Na semana do 20 ao 29 de marzo recibimos moitas visitas de familias que viñeron con moitas ganas de contarnos un conto e de compartir o seu tempo con nós!!!
Da
gusto ver como desfrutan os nenos e nenas cando a persoa que conta é un/unha
familiar!!!
As
familias contaron:
Carolina,
nai de Maxi de 3º de Primaria, contounos a historia do científico Albert Einstein.
Sonia,
nai de Diego de 1º de Primaria, contounos “Ra de tres ollos”, da necesidade de
traballar en equipo para acadar solucións e a importancia das tres R, reducir,
reciclar e reutilizar.
Kirsa,
nai de Noa de 4º de Educación Infantil, contounos un conto moi divertido.
Aurora, nai de Marta, 6º Educación Infantil e de Andrés de 2º de Primaria, contounos “Os meus veciños”, un relato que nos amosa a naturalidade coa que os nenos e nenas ven o mundo.
Amada, nai de Antón, 1º de Primaria, contou “Mi
amigo extraterrestre”, unha
historia sobre a empatía e a capacidade de autocrítica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario