Hoxe tivemos a visita da escritora María Canosa que conversou co alumnado de 4ºB sobre o seu libro “Muriel. Caos no laboratorio lácteo”, que leron durante este segundo trimestre.
Despois da presentación por parte dun
neno e dunha nena sobre a autora (vida, obra e premios) puidemos coñecer da man
de María a súa traxectoria literaria e tamén nos transmitiu o seu amor polos
libros e a importancia de falar e de escribir na nosa lingua.
Neste libro María cóntanos unha nova
aventura de Muriel e do seu inseparable raposo Blim. A maxia e a ilusión
envólveos por completo e involúcraos
nunha misión fermosa e entrañable que, ademais lles abrirá as portas da
sospeita. Serán quen, os dous compañeiros de desentrañar o misterio que hai
tempos os intriga? Non hai elección: sube ao carro de leiteiro e… boa viaxe!
Os cativos e cativas fixeron preguntas
sobre a historia e explicáronlle como traballaron o seu libro e que actividade
fixeron: un glosario co vocabulario do libro no que se recollen as palabras
favoritas, a opinión persoal e outros finais distintos.
Fixemoslle entrega dun agasallo e rematou
asinando nos libros.
Xa son moitos os cursos que María ven á
nosa biblioteca polo que xa pertence a esta gran familia do Seis.
Moitas grazas María pola túa visita e
polo teu agarimo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario