Desde 1967, o 2 de Abril, coincidindo coa
data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a
celebración do "Día Internacional do Libro Infantil" co fin de promocionar os bos
libros infantís e xuvenís ,libros de calidade que esperten a súa imaxinación e
os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto
a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana PAT MORA
e o ilustrador do cartel é o estadounidense ASHLEY BRYAN.
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e
Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora.
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos
castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu,
dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.