Chegou o Samaín ao Seis!!!
Durante
esta semana estivemos traballando sobre esta temática coas seguintes
actividades:
Exposición de lecturas terroríficas: de pantasmas, bruxas, cabazas, monstros...
Hora de
ler ás escuras
O 30 e
31 de outubro fixemos a Hora de Ler ás escuras. Coas persianas baixadas e coas
nosas lanternas desfrutamos das nosas lecturas. Pasámolo de medoooo…
lendooooo!!!
Exposición
de cabazas
Decoradas
coa temática deste curso (fotografía, cine…). Grazas ás familias pola vosa
colaboración!!!
Contacontos
A cargo
do voluntariado da biblioteca. Prepararon dous contos: “Corre, corre, cabaciña”
e “Os esqueletos divertidos” que contaron na Hora de Ler ás clases de Edº
Infantil. Fixérono xenial!! Grazas polo voso traballo.
Contos
de medo musicados
Inventados
polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria na aula de Música. Podedes escoitalos
premendo na ligazón.
https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2023/10/historias-de-medo-musicadas.html
Cartelería
de cine
Cada
clase elaborou o seu cartel cunha película de medo.
Cine de
medo
Comezamos este curso coas sesións de Cine na Biblio no recreo. Nesta
ocasión a temática foi cine de medo polo Samaín.
O luns 30 de outubro proxectouse para o alumnado de Infantil
e 1º Ciclo de Primaria "Corre, corre cabaciña" e "Fiz, o
coleccionista de medos". Dous contos da colección Contos do Camiño de OQO
que están na nosa biblioteca.
Para o alumnado de 3º a 6º de Primaria, o martes
proxectáronse "A bruxa regañadentes" da mesma colección e a "A
historia máis espeluznante de Mickey Mouse".
O alumnado acudiu coa sua entrada, que esta vez
tiña sorpresa, un código QR para poder ver as curtas na casa.
Pasamos un pouco medo... e moitas risas!!!
Robótica
Programación de Scratch para 6º con temática de Samaín (movementos
básicos e incorporación de textos con saúdos).