21 jun 2018

GUÍA LECTURAS PARA O VERÁN

No monte ou na praia, ao sol ou á sombra,... calquera espazo, calquera momento é bo para coller un libro e desfrutar da súa lectura neste verán.
Poesía, contos, música,.... son as nosas recomendacións para que pasedes unhas boas vacacións e unhas lecturas moi, moi refrescantes!!!!   Feliz verán!!!

18 jun 2018

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA

Este curso chegaron á nosa escola seis pequenos robots co propósito de levar a cabo unha auténtica revolución. Foron quen de facelo? …atent@s

Para comezar, fíxose unha charla para todo o profesorado que tiña como finalidade ver qué eran estes pequenos robots, qué significaba a palabra Escornabot, que posibilidades e emprego podíamos darlle no noso traballo, coñecer algunhas actividades, experiencias e propostas que xa se levaban a cabo e eran unha realidade noutros centros. Para rematar esta primeira xornada presentamos  un dos pratos fortes do noso proxecto:  As Semanas Robóticas. Por agora todo un éxito, xa que todo o profesorado mostrouse interesado e participativo.
As semanas robóticas tiñan como  obxectivo que todo o alumnado coñecera os Escornabots e ver a implicación con eles. Para ela organizouse un traballo en cadea coas diferentes aulas, na que os rapaces e rapazas, explicarían uns a outros que son os Escornabots e a súa filosofía: -Faino ti mesmo…e faino con outros, montarían os Escornabots, farían taboleiros, poderían xogar, creación de carcasas e cada clase elixiría un nome para os diferentes robots. Comezou o alumnado de 3ºB, e foron dende 6º aos máis cativos de 3 anos.
Rematamos as Semanas Robóticas cunha votación por todo o alto na biblioteca para elixir os seis nomes definitivos, os axudantes de biblioteca tomaron rexistro, recontaron votos e acta de todo os participantes. Polo que os nosos Escornabots xa tiñan cadaquén o seu nome: R2D2, ALBONDIGUILLA, TERCIBOT, PUPABOT, LILI, BAT ….
Posteriormente, volvémonos  xuntar todo o profesorado para coñecer os resultados da avaliación das semanas robóticas, na que tod@s concluimos que fora todo un éxito, todo o alumnado participou moi activamente e moi motivado, quedándolle ganas de máis. Nesta xuntanza, o profesorado  tamén puido practicar con diferentes xogos, feitos polo equipo da biblioteca, e coñecer a ubicación que, tanto xogos como robots, terán para o seu emprego co alumnado.
E así chegaron para quedarse os Escornabots no noso colexio. Agora todo o profesorado e alumnado, na súa hora de asignación da Biblioteca, pode empregar e traballar con estes pequenos robots, Escornabots, que si revolucionaron polo menos durante unhas semanas a vida  da  nosa escola e que tod@s esperamos que de cara ao curso que ven sigan a conquistar aos nosos alumnos e alumnas e lles axuden a aprender mellor, a aprender diferente, a aprender a través do xogo e as tecnoloxías. Seguide atentos ao noso blogue!!!!

14 jun 2018

CADERNOS VIAXEIROS

A viaxe das mochilas chegou ao seu fin e xa están na nosa biblioteca.

Os materiais que proporcionamos tiñan por obxectivo desenvolver a imaxinación, despertar as emocións e favorecer as súas propias obras de arte.

-Receitas, para favorecer a creatividade na cociña.
-Poesía, para inspirar e crear arte con ritmo e movemento.
-Comics, para imaxinar e crear historias con personaxes fantásticos.

Con dúas propostas:
-Convidamos a ser LANDARTISTAS: facer creacións con paus, pedras, froitos,... e outros elementos da natureza (land-art), facerlle unha foto e pegala no caderno para que todos e todas poidamos desfrutar desa creación.
-PINTAR, empregando diferentes técnicas en función do nivel, Miró (debuxo automático) para infantil, 1º e 2º, Matisse (pintura con tesoiras) para 3º e 4º, Andy Warhol (litografías) para 5º e  6º.
Deixamos unha pequena mostra dos traballos realizados nos cadernos, que amosan o éxito da mochila. Grazas ás familias pola vosa colaboración!!!

11 jun 2018

LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA

Este é o terceiro curso que realizamos unha actividade de lectura compartida co Cep Celso Emilio Ferreiro.
O lugar escollido é o parque da Bouza, preto dos dous centros.
Os maiores de terceiro do Celso leron aos de infantil de tres anos do Seis. 
Buscaron un recanto para ler comodamente e desfrutar da merenda e dun tempo de xogo. Pasámolo moi ben!!!
O remate da xornada foi o intercambio de marcapáxinas!!!