25 may 2014

O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO

O venres 23 contamos coa presencia  de Suevia Sobral e Riu, para presentarnos o seu  libro-disco
 "O meu marabilloso sombreiro".
Contaron o conto coa técnica de Kamishibai,en galego e xaponés, acompañados das marionetas e de cancións  xaponesas  que soaban cada vez que había que pasar unha das páxinas .
O alumnado de cuarto fíxolle moitas preguntas sobre o libro ,o kamishibai e,sobre todo,querían coñecer  cousas de Xapón (as vivendas,a maneira de vestirse,que estudian,......) .
Rematamos a sesión cantando tod@s xuntos en xaponés  a canción
"O elefante Zosan" .
Despois de pasar unha sesión marabillosa e de achegarnos á cultura xaponesa,fixémoslle entrega dun agasallo e asinaron no libro de lembranzas .Grazas!!!!!

O meu marabilloso sombreiro (Edicións do Cumio,2013) é un conto en edición bilingüe galego/xaponés escrito por Akiko Ishihara ,
con textos e ilustracións de  Suevia Sobral Santiago.
 
 O pequeno narrador conta como, con esforzo, fai un sombreiro estupendo e, contento coa súa obra, decide regalala. Se queres, pódesme acompañar na miña procura. E mentres escoitamos cancións, sen dúbida, divertirémonos xuntos.
O libro ven acompañado dun CD con 6 cantigas populares xaponesas en galego e as seis partituras da versión orixinal.

23 may 2014

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

O luns recibimos  na Biblioteca a visita dos alumnos/as de 4º da ESO do IES Valadares para ensinar ao alumnado de 1º e 5º de Primaria os proxectos que fixeron nos últimos anos na asignatura de Tecnoloxía  e que deseñaron e construiron no taller do instituto.
Traballos de tecnoloxía nos que amosaron diferentes tipos de poleas,engranaxes,robots,xoguetes solares,foguetes de auga,..


Dividiron aos rapaces en grupos de catro ou cinco,e cada grupo ía  rotando polos distintos postos nos que estaban os monitores/as e alí explicábanlles os traballos,o seu funcionamento máis o seu manexo.

Comenzaron polos máis pequenos,que se interesaron moito polos proxectos.Facíalles moita ilusión e prestaron moita atención  e os maiores fixeron preguntas moi  interesantes e estiveron moi atent@s.
Preguntas como que é un cegoñal,como se programa un robot,que é un sensor,cales son os principais mecanismos ou como funciona unha placa fotovoltaica foron explicadas con moito detalle polos monitores coa axuda das súas profes.
Os máis pequen@s  coma os maiores quedaron abraiados cos robots,con sensores,cos xoguetes eléctricos e mecánicos e,sobre todo,co lanzamento dos foguetes de auga.
Tanto para os nosos alumnos/as como para o alumnado da ESO,que poideron disfrutar de ser" profes por un día ", foi unha experiencia estupenda.
Agasallámoslles cunha merenda e con xabóns feitos a man por nós.
Grazas !!!
Algunhas fotos da xornada

20 may 2014

VISITA DE ROQUE CAMESELLE

O xoves 8 contamos coa presenza de Roque Cameselle, autor do libro "O Pequeno Mago" .
Na sesión deu a coñecer o libro e a película  e ensinounos cales son os procesos de creación dunha película de debuxos animados,as fases de escritura dun libro ata chegar ao resultado final.
Trata dunha historia na que se mesturan o humor,a maxia e a reflexión histórica sobre o esplendor que viviu Galicia durante os séculos XI e XII.


18 may 2014

OBRADOIROS

A través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, participamos  en  varios  OBRADOIROS
 
CONTOS DO MEDIO
 
Este obradoiro foi desenrolado por Faia-Educación Ambiental  e dirixido ao alumnado de terceiro.
 
Esta actividade  consistiu nunha  charla sobre diversos aspectos relacionados coa fauna e flora propia da nosa contorna, amosando material real e propoñendo ao alumnado a participación e manipulación dos elementos expostos como unha colmea, herbas aromáticas, niños de diferentes especies de paxaros ou produtos xenerados polas abellas (xalea real, mel, propolis…).
Finalizou a actividade cunha historia ilustrada,"Historia dunha abella", que encandilou  aos rapaces sensibilizándoos co noso  medio.
 OS MAIOS
 
Impartido por un membro da Asociación Veciñal Casco Vello e dirixido ao  alumnado de Terceiro.
 
Primeiro explicaron  na aula as orixes da festa,dos cantares,dos persoaxes,..
A continuación viron un vídeo e logo no pavillón fixeron a danza.
Pasámolo moi ben!!!!

14 may 2014

GONZALO MOURE NA BIBLIOTECA

O escritor GONZALO MOURE estivo na nosa biblioteca o venres 9 de Maio e compartiu co alumnado de 4º unha sesión para falar do seu libro
 "PALABRAS DE CARAMELO".
O libro conta a historia de Kori,un neno que vive nun campamento saharaui e a relación tan especial que ten co seu camelo chamado Caramelo.
Gonzalo Moure falounos como xurdiu a historia que conta neste libro que está adicado a unha nena xordomuda.
Está moi comprometido co pobo saharaui e viaxa unha vez ao ano aos campamentos de refuxiados do Sahara e colabora coa asociación "Escritores por el Sahara-Bubisher"
(Bibliotecas e bibliobús para os campamentos de refuxiados).
http://www.bubisher.org/

Rematou  asinando nos libros do alumnado e no libro de lembranzas.Grazas!!!!
Máis información sobre Gonzalo Moure na páxina
http://www.gonzalomouretrenor.es/biografia/
Unha mostra do traballo sobre o libro realizado polo alumnado e que está exposto na entrada do cole.

12 may 2014

SEMANA MATEMÁTICA

Seguindo co lema "Ler ciencia na Biblioteca Escolar" e, como  hoxe, 12  de Maio, é o Día Escolar das Matemáticas, iniciamos a nosa SEMANA MATEMÁTICA.
 
Na Biblioteca montamos unha exposición de Origami e preparamos dous obradoiros de papiroflexia e  Xogos Matemáticos.
 
Os distintos elementos de papiroflexia están feitos polo alumnado de 5º de primaria e son eles/elas os que explican ao resto do cole que pasará pola biblioteca ao longo da semana organizados por ciclos.Desta maneira faremos diferentes actividades de papiroflexia e matemáticas dependendo da idade do alumnado.
Algúns exemplos  de Papiroflexia: canciño,flores, marcapáxinas, camisa, falda, pantalón.
Xogos matemáticos:
Educación Infantil:Bloques lóxicos.
1º e 2º:dominós,mosaicos,producto cartesiano cos bloques lóxicos en función dos atributos.
3º e 4º:tangram,pentaminós.
5º e 6º:cubo soma, pentaminós, hexamantes, calculadora, tangram, ovotangram.
Hoxe,a biblioteca encheuse de nenos e nenas de Educación Infantil,que esperaban impacientes e atentos ás explicacións dos maiores de quinto.

As imaxes son unha mostra da xornada .O remate da semana poremos as fotos de todas as actividades desenvoltas.

11 may 2014

O MAIO DO SEIS

Este luns 5 fixemos o noso MAIO.
Previamente as familias foron aportando os distintos materiais (carqueixas, fentos, calas, pampillos, xestas, cáscaras de laranxa, flores, fiuncho,....) cos que cada curso foi vestindo e recubrindo a estructura do Maio.

Montamos un Maio Deportivo e coas calas formamos o número 30 que representa o 30º Aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal.
O día seguinte, despois do recreo,e arredor do Maio,cada curso foi cantando as coplas que tiñan preparadas.
Grazas ás familias pola constante colaboración e por aportar os materiais!!!!!
Aquí tedes algunhas imaxes

9 may 2014

OLLOS DE AULA Nº 14(MAIO)

 O Nº 14 DE "OLLOS DE AULA",A REVISTA QUE EDITA A CGENDL PARA AS FAMILIAS, ABORDA ESTE MES:
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS,AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES,TDAH, RECOMENDACIÓNS PARA LER,PARA TER E PARA VISITAR.
http://coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n14_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)

8 may 2014

VISITA DE BREOGÁN RIVEIRO

O escritor BREOGÁN RIVEIRO estivo na nosa biblioteca o luns 5 de Maio e compartiu co alumnado de 6º unha sesión para falar do libro que traballaron "Tonecho de Rebordechao".
Breogán falounos da importancia de que nos conten historias e que non deben de perderse .
O alumnado fíxolle  diversas  preguntas sobre o libro:os personaxes,canto tempo lle levou escribir o libro,porque lle puxo ese título,en que se inspirou para escribir,cantos libros escribiu,que está escribindo agora,.....
Fixémoslle entrega dun agasallo e rematou  asinando nos libros .Grazas!!!
Información sobre Breogán na páxina

7 may 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO:LETRAS GALEGAS 2014

O  17 de MAIO,
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
 está adicado ao poeta
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO,
conmemorando  o centenario do seu nacemento.
 Para coñecer  e achegarnos a súa vida e obra atoparedes información nas seguintes ligazóns:(Preme nas imaxes)
COORDINADORA GALEGA  DOS EQUIPOS 
 DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Recompilación con moitas actividades
http://coordinadoraendl.org/letras2014/index.html
REAL ACADEMIA GALEGA
http://www.realacademiagalega.org/50-anos-das-letras-galegas/-/asset_publisher/T8k5/content/xose-maria-diaz-castro
SECRETARÍA XERAL  DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
SEMINARIO  GALÁN
http://www.seminariogalan.org/
 PÁXINA POETA DÍAZ CASTRO
http://www.poetadiazcastro.com/

 LIM
 Biblioteca do" Ceip Mallón "para Educación Infantil
https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202014/d%C3%ADaz%20castro%20infantil/d_iaz_castro_infantil.html
Ceip Plurilingüe San Xoán de Filgueira
http://actividadeslim.blogspot.com.es/2014/04/xose-maria-diaz-castro.html
CONTO:" O NENO E A ESTRELA"
http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/

Conto editado polo colectivo Falaloba sobre Díaz Castro de pequeno,baseado no seu poemario NIMBOS.

POEMA MUSICADO:
“Penélope” - Fuxan Os Ventos


5 may 2014

FRAN ALONSO NA BIBLIOTECA

O 30 de Abril chegou á nosa biblioteca o poeta
 FRAN ALONSO
 Compartiu co alumnado de 4º unha sesión  na que nos fixo sentir e vivir a maxia da  poesía,co seu libro
"O MEU GATO É UN POETA"
Cada poema,cada verba,...ia acompañada dun elemento que fai que sexa un espectáculo e un placer escoitalo.
Tamén recitou poemas de Antonio García Teijeiro,Rosalía,....
Rematou a sesión asinando os libros dos alumnos/as e no libro de lembranzas.Grazas Fran !!!!
Ligazón ao traballo e os poemas escritos polo alumnado de 4ºA
http://arroas.wikispaces.com/Poes%C3%ADas+e+canci%C3%B3ns
(Preme na imaxe)
 
 Información sobre Fran Alonso na páxina
Recursos sobre o libro

4 may 2014

VISITA DE ALICIA BORRÁS

A escritora Alicia Borrás estivo con nós o mércores 30 de Abril e compartiu cos nenos e nenas de Educación Infantil de  cinco anos unha sesión na que xogaron,bailaron,cantaron,riron,....ao ritmo do libro "O señor Corpo quere xogar".
Con el aprendemos as partes do corpo e as súas funcións.
 O señor Corpo quere xogar, quere moverse, quere brincar. Dona Cabeza vaille axudar, os ollos terán que mirar, a boca falar, as orellas escoitar, coas pernas camiñar e cos pés andar. E que fará o señor Corpo …?
Por último,asinou os libros dos alumnos/as e no libro de lembranzas.Grazas!!!!!
Traballo feito polo alumnado de cinco anos sobre o libro.