31 may 2011

VISITA DE BABALUVA

    O luns 23 de Maio contamos coa visita da compañía BABALUVA,coa obra de teatro "LUME",inspirada nun texto de Alberto Varela Ferreiro.Para o alumnado de Educación Infantil, Educación Especial e 1º ciclo de Primaria.
     Nesta posta en escea dúas titiriteiras recrean un bosque e aos seus animais para contar unha historia.
A historia di así:
  "Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can… Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume".
       Os títeres e os elementos escenográficos están construidos reutilizando obxectos cotiás recoñecibles e sen apenas transformacións. Que ben o pasamos!!!






29 may 2011

NOVIDADES

ESTAS SON AS NOVIDADES DA BIBLIOTECA EN MAIO





NOAH  BARLEYWATER  ESCAPA DA CASA

         Aos seus oito anos, Noah  pensa que é máis doado facerlles fronte aos seus problemas se non pensa neles.E por iso escapa da casa.Por un camiño inexplorado a través da fraga.Non tarda en chegar a unha tenda.Pero non se trata dunha tenda normal.E unha tenda de xoguetes cuns incribles bonecos cargados de maxia.
E dentro dela Noah encóntrase cun artesán ben raro;un home que ten unha historia que contar,chea de aventuras,prodixios e promesas rotas.
Ese home guiará a Noah nunha viaxe  que lle cambiará a vida.






LOS VERSOS DEL LIBRO TONTO

    “Los versos del libro tonto” é a gañadora do III Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos,

Acrósticos, palabras e letras bailarinas que se apropian do papel, poemas travesos que non teñen un pelo de parvos... ao contrario do que suxire o título.
      A obra de Beatriz Giménez é un conxunto de 25 composicións estruturadas nun principio, nun final e, entre ambos, tres partes adicadas aos “versos que fuxiron” por aire, por mar e por terra.
     Os primeiros tragounos un galo-veleta; os segundos atopounos a serea Flora; e os últimos recolleunos un escarabello peloteiro.




O PEIXE VERMELLO


O avó de Ramiro era o encargado dunha biblioteca moi antiga que había no medio do bosque. Un día, Ramiro acompañou o seu avó e levou consiGo o seu amigo, o peixe vermello. Era a primeira vez que o neno entraba na biblioteca e estaba abraiado por aquelas enormes salas cheas de libros. Mirou todos e cada un dos estantes e non deixou ningún curruncho sen explorar...

É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio dun bosque, calquera cousa pode acontecer
.




                            UN AVÓ ESPECIAL


O libro "Un avó especial" está baseada na obra teatral do mesmo nome que a compañía "Migallas teatro" creou no ano 2005 co asesoramento de AFAPO(asociación de familiares de Alzheimer  e outras demencias de Pontevedra)  dirixido aos nenos e nenas para que recorden a historia do avó Manuel e a súa neta Rosiña.

      Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos.O avó a coida,ensínalle ditos,cancións,xogos,...co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero,un día,o avó comeza a ter moitos despistes e,ademáis,cámbialle o caracter. Rosiña,coa axuda dos seus  pais,ten que facer frente a esta nova situación.



EL MAGO DE LOS FOGONES
"Comiditas" ,era un neno ao que non lle gustaba comer papillas,menos as papillas,metía de todo na boca,a cortina,a cola do gato,....

Que imos facer?-preguntábanse os pais preocupados temendo que Comiditas  quedara canixo.Ata que un día chegou a avoiña... 










PARA FACER O RETRATO DUN PAXARO
    Esta fermosa fábula sobre a arte e a cretividade une un dos poemas máis sutís de Prévert.

          Destaca a orixinalidade coa que nos amosa a transición do mundo en tres dimensións ao plano bidimensional.
         A medida do tempo, o valor da pacencia, o modo no que se reflicte a natureza son outros alicientes desta obra.

     No fondo, trátase dunha reflexión filosófica sobre o efémero: capturamos momentos e impresións de canto observamos e ansiamos, pero apenas podemos retelo durante un tempo; debemos desprendernos, pois, dese afán por reter o que non nos pertence, para que a nosa mirada estea aberta a novas sensacións no futuro.

24 may 2011

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

       O venres 20 de Maio, contamos coa visita do ilustrador Abraham Carreiro para o 2º ciclo de Primaria.Escomenzou debuxando á mascota da colección "Contos que len outros
 nenos do mundo".
Despois ,como ilustrador que é,ensinounos como debuxar e caracterizar aos personaxes, diferentes técnicas ,cores frías e quentes,....e que  aplicamos aos debuxos que nos fixemos.

Na biblioteca temos libros da colección:



"Contos que len outros nenos do mundo"
(A mascota é unha cigoña á que lle gusta viaxar e coñecer animais e recopila contos polos distintos lugares que pasa).


"A pel do crocodrilo"
"As espiñas do porco espiño"





Abraham dedicounos os debuxos que fixo e  firmou  no libro de invitados da biblioteca.Grazas!!!




Presentación   en    fotos   da   visita.


17 may 2011

EXPOSICIÓN: "OS NOSOS TRABALLOS"

Na Semana Cultural  montamos unha exposición con todos os traballos feitos polo alumnado.Unha pequena mostra deles.


ANIMACIÓN Á LECTURA

O venres 13 de maio contamos coa visita de Manuel Solla,que fixo unha sesión de animación  á lectura  cun personaxe moi especial ,PUPI, para os nenos e nenas de 1º Primaria.
Contounos cousas sobre a nosa mascota,pintamos ao personaxe e tamén poidemos tocalo,....
Que ben o pasamos!!!

15 may 2011

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

              O venres 6 de Maio contamos coa presencia de Teresa González Costa,autora de "A filla do ladrón de bicicletas",o libro que  leron os/as alumnos/as de 5º de Primaria . Disfrutamos dunha sesión na que a autora falou da historia,os personaxes,... e  respostou ás preguntas que tiñamos preparadas sobre o libro.
Para rematar asinou nos nosos libros.Grazas




"A filla do ladrón de bicicletas" conta a historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.



14 may 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   Este curso repetimos a experiencia dos cursos anteriores "Libros ao patio" e "Apadriñamentos lectores",coa que celebramos o día do libro.
A acollida da actividade foi excelente.

Cada neno/nena do 2º e 3º ciclo  apadriñou a un/unha do primeiro ciclo,educación infantil e educación especial.Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo de biblioteca.Durante a semana anterior asesorámoslles como elexir e contar un conto aos pequenos.Animámolos  a que enviasen pequenas  mensaxes segredas  aos seus/súas afillados/as, que o día do libro esperaban expectantes a ver quen os ía recoller para levalos  ao patio.

O xoves 5 de maio ,o alumnado de 2º e 3º ciclo coa  súa titora/titor foi á aula correspondente e alí foron presentados ás diferentes parellas ou tríos  e  fomos saindo ao patio de terra.Cando foi a hora de comenzar a ler,dende a radio comenzou unha música moi suave que nos acompañou nas nosas lecturas,escoitando atentamente as historias preparadas e logo agasallaron aos seus padriños/madriñas cun marcapáxinas co  lema "Gústame ler".



CONTACONTOS

O mércores 4 de maio contamos cun contacontos moi especial,Servando,que fixo a ledicia dos nenos e nenas de 2º de  Primaria coa súa  música e as  súas historias de "Contos e cantos do bardo Abelardo".





INVITAD@S NA BIBLIOTECA O MES DE MAIO


Os invitad@s na biblioteca este mes de Maio son:

4 de Maio 
    Servando
                     "Contos e cantos do bardo Abelardo"




6 de Maio 
 Teresa González Costa
 "A filla do ladrón de bicicletas"

                                    

 
             20 de Maio 
          ABRAHAM CARREIRO

 
                                                              
        

                                                    23 de Maio
   BABALUVA coa obra "Lume"

SEMANA CULTURAL

           Como este curso o Día do Libro coincidiu coa Semana Santa,decidimos trasladar a celebración da semana do libro á primeira semana do mes de Maio.


Tivemos as seguintes actividades:


-Luns 2 de Maio:  "Recital poético",no que os/as gañadores/as do concurso de poesía recitaron os seus poemas ao resto do alumnado do cole.


-Martes 3 de Maio:  "O Maio do Seis".


-Mércores 4 de Maio:  Animación  de Servando, contacontos para 2º de Primaria.


-Xoves 5 de Maio:  Libros ao patio e Apadriñamentos lectores.


-Venres 6 de Maio:  Teresa González Costa,autora de "A filla do ladrón de bicicletas" para 5º de Primaria.


Ademais destas actividades fixemos exposicións de:


  • "Pintamos contos" - Infantil 3 anos.
  • "O meu conto preferido" - Infantil 4 e 5 anos.
  • "Inventamos contos" - 1º e 2º de Primaria.
  • "O meu libro favorito,o recomendo por...." - 2º e 3º ciclo de Primaria.
  • Materiais elaborados nas aulas sobre os libros recomendados neste curso.
  • Poesías do concurso.

RECITAL POÉTICO

O luns 2 de Maio,o alumnado premiado no concurso de poesía,recitou os seus poemas ao resto do alumnado do cole.

Tod@s estivemos moi atent@s para poder desfrutar dunha mañá chea de versos e sorrisos.




CONCURSO POESIA

A finais de marzo a Biblioteca propuxo un "concurso sobre poesía"destinado a todo o alumnado do centro.


A temática centrouse en:


-Infantil, Especial e 1º ciclo Primaria:  "Poesía e primavera".
-2º ciclo Primaria: "Unha flor,un poema"
-3º ciclo Primaria: "Unha flor,un poema,un soño".


POESÍAS GAÑADORAS:


*En Educación Infantil e Educación Especial as composicións foron maioritariamente colectivas.
Educación Especial

Colectiva Infantil 5 anos

Colectiva Infantil 3 anos


4 anos(Angel)
*En Primaria foron poemas individuais.

2ºPrimaria(Iria)

3ºPrimaria(Xián)

4ºPrimaria(Nerea)


5ºPrimaria(Javier D.)

6ºPrimaria(Carmen)