27 may 2020

OS MAIOS EN CONFINAMENTO DO SEIS

Este é o resultado das propostas que plantexamos para facer os maios e as coplas. Uns maios diferentes e confinados feitos con materiais diversos, de reciclaxe,... que tiñades nos vosos fogares.
Grazas pola vosa participación!!!!!

26 may 2020

15 ANOS DE LIX GALEGA


Bibliotecas Escolares publica a guía 15 anos de LIX Galega na que se recolle unha selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que, finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos.
Non están todos pero todos os que están son referentes de lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.

Son títulos que tiveron recoñecemento a nivel galego, a nivel estatal e a nivel internacional. 

GUÍA 15 anos de Lix Galega

DÍPTICO

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

22 may 2020

MURO DAS PALABRAS XEITOSAS


Unha das actividades que plantexamos para a Semana da Letras Galegas foi facer entre todos e todas O Muro das Palabras Xeitosas utilizando tetrabriks como base e creando no mesmo unha Palabra en Galego que para nós fora especial.

Este é o resultado das vosas aportacións. Moitas grazas pola vosa participación!!!

Preme nas imaxes para acceder aos muros.

 Educación Infantil
1º e 2º Primaria
3º e 4º Primaria
5º e 6º Primaria

18 may 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2020


Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos co lema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”.
O obxectivo é concienciarnos sobre a importancia dos museos como medio de intercambio cultural, o enrequecemento das culturas, así como para o desenrolo da comprensión mútua, da colaboración e da paz entre os pobos.

Ante a situación de pandemia a celebración organízase con actividades virtuais e en liña.
(Preme nas imaxes)
Percorrido polos Museos de Galicia con actividades diversas.

No Gaiás, Cidade da Cultura, Día dos Museos 2020, fan un percorrido por diferentes proxectos expositivos.
No Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, celebran esta data cun programa de actividades en rede, dirixidas a distinto público co tema desta edición. 
Lecturas

17 may 2020

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Canción de Uxía sobre un fragmento dunha poesía de  Ricardo Carvalho Calero do seu libro “Reticências”.

Uxía en colaboración con Tanxugueiras e Faia 
“A Fala”

13 may 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Proxecto educativo “As pitas  baixo a choiva”.
Composto por un conto, varios temas musicais e unha unidade didáctica elaborado pola coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora.
                 Preme na imaxe para ler o conto

Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero cedido por Edicións Embora que narra un feito anecdótico da infancia do autor.

Actividade interactiva sobre o conto na  web Primavera das Letras
Seminario Galán con actividades sobre este conto para Educación Infantil en pictogramas.

12 may 2020

RICARDO CARVALHO CALERO


Ao longo desta semana das Letras iremos publicando máis recursos para achegarnos á figura de Ricardo Carvalho Calero.

Nesta entrada coñeceredes un pouco máis ao autor homenaxeado a través dos seguintes xogos.
 (Preme nas imaxes)

XOGO DON RIDARDO

XOGO PARA INFANTIL
XOGO PARA PRIMARIA 
O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero
PARA OS MÁIS MAIORES

11 may 2020

LETRAS GALEGAS 2020


Aínda que todos os días son días en galego, para nós Maio é o Mes das Letras. A figura homenaxeada o 17 de maio, Día das Letras Galegas 2020, é o escritor RICARDO CARVALHO CALERO

Nas seguintes ligazóns atoparedes materiais e recursos para coñecer a súa vida e obra.(Preme nas imaxes)

PÁXINA WEB NA REAL ACADEMIA GALEGA
PRIMAVERA DAS LETRAS
SEMINARIO GALÁN
O PORTAL DA LINGUA
PORTAL DAS PALABRAS
A POESÍA DE CARBALLO EN SETE PALABRAS
SETE PALABRAS DO TEATRO DE CARBALLO 
REDE LECTURA 
Novidades Editoriais sobre Carvalho Calero
GAIÁS CIDADE DA CULTURA
Aventuras no monte das artes
Ricardo Carvalho Calero

4 may 2020

EN ABRIL... LIBROS MIL!

Neste mes dos libros estivemos moi ben acompañados nas nosas casas... Pasa o rato enriba destes edificios e compróbao!
Nós quedamos na casa, pero sacamos aos personaxes dos contos a pasear e este foi o resultado: 


Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!