Este mes o teatro foi o protagonista do Club de Lectura “Ás seis no Seis” da man da maravillosa e polifacética Paula Carballeira.
A autora conversou sobre a súa obra “As
alumnas”, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
Ao longo da tarde, acompañamos a Elvira
e a Rosa, que parecían cobrar vida nas palabras de Paula, no seu desexo de encontro.
Destacamos os aspectos máis salientables da lectura, enriquecidos polos
apuntamentos da autora, o seu traballo de documentación, reflexións sobre o
novo teatro occidental e a figura de director ou directora de escena e ata
experiencias persoais.
Asistimos á posta en valor da figura de
María Barbeito e tantas mestras silenciadas no franquismo mediante o xogo e as
palabras da nosa lingua. Grazas ao labor de Paula con “As alumnas”, ao traballo
a prol dunha educación libre e igualitaria e a lingua non caerán no
esquecemento.
O peche da xornada foi a sinatura dos
exemplares e compartir un café con postres caseiros.
Agora, só queda o agradecemento a Paula
e a vontade de reencontrarnos con “As alumnas”, este vez, nos teatros.