30 nov 2013

30 ANOS DE HISTORIA

O DOMINGO DÍA 1 DE DECEMBRO ÁS 18:00 HORAS NO PAVILLÓN CENTRAL DE "AS TRAVESAS" TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN OFICIAL "30 ANOS DE HISTORIA" DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA
"SEIS DO NADAL"-COIA

29 nov 2013

FEIRA DO OUTONO

Este ano  celebramos unha Feira do Outono cunha gran variedade de productos e actividades feitas polo alumnado.
Cada curso tivo o seu posto para "vender"os seus productos (traballos).
O alumnado de Educación Especial elaborou unha cesta espectacular,con uvas,cogumelos,cabazas,follas, landras, etc.. en papel de cores.
Os máis pequenos de Infantil, aportaron castañas, ourizos, landras, avelás, piñas, mazorcas de millo,noces,....Elaboraron debuxos coas mans simulando árbores marróns,figuras con follas,bonecas con cabezas de castañas.Ademais elaboraron galletas que parecen follas coas cores do outono e marmelada de mazá en dous obradoiros de cociña.Estaba boísima!!!
Os de Primeiro, co título Outonadas,puxeron un posto interactivo, no que se podía xogar ao tres en raia con noces, avelás e castañas ou facer composicións con follas de gingko.Tamén fixeron poemas sobre o outono con grande imaxinación.As follas de gingko servíronlles para facer de corpo a bonecas que bailaban a ópera do lago dos cisnes e quebranoces.Os debuxos das árbores e deles xogando cos xogos populares eran dunha grande creatividade.
O alumnado de Segundo decantouse por facer imáns de mazás,cabazas e cogumelos.Tamén fixeron cabazas de todos os tamaños con tiras de cartolinas laranxas.
A contribución dos de Terceiro consistiu en facer composicións plásticas ao que lle chamaron Cores de outono,con distintos materiais.Escribiron contos e poemas.
O obradoiro de froitas e receitas de cociña foi responsabilidade dos de Cuarto.Os animais ou obxectos feitos coas froitas : plátano-can, pitiño-limón, raposo-pera, bicicletas-laranxas,..e tamén trouxeron froitas, polas e follas para o seu recoñecemento e vocabulario.Pintaron bodegóns con distintas técnicas plásticas.

A arte impresionista foi empregada polo alumnado de Quinto,estando moi logrados os seus cadros coas diversas tonalidades outonais.Investigaron os distintos tipos de follas facendo cadernos,escribiron e decoraron poemas outonais  e tamén estudaron o castiñeiro.Aprenderon un montón!!!
Os de Sexto centráronse na vendima,e ata trouxeron cepas, máquina sulfatadora, canistrelos, capazos e sacos de uvas.
Presentación en imaxes

27 nov 2013

OBRADOIRO CIENCIAS


A través do Servizo de Normalización Lingüística  do Concello de Vigo e de FAIA(Educación ambiental),o alumnado de participou nun obradoiro "Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas".
 
Falamos de prantas aromáticas, os seus arrecendos, usos tradicionais, variantes, tradición oral,...e o proceso de destilación que da como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial de planta.

26 nov 2013

CULTURGAL 2013


CULTURGAL
 A Feira das Industrias Culturais
chega a súa sexta edición.
É un espazo de encontro e difusión do sector cultural galego: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías.
No Pazo da Cultura en Pontevedra os días 29,30 de novembro e o 1 de decembro,achégate e poderás disfrutar de circo,contacontos,teatro,música,libros,
obradoiros,exposicións.
Este é o PROGRAMA

25 nov 2013

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar esta data, celebramos un acto colectivo co seguinte programa:

-Lectura do Manifesto contra a violencia de xénero elaborado polo alumnado de
-Durante o acto escoitamos 
"Y tú....¿de qué vas?" (yo voy de morado)
-Entrega dos lazos ao alumnado e profesorado

-Como remate do acto colocamos a pancarta no exterior do cole.
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe,25 de Novembro celebramoso Día Internacional contra a Violencia de Xénero e nós,os rapaces e rapazas de 6º ,facemos a seguinte reflexión:
-Que é para nós a violencia de xénero?
Pensamos que é  o maltrato físico e psicolóxico dirixido á muller.
Pensamos que suceden estas conductas por un sentimeno discriminatorio nunha parella do home cara á Muller.
-Que podemos facer nós rapazas e rapaces da Primaria para loitar contra estas conductas?
-Rexeitar as ameazas.
-Non consentir os insultos.
-Nunca tolerar  a discriminación.
-Aceptar as compañeiras e compañeiros,sexa como sexa o seu aspecto e maneira de ser.
-Que actitudes debe haber entre un home e unha muller?
Igualdade,respecto,diálogo,confianza,comprensión,tolerancia,amabilidade,
solidariedade,cordialidade.
Pois,as mesmas actitudes que debe haber entre todos os seres humanos.
Temos que medrar sabendo que os homes e as mulleres debemos ter as mesmas oportunidades,as mesmas necesidades.
Comprender que cada persoa ten o seu espazo vital,que hai que respetalo,sen invadilo para vivir en armonía.
-Que obxectivos queremos acadar?
-Desenvolver unha actitude de tolerancia e respecto cara as outras persoas.
-Entender que é preciso solucionar os conflictos antes de que sexa tarde.
-Desenvolver unha actitude de rechazo fronte ás ameazas.
-Aprender a valorar os aspectos positivos dos compañeiros/as.
-Entender que todos somos iguais e que precisamos afecto para vivir.
Se dende pequenos e pequenas desenvolvemos estas actitudes e acadamos estes obxectivos,nós que somos o futuro,viviremos nun mundo mellor.Nun mundo de IGUALDADE.

24 nov 2013

25 DE NOVEMBRO: "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"


Mañá  25 de Novembro, é 
 o Día Internacional
Contra a Violencia de Xénero

A campaña do Secretario Xeral ,ÚNETE, para por fin á violencia contra as mulleres , proclamou o 25 de cada mes Día Laranxa. Entre outras actividades, nese día invítannos a levar unha prenda desa cor para resaltar o chamamento a erradicar a violencia contra as mulleres.
Este ano a campaña ÚNETE extende ese Día Laranxa a 16 días de activismo contra a violencia basada no xénero,dende o 25 de novembro no que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de decembro,Día dos Dereitos Humanos.
Para mañá   temos organizado un Acto Colectivo: lectura do Manifesto contra a violencia de xénero,elaborado polo alumnado de ,entrega de Lazos e colocaremos a Pancarta nunha zona visible do cole.
Na Biblioteca temos  a exposición
"LECTURAS PARA A IGUALDADE"

Máis  Información e Recursos 
 nas seguintes ligazóns:
(Preme nas imaxes)

http://www.un.org/es/events/endviolenceday/
 

  NACIONES UNIDAS

http://www.un.org/es/women/endviolence/

 

ÚNETE

http://www.igualdadevigo.org/?sec=1
 

 
IGUALDADE  VIGO

http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/datasedatos.html

 
DATAS
 E
 DATOS PARA LEMBRAR

http://www.stegsindicato.org/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/2013/ud_25n_2013_galego.pdf


 
STEG
"UNIDADES DIDÁCTICAS"
 

https://sites.google.com/site/recursosviolenciadexenero/
 
 

BIBLIOTECA
" VÍCTOR SÁENZ"

https://sites.google.com/site/coeducacionigualdade/

  
BIBLIOTECA
" RECANTO DE MIK"



 

20 nov 2013

20 de Novembro:DEREITOS DA INFANCIA

En 1956, a Asamblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituira en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade  e á comprensión entre os nenos  as nenas do mundo enteiro e  destinaríase  a actividades para promover o  benestar dos  nenos do mundo.
 
 O 20 de novembro conmemórase  a data na que a Asamblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do neno en 1989,que é un tratado internacional con 54  artigos que recoñecen que todas as persoas menores de 18 anos teñen dereito a ser protexidos,desenvolverse e  participar activamente na sociedade.
A Biblioteca organiza  unha Exposición de fondos e algunhas das Lecturas  que recomendamos son:
Nas seguintes ligazóns atoparedes Recursos para traballar o tema:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Dereitos_do_neno
 
  
Wikipedia
http://www.enredate.org/cas/dias_mundiales/dia-universal-del-nino
  
Enrédate.org
Unicef
 
http://www.rayuela.org/index.php?id=9
 
 
Rayuela.org
 
https://sites.google.com/site/recursosdereitosdoneno/
 
 
Biblioteca
Víctor Sáenz

18 nov 2013

MAGOSTO 2013 NO "SEIS"


O luns 11,San Martiño,celebramos o MAGOSTO.
Durante a semana anterior estivemos traballando o tema nas aulas,infantil preparou os cestiños para as castañas,os cucuruchos,....
Os nenos e nenas trouxeron de casa colares de follas e castañas,diademas,sombreiros,... e leña.
Cada curso tiña o seu bidón e as mestras asaron as castañas.
Seleccionamos varios xogos, populares: peón, canicas, pano,...e outros: bolos, brilé, cadeiras, con balóns,.... e infantil xogou con circuitos,......
O remate dos xogos foi o baile cos globos,buscamos unha parella e logo co globo colocado entre os dous bailamos e tentamos explotalo.
Despois de xogar tocaba degustar e probar as castañas,¡que boas  que estaban!E non podía faltar  tiznar as nosas caras.
Nesta presentación veredes o ben que o pasamos!!!!!

17 nov 2013

A CASTAÑA DEPORTISTA

Este curso imos celebrar o 30º Aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal que engloba ao Clube de Baloncesto e de Balonmán,polo que as actividades colectivas que realizamos xiran arredor deste tema.
 
Unha das actividades que prantexamos  para o Magosto foi deseñar unha Castaña Deportista que tivera relación con estes dous deportes. 
Mirade que imaxinación e creatividade.
Quedaron impresionantes!!!!
Grazas familias pola vosa colaboración!!!!

13 nov 2013

CAMPAÑA "VIGO RECICLA"

Unha unidade móvil de Vigo Recicla visitou o colexio para fomentar a reciclaxe no alumnado de 3º e 4º.
Unha monitora deu unha explicación sobre a reciclaxe a través dunha historia cuxos personaxes son Recicliño e Recicliña,que naceron fai 10 anos cando a cidade de Vigo comenzou a reciclar .
Trouxeron 4 colectores,un amarelo(para envases plásticos,briks e latas), un azul (para papel e cartón),un para pilas e un novo verde (para o vidro) e un para o lixo en xeral.Posteriormente á explicación participan nun xogo:entrégaselles un residuo e teñen que depositalo no colector que lle corresponde.

Aprenderon como seleccionar os residuos e poder facelo nas súas casas e converterse tamén nuns heróes da reciclaxe.

O remate recibiron  unha bolsa de reciclaxe cunha camiseta,un antefaz e un comic informativo.

10 nov 2013

LIBROS QUE VAN E VEÑEN


     As bibliotecas escolares contemplamos algunhas actividades pensadas para implicar ás familias na formación dos nenos e nenas como lectores.
 
     As mochilas viaxeiras ou as pequenas mochilas destinadas ao alumnado de infantil, e que serven para gardar o libro que collen en préstamo na biblioteca para levar á casa, son dous exemplos destes LIBROS QUE VAN E VEÑEN e que vinculan á biblioteca coa casa, espazos privilexiados para iniciar aos máis pequenos na lectura.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/u2/fotos_albumes_22.jpg 
Esta semana escomenzaron a súa viaxe.
 
Van acompañados dun Pasaporte Bibliotecario para que o alumnado  de cinco anos escriba o título e faga un debuxo do libro que levou en préstamo.
 
Enlace ao  tríptico informativo destinado ás familias.
 
 Un exemplo do pasaporte bibliotecario do curso pasado no que amosan a súa creatividade e imaxinación.