Alén do
acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de
Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está
organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional
manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.
Para
expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o
Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de
difusión da súa obra.
Para Educación
Infantil e Primaria a AELG propón que cada alumna/o elabore unha máscara de
Rosalía de Castro. Posteriormente faríanse fotos do alumnado caracterizado
de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno
cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. A documentación
gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa
etiqueta #RosalíaTe.
Fonte: AELG