión interxeracional das linguas non dominantes co fin de promover o pluralismo lingüístico e, da súa man, a diversidade cultural da humanidade, aos que Galicia contribúe coa súa lingua propia, o Galego.

   Este ano, o Día Internacional da Lingua Materna ten como lema “O libro,eixe da educación en lingua materna”, trata de recordar que para apoiar a educación na lingua materna é fundamental apoiar tamén a produción de libros nas linguas  locais.

    Esto é o que  explica Irina Bokona, directora xeral da UNESCO, na mensaxe difundida con motivo desta celebración, preme aquí para acceder.

     “Los libros son una fuerza de paz y desarrollo que hay que poner al alcance de todos. Son también herramientas esenciales de expresión que participan en el enriquecimiento de las lenguas, al tiempo que preservan la huella de la evolución de las lenguas en el transcurso del tiempo. En la época de las nuevas tecnologías, los libros siguen siendo instrumentos preciosos, manejables, resistentes, prácticos para el intercambio de conocimientos, la comprensión mutua y la apertura al mundo. Son pilares de las sociedades del saber y están a la vanguardia de la promoción de la libertad de expresión y de la educación para todos”

Máis información nas páxinas:
 -Unesco.

16 feb 2013

LECTURAS CON CORAZÓN


Na Exposición que montamos na Biblioteca podedes atopar libros e lecturas sobre o cariño, a tenrura, o amor, a amizade, os bicos,...

"LECTURAS   CON   CORAZÓN"

...... Os Libros e as
Lecturas tamén nos namoran!!!!!!!

13 feb 2013

ENTROIDO 2013 NO "SEIS"


O ENTROIDO deste curso estivo centrado no tema da AUGA :
 Nubes, pingas, esquimais, tormentas, botellas de auga, esquiadores, paraugas e folerpas, un espectaculo de colorido no que  non faltaron os Lemas e a Pancarta
 "Por unha escola pública de tod@s e para tod@s"
que encabezou o noso desfile polo barrio.

Educación especial
"Folerpas"

 
Educación Infantil
"Nubes"

Primeiro
"Pingas de auga"

Segundo
"Esquimais"

Terceiro
"Tormenta"

Cuarto
"Botellas de auga"

Quinto
"Esquiadores"

Sexto
"Paraugas"

 
Primeiro Desfilamos no interior do pavillón e posteriormente o Pasarrúas polo barrio con música.
 
De regreso ao cole,lectura das Coplas ao Meco e indulto; xa que o Meco do Seis é defensor  da Escola Pública.


  Un ano e un pan
que logo se van
e os nosos recortes
presentes están.
 
Nadal sen extra,
agasallos non hai
e Wert coa Lomce
pisándonos vai.
 
Volvemos para atrás
corenta anos vista:
en educación somos
pra Europa unha risa.
 
Aquí está o Meco
do Seis do Nadal
defensor a ultranza
da escola universal.
 
Pensativo e amolado
invítanos a protestar,
Polas rúas tod@s xunt@s
debemos protestar.
 

Esquezamos diferenzas
de cor,raza e ideoloxía
defendamos a pública
con moita máis enerxía.
 
Este ano indultamos
ao noso Meco querido
danos forza para seguir
loitando a berro vivo.
 
Ao lonxe vense neboeiros
de tamaño descomunal
sobre veñen e sobres van,
recortando seguirán.
 
Non perdamos a esperanza
de recobrar o roubado
tod@s xunt@s loitaremos
polo ensino desexado.
 
Recibe esta ovación
de toda a comunidade.
Quédate con nós,amigo,
Por un ensino con dignidade.

E para rematar a festa,degustación de postres típicos deste época (orellas, filloas, flores,...) e BAILONGO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Grazas a tod@s e ás familias pola  constante colaboración!!!!!



9 feb 2013

OBRADOIRO DE COCIÑA NO ENTROIDO

POR ESTAS DATAS DE  ENTROIDO ,CADA ANO,FACEMOS UN OBRADOIRO DE COCIÑA I ESTE CURSO FORON  LOLI E BEA ,PROFES DE INFANTIL,AS COCIÑEIRAS E REPOSTEIRAS QUE  NOS PREPARARON ESTA RECEITA :
 

"PINGAS DE ENTROIDO
 CON ESENCIA DE NUBES"

 
 
 
 
 
 
 
 

NA ENTRADA DO COLE MONTAMOS  TODO O NECESARIO E,POR GRUPOS,O ALUMNADO ASISTIU Á EXPLICACIÓN (INGREDIENTES,PREPARACIÓN,ELABORACIÓN) E POSTERIORMENTE LEVARON A SÚA BANDEXA  E AS DEGUSTARON.
 
¡QUE RICAS ESTABAN ESTAS PINGAS !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!

8 feb 2013

4º MANDADIÑO DO MECO

XOVES,
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE,

FACEMOS ANTIFACES

CO QUE TIRA A XENTE,

(RECICLAR PARA AFORRAR).
 


4 feb 2013

MANDADIÑOS DO MECO

Lembrade
 OS  MANDADIÑOS DO MECO
para a semana:
 
LUNS 4 DE FEBREIRO
 
O LUNS, UN GORRO DEBES TRAER
SE A TÚA CABECIÑA QUERES PROTEXER.
 
MARTES 5 DE FEBREIRO
 
O MARTES,PIXAMA OU CAMISÓN
SE QUERES NO COLE,
DESFRUTAR MOGOLLÓN.
 
MÉRCORES 6 DE FEBREIRO
 
 MÉRCORES,
CHEGAMOS AOS PÉS,
ADEMAIS DE LAVADOS,
DEBEN VIR ADORNADOS.
 
XOVES 7 DE FEBREIRO
 
XOVES,
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE,
FACEMOS ANTIFACES
CO QUE TIRA A XENTE,
(RECICLAR PARA AFORRAR).
 
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

3 feb 2013

RECURSOS ENTROIDO

Xa estamos no Entroido e nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e actividades diversas para traballar o tema nas aulas.

coordinadora galega
dos equipos de normalización e
dinamización lingüística

vieiros da escola
 
galicia espallada

web de norberto
 
recompilación da biblioteca
"Recanto de mik"
 

recompilación da biblioteca
"outeiro de matilda"

                                                                          
lim
Entroido Tradicional Galego
Julia González González
Ceip Mestres Goldar de Vigo"
 

1 feb 2013

PARAUGAS POLA PAZ NO "SEIS"


O 30 de XANEIRO celebramos
O   DÍA   DA   PAZ
Durante a semana pasada estivemos traballando  o tema nas aulas :
-Poemas sobre a paz polo alumnado de 6º.
-Paraugas decorados con frases, palabras, verbas, debuxos de pombas e mans, pingas con mensaxes, paz en varios idiomas,.......
 
 
 
 
 
 
-O Colgante da Paz  en forma de pinga.
 
Frases   como : "A paz non ten cor",
"No camiño da paz o colexio atoparás",...
palabras  como :  Amizade, ledicia, apertas, bicos, amor, colaboración, compartir, diversidade, bondade, xustiza, solidariedade,......



E por fin chegou o día
Despois da hora do recreo todo o cole  fomos ao pavillón e fixemos un acto colectivo.
Cada grupo colocouse no círculo establecido para tal fin que estaba debuxado  no chan.
Visionamos, cantamos e escenificamos a canción "HIMNO DE LA ALEGRÍA ", na que o paraugas foi o protagonista.

Unha vez rematado, un representante de cada clase colocou o seu paraugas diante dun grupo de alumn@s de 6º que leron o MANIFESTO
"PREPOSICIÓNS POLA PAZ " e recitaron o poema "SOLO TRES LETRAS"
Foi un día cheo de ledicia e bos desexos.