20 dic 2020

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Un ano máis, por estas datas, achegamos a nosa Guía de Lecturas. Sempre enviamos ás familias un tríptico impreso e en cor pero este curso, coa situación que estamos vivindo, decidimos que fose dixital e noutro formato diferente.

Estos son os libros que traballaremos con cada clase á volta de Nadal.

Non vos esquezades de pedir nas vosas cartas aos Reis Magos, Papa Noel ou o Apalpador un libro. Seguro que lles encantará!!!

Colabora co comercio local e merca nas librarías da zona!!!

Neste Nadal agasalla Libros!!!

Guía de Lecturas Nadal 2020 de Biblioteca Seis do Nadal

16 dic 2020

TIPOS DE BAILE

Hip-hop, salsa, vals, ballet, breakdance, flamenco, claqué, muiñeira,… foron algúns dos tipos de baile que escollestes para completar o reto de novembro.

Na seguinte presentación as vosas aportacións!!!

 

13 dic 2020

O APALPADOR: LECTURAS

O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Caurel e outras serras orientais de Galicia, e nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para achegarlles aos nenos e nenas, castañas e agasallos feitos a man.

Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen aos nenos e nenas doutras partes do planeta.

No blog da Equipa de Dinamización da Lingua Galega “O Fiadeiro” tedes máis información e recursos para profundizar no tema.

Selección de Lecturas que temos na biblioteca.

Videocontos e conto en pictogramas sobre este personaxe do noso Nadal.

O Apalpador de Biblioteca Seis do Nadal

3 dic 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

No ano 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de decembro como Día internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O lema deste ano é "Participación e o liderado das persoas con discapacidade: Axenda de Desenvolvemento 2030"

Céntrase no apoderamiento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento  inclusivo, equitativo e sustentable, como se pedía na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS).

Selección de lecturas e vídeos para reflexionar e sensibilizar de que todos e todas somos únicos e diferentes e que temos moito que aportar aos demais, promovendo a inclusión, a igualdade e a diversidade.

Día Internacional da Discapacidade de Biblioteca Seis do Nadal

2 dic 2020

RETO DECEMBRO

Un bailarín ou bailarina terás que facer se o terceiro selo queres conseguir!!!!

Segue un dos seguintes titoriais e fai a túa bailarina ou bailarín. 

https://www.youtube.com/watch?v=b5h_guXTLk0

https://www.youtube.com/watch?v=TIUAImehZ90

Tamén podes inventar o teu propio ou facer o recortable

https://www.cuentocuentos.org/recortable/14/bailarina.html

Agardamos as vosas respostas!!!