Hoxe, 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, e
queremos compartir unha serie de lecturas con esta temática que facilitan o
diálogo, a solidariedade, o respeto á diferencia, a reflexión, a
sostenibilidade,...e facer un mundo máis xusto e igualitario.
Antonio García Teijeiro. Ed. Galaxia
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos.
Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz.
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ
Jeanette Winter. Ediciones
Ekaré
De pequena, en Kenia, Wangari vive
rodeada de árbores. Cando medra, comenza unha masiva deforestación e teme que
pronto todo o bosque sexa destruido. Entón decide sembrar nove árbores e comenzar un movemento ecolóxico. Wangari Maathai recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004.
UNHA LONGA VIAXE
Daniel Hernández Chambers. Ed
Kalandraka
Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, unha obra
oportuna e necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade con
millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e en liberdade nun mundo sen fronteiras.
PEQUEÑOS GRANDES GESTOS POR LA TOLERANCIA
Francisco LLorca. Alba Editorial
Francisco LLorca. Alba Editorial
A través de historias reais veremos a importancia que ten aceptar aos demais tal e como son e que a vida é un espazo compartido con outro.
O VELEIRO VERDE
María Fumaça. Ed. Galaxia
María Fumaça. Ed. Galaxia
Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo!
A familia María Fumaça inicia unha nova
viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións
para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a
nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.
NINGUÉN COMA MIN
Ignacio Chao. Ed. Kalandraka
Os delirios de grandeza dun ditador, a
egolatría e o afán de perpetuación nunha metáfora, máis real do que parece, sobre
os abusos do poder.