Coas persianas baixadas, as luces apagadas e coa nosa lanterna, descubrimos
moitos contos e historias creadas por nós para un samaín terrorificamente
divertido!!!
Pasámolo de medooo... lendooo!!!
Coas persianas baixadas, as luces apagadas e coa nosa lanterna, descubrimos
moitos contos e historias creadas por nós para un samaín terrorificamente
divertido!!!
Pasámolo de medooo... lendooo!!!
O voluntariado da biblioteca xa escomenzou coas primeiras contadas deste curso.
Durante a semana pasada estiveron preparando e ensaiando varios contos que contaron na Hora de Ler ás clases de Edº Infantil.
Coral e Laia
contaron unha historia sinxela e divertida cun protagonista capaz de esquecer
as súas preocupacións para axudar aos demais, “Fab. O monstro amarelo”.
Os protagonistas deste conto van marchando aos poucos: rimas que
nunca acaban, foi o que nos relataron, de maneira divertida, Raquel e Naiara.
E rematamos con Petra e Xulia que nos contaron a
historia do bruxo “Carabuñas”.
Fixérono xenial!! Grazas polo voso traballo.
A festa do Samaín será a protagonista do noso primeiro programa da Radio do Seis deste curso.
A clase de 6ºB preparou un programa cheo de música e de información sobre a historia deste celebración tradicional.
Agardamos que o desfrutedes!!
En outubro comenzamos coas sesións de Cine na Biblio, nos recreos.
Nesta ocasión, a temática foi “cine de medo” polo Samaín.
Para o alumnado de 3º a 6º de Primaria, o venres 25 de outubro,
proxectáronse "A meiga chuchona” e “Meigallos, sombras e papas de arroz”.
O luns 28 de outubro, proxectouse para o alumnado de Edº Infantil e 1º Ciclo de Primaria, "Corre, corre cabaciña" e "A bruxa regañadentes". Dous contos da colección Contos do Camiño de OQO que están na nosa biblioteca.
O alumnado acudiu coa sua entrada, que tiña un código QR para poder ver as curtas na casa.
Pasamos un pouco de medoooo...!!!
Con motivo do Samaín, o Equipo de Biblioteca, fixo unha selección de fondos bibliográficos sobre pantasmas, bruxas, cabazas... cos que organizamos unha exposición chea de medo!!!
Tamén incorporamos
varias novidades desta temática ao noso catálogo.
O 29 e 30 de outubro faremos a Hora de Ler ás escuras.
Non te esquezas de
traer a túa lanterna para poder alumear o teu libro.
Pasarémolo de
medooo…lendooo!!!!
Programa de actividades que se desenvolverán na semana do 28 ao 30 de outubro no que celebraremos o Samaín: lecturas, contacontos, exposición de cabazas, photocall, cine...
Nesta semana demos comenzo coas actividades na biblioteca: escollemos os libros que levamos en préstamo, preparamos os pasaportes lectores, vimos as primeiras novidades, cada aula recolleu a súa mochila viaxeira, o voluntariado comenzou co seu traballo solidario e de contacontos, recordamos normas de funcionamento...
As Mochilas Viaxeiras iniciaron a súa
andaina aos vosos fogares dende este mes ata finais de maio que regresarán á
biblioteca.
Con esta proposta queremos que as
familias poidades compartir momentos en torno aos libros e a lectura.
Levan unha carta explicando o seu funcionamento
e un listado do material así como un caderno viaxeiro, en branco, para escribir,
debuxar, pegar unha foto, suxerencias... deixar a vosa pegada para compartir co
resto da aula!!!
Tamén acompaña unha proposta de
actividade para facer en familia, relacionada co PDI, que logo formarán parte
da exposición que organizaremos no centro.
Agardamos que as desfrutedes!!!
Outro curso máis a biblio abre as súas portas para engaiolarnos coas súas aventuras, misterios e retos; ofrecéndonos un lugar para a lectura, a aprendizaxe e o lecer.
Con motivo desta apertura, contamos coa visita de Anxo Moure que nos lembrou a importancia de coidar o planeta movéndonos de forma sostible, de coidar as árbores facendo fincapé nas árbores autóctonas e incluso da importancia de quererse a un mesmo e de tratar con respecto aos demais a través da historia de Xacia.
Falounos de diferentes
oficios tradicionais e contounos a historia de "Caramulo e a carpinteira dos
soños".
E, en medio de tantos
contos, tamén houbo tempo para cantar e bailar, xa que a biblio non só é un
espazo de lectura, senón tamén para compartir momentos que non esqueceremos.
Grazas Anxo, artesán da
palabra!!!
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administración autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección
Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das
Bibliotecas, este 24 de outubro de 2024.
A edición deste ano, baixo o lema “Por un futuro
sostible”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as
tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitárias, especializadas
e nacionais/rexionais) na consecución
dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades cos usuarios/as, as
bibliotecas contribúen a construir unha sociedade cada vez mellor informada, máis
igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
As bibliotecas son espazos accesibles, abertos á participación da cidadanía,
que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e
continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa
ofrecendo recursos, información e apoio, lugares que contribúen á formación
dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e
planificación de atividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda
2030 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas quedara
atrás.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que pon en contacto con ese outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
FONTE:BIBLIOTECAS ESCOLARES
O vindero luns 21 de outubro a biblioteca abre as súas portas.
Todas as aulas recibiron a carta para o convite que Broli enviou para celebrar
a súa apertura e a semana da biblioteca escolar!!
Agárdanvos moitas viaxes, aventuras, retos e investigacións.
Son varias as actividades programadas para esta semana, que todos e todas
estamos agardando:
-Recoller a nosa mochila
viaxeira que iniciarán a súa andaina aos vosos fogares.
-Reunión dos Clubs de Lectura
do alumnado de 5º e 6º.
-Podemos ver a exposición de
novidades.
-Realizar os primeiros prestamos
deste curso.
-Desfrutar dos recursos e
materiais da biblioteca nos recreos...
O martes 22 de outubro, contaremos coa presenza do escritor e contacontos Anxo Moure, que realizará unha animación lectora para todo o alumnado do centro, en diferentes quendas, por xentileza do Consorcio Editorial Galego.
O mércores 23 de outubro, o Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”, terá un encontro literario coa escritora Ledicia Costas para conversar sobre o seu libro “Pel de cordeiro”.
Agardámosvos!!!
FELIZ SEMANA DA BIBLIOTECA!!!
Continuamos coas visitas relacionadas co noso PDI “Feira artesanal”, e o venres 18 de outubro, recibimos ao cesteiro, músico, artesán de instrumentos musicais e divulgador da nosa cultura e tradicións LUÍS DO RÍO.
Compartiu co alumnado unha charla sobre instrumentos musicais feitos con materiais naturais: pallas, canas...
Explicounos o proceso de creación e vimos diferentes exemplos (pipa de herba, asubiote, pito do pastor...) e tamén poidemos facer música coas palletas. Moitas grazas Luís!
O alumnado de 2º de Primaria visitou o Museo Liste. Foi como viaxar no tempo!
Puideron
visitar dúas exposicións. Nunha, chamada “Os sons do traballo” escoitamos os
sons dos antigos oficios, carpinteiro, costureira, ferreiro... e vimos como se
facían as cousas. Foi como estar nunha película!
Despois,
exploramos o museo e vimos moitas cousas
curiosas. Había un tear, xoguetes antigos, hórreos... ata un carro de
madeira!
Foi un
día xenial para aprender e converternos en auténticos expertos/as artesáns!!
O luns 14 de outubro, inauguramos unha nova tempada do Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”. Este será o noso terceiro ano no que nos reuniremos na biblioteca, unha vez ao mes, para conversar sobre as lecturas escollidas ao longo do curso.
Iniciamos a nosa andaina literaria co último libro da escritora Ledicia
Costas, “Pel de cordeiro” xa que contaremos coa presenza da autora o vindeiro mércores
23 de outubro.
Cada unha de nós foi aportando as súas reflexións e
opinións sobre as protagonistas,
Catarina e Lola, o contexto histórico, a temática (bruxería, erotismo,
maternidade...).
Nesta xuntanza non podía faltar o café e os doces caseiros para endulzar as nosas conversas.
Un libro no que Ledicia Costas adéntrase no mundo da fantasía, do medo e dos espíritos, do “alén”, un tema moi presente no seus libros de literatura infantil e xuvenil como “Escarlatina, a cociñeira defunta, Os minimortos, Esmeraldina...”.
A seguinte lectura escollida será “Os anos tranquilos” de LLerena Perozo Porteiro.
A través do libro “Curiosity” de Markus Motum, viaxamos ata Marte como pequen@s astronautas!!
Nesta aventura
espacial, os nenos e nenas de 2º de Primaria empregaron o robot Mbot para
simular a misión do Curiosity no planeta vermello e aprender un pouco máis
sobre o sistema solar e a terra.
Con moita emoción, os cativos e cativas dirixiron o robot para que seguiran as indicacións das diferentes tarxetas e así explorar un pouco máis sobre el.
Que divertido foi ver como o Mbot se movía dun lado a outro, superando obstáculos para chegar a unha sorpresa, unha maqueta do propio Curiosity elaborado coa nosa impresora 3D.
Iniciamos o PDI deste curso “Feira artesanal no Seis do Nadal” coa primeira colaboración das familias do centro.
Neste ocasión visitounos, o redeiro “Cucho” que viu
acompañado do seu fillo Santi, avó e pai de Roi, alumno de Edº Infantil.
Todos e todas estivemos moi
atentos/as observando como "Cucho" cosía unha rede.
Moitas grazas!!!
Estes días os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de
EP tivemos a sorte de poder participar nun obradoiro de lingua de signos.
Ao principio, non sabiamos moito sobre como se
comunican as persoas con dificultade na fala ou na escoita, pero ao final do
obradoiro xa sabíamos dicir o noso nome.
Aprendemos o abecedario, expresións básicas como dar
as grazas... facéndonos sentir moi ben, posto que estes coñecementos
permitirannos comunicarnos con máis persoas, estando desta maneira máis
conectados co mundo.
Grazas a este obradoiro fomos conscientes da
importancia da nosa expresión corporal e facial e da cantidade de información
que damos cos nosos xestos, así como da importancia do silencio para poder
facelo correctamente.
Gustaríanos aprender máis cousas, xa que fíxonos
pensar no importante que é que todos poidamos falar entre nós, sen importar se
podemos ou non escoitar.
Foi unha experiencia moi chula e diferente do que
facemos normalmente no cole.
Grazas
Zazú!