Continuamos, por segundo ano, no programa de Biblioteca Creativa. Coa dotación económica,
adquirimos unha impresora 3D e bolígrafos 3D.
O primeiro que fixemos foi formación,
recibida por Luis, do Centro Gallego de Robótica Educativa. Durante varios días,
ensinounos a todo o profesorado a deseñar os nosos proxectos e, a utilización e
mantenemento da impresora 3D.
Despois
de recibir esta interesantísima formación puxémonos mans a obra, deseñamos
chaveiros para agasallar ós autores/as e colaboradores/as que viñeron ao centro
durante este curso. Estes chaveiros tamén serviron de agasallo para o alumnado
participante na actividade “Un mes – Un reto”.
Imprimimos
repostos para os nosos escornabots, sobre todo, rodas para que non paren de
camiñar.
Formamos
ao noso alumnado no programa Tinkercad e botándolle creatividade, deseñaron con
toda a súa imaxinación o que quixeron. Nestas fotos podedes ver algúns deseños.
O
alumnado de Infantil e Primeiro, con este mesmo programa, na PDI, debuxaron as
súas bolboretas para celebrar os Maios, que despois demos vida na impresora.
Foi alucinante!!!
E así, pouco a pouco, seguiremos creando!!!