22 may 2016

CONTACONTOS

O xoves 19 de maio o alumnado de primeiro disfrutou dun contacontos da man de Iago López nunha actividade de animación á lectura co libro "Augusta e os seus medos".
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Pasamos un rato moi divertido!!!!

19 may 2016

TRABALLOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS

Na Semana das Letras Galegas, estivemos realizando diversas actividades sobre o autor homenaxeado MANUEL  MARÍA
No vestíbulo do cole montamos murais que decoramos cos seus poemas e libros . Un retrato feito por un compañeiro  xa xubilado e unha dedicatoria de Manuel María cando visitou o centro no ano 1992.

Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos  diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre o autor que se entregou ás familias.
Realizamos caligramas, ilustramos e fixemos debuxos dos seus poemas, recitamos os seus versos, retratos, actividades en liña,...

Recollemos nesta presentación unha pequena escolma dos distintos traballos

16 may 2016

BERENGUELA DE MANUEL MARÍA

Para celebrar o Día das Letras Galegas o venres 13 de maio, o alumnado de 5º B interpretou e puxo en escea unha adaptación da obra de Manuel María:
"Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo"
Fixérono xenial!!!!
Tamén participaron con esta mesma obra nas VII Xornadas Municipais  de Teatro Escolar no Auditorio do Concello.
Unhas imaxes da súa representación no cole

12 may 2016

VISITA DE FRAN ALONSO

Onte Fran Alonso falounos de cales eran as catro patas da poesía: a palabra, o silencio, a música e a maxia.
Con estes catro elementos e moita poesía engaiolou ao alumnado de 3º que leu o libro  
"O meu gato é un poeta".
Ao longo da súa exposición Fran empregou diversos obxectos e música que acompañaron ao recitado dos poemas interactuando co alumnado e facéndoos partícipes con sons, repetindo estribillos,...
Leunos poemas de Uxio Novoneyra e de Manuel María.
Houbo tempo para facer preguntas e para que os nenos e nenas recitaran e rapearan diferentes poemas do seu libro.
Rematamos a súa visita coa entrega dun agasallo e asinando nos libros dos alumnos/as.

Grazas Fran!!!!

11 may 2016

SABELA GAGO NO SEIS

O 10 de maio contamos coa presenza de Sabela Gago, que realizou unha maravillosa actividade de contacontos para o alumnado de 6º.
Contando coa axuda de tres alumnos/as e do resto do alumnado, colaborando como técnicos de efectos, elaborou e escenificou un conto.
Traballou dun xeito lúdico e práctico o modo axeitado para elaborar textos: sen esquencer o plantexamento, nu e desenlace, transformando ao alumnado en personaxes de conto con elementos tan sinxelos como gorros e anacos de tea.

Logrou a implicación de tod@s e mantivo a intriga do desenlace ata o final.

Grazas Sabela!!! Pasámolo xenial!!!


9 may 2016

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

Hoxe o alumnado de educación infantil disfrutou dunha contacontos moi especial, Raquel Queizás. Viu coa súa maleta cargada de historias e contos cheos de maxia.
Aventuras dunha pinga de auga, O oso gruñón e Un xarrón da China, foron as historias contadas que falan de emocións e de sentimentos.
Os nenos e nenas participaron facendo xestos, sons, saíndo e sendo os protagonistas do conto, bailando, ....
Pasámolo xenial!!! Grazas Raquel !!!

8 may 2016

MANUEL MARÍA, LETRAS GALEGAS 2016

Xa estamos en maio, mes no que celebramos as LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado a MANUEL MARÍA. 
Levamos traballando todo o curso os seus poemas pero fixemos unha selección de recursos para coñecer máis en profundidade a súa vida e obra.

Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
Seminario Galán
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Real Academia Galega: "Primavera das Letras"
Casa-Museo  Manuel María
Páxina de Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega(AELG)
Todo o centro imos recitar o poema  
"O Carro"
Lim sobre "O Carro Galego"  de Concepción Arias 
Ceip A Magdalena
"O Carro" musicado por
 Fuxan os Ventos 

5 may 2016

O MAIO DO SEIS

Coincidindo co inicio do mes de maio celebramos  a festa dos maios.
As  familias foron aportando os distintos elementos decorativos (fentos, calas, pampillos, xestas, fiuncho, flores,......) cos  que recubrimos a estructura do maio.
O alumnado foi participando e colaborando neste traballo .
Ao día seguinte e por clases fomos cantarlle as coplas que tiñamos preparadas.
Grazas ás Familias pola vosa colaboración!!!
Unha mostra do que foi o noso maio.


4 may 2016

CONTACONTOS

Hoxe o alumnado de infantil, 1º e 2º difrutou dun contacontos en inglés grazas a Kids&Us Vigo.
Storytime Gina Ginger's Birthday Party . Narra a historia de Gina, unha nena que quere celebrar a festa de cumpreanos pero ningún dos seus amigos pode asistir. Pero Gina non sabe que en realidade estanlle preparando unha festa sorpresa!!!!
Pasárono xenial, divertímonos, acompañamos repetindo palabras, bailamos,... Grazas!!!! 

2 may 2016

OS MAIOS

"Aquí ven o maio 
de frores cuberto
puxéronse á porta
 
cantándome os nenos
i os puchos furados
 
pra min estendendo
pedíronme crocas
 
dos meus castiñeiros........"

(Manuel Curros Enríquez)

Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "MAIO", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Hai diferentes interpretacións sobre a súa orixe. Algúns a sitúan no Paleolíticomomento no que xorden os cultos agrarios e outros no Neolítico, co nacemento da agricultura e coa celebración do espertar da natureza, a protección de vexetais e animais.

Os maios acompáñanse de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.

En Galicia hai varias Manifestacións:
Agrarias, pecuarias, mariñeiras, lúdicas, amorosas,...

OS MAIOS EN VIGO
A Asociación veciñal e cultural Casco Vello organiza a Festa dos Maios o vindeiro domingo 8 de maio.

1 may 2016

RESUMO ACTIVIDADES DE ABRIL

Foron moitas e diversas as actividades que desenvolvemos ao longo do mes de abril. Algunha delas xa poidestes velas nas distintas entradas publicadas (encontro con escritores , mercadiño solidario,obradoiro de kamishibai, apadriñamentos lectores,...) pero quedaban pendentes  algunhas máis.
Este é un resumo delas:
ENCADERNACIÓN ARTESANAL
Miguel, pai dunha alumna do centro, explicou aos nenos e nenas de 3º e 4º o proceso de encadernación artesanal.
Escomenzou contándonos brevemente a historia da arte de encadernar,... para continuar presentándonos a maquinaria que se emprega, os materiais e os diversos pasos no proceso de encadernación.
Foi unha charla moi interesante!!! 
OVIRAVAI
Poidemos desfrutar dun espectáculo musical co grupo Oviravai que presentou o seu libro-cd "As andanzas de Paio". Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventura.
Que ben o pasamos coas súa música e cancións!!!!
CHARLA KAMISHIBAI
Amalia Pérez Otero e Eugenia Fernández impartiron unha charla ao profesorado  sobre o Kamishibai e as emocións. Explicaron que é o kamishibai e as posibilidades como recurso para traballar a expresión e narración oral e remataron contando un conto: "O sol , a lúa e o mar".
EXPOSICIÓNS
Montamos diversas exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro na que os libros foron os protagonistas:
                                 Lendo aquí e acolá
Coas fotos que o alumnado fixo coas súas lecturas nun lugar en vacacións.
Libros pop-up, libros que falan de libros , traballados sobre as lecturas obrigatorias, Cervantes e Don Quijote, ...
O CLUB DE LECTURA RECOMENDA
O club de lectura reuniuse para recomendar as súas lecturas favoritas aos seus compañeiros e compañeiras.
CONTOS EN KAMISHIBAI
O alumnado de 6ºC que participou no obradoiro de kamishibai, creou os seus contos que contaron ao alumnado de educación infantil na hora de ler.
Presentación en fotos