O escritor Carlos López, máis coñecido como Chinto, tivo un encontro literario co alumnado de 4ºA para conversar sobre o seu libro “Mediometrópole e os superheroes”.
Comenzaron cunha pequena presentación a cargo
dun alumno para introducir a vida e obra do autor que nos visita.
Carlos falounos das razóns polas cales decidira
escribir e adicar moita parte da súa vida a construir grandes contos e
diferentes textos para os cativos e cativas.
Ademais de falarnos do libro que lemos
fixo un percorrido pola súa obra contando distintas anécdotas á hora de
escribilas, así como a lectura de varias historias que encantaron ao alumnado.
Posteriormente o nenos e nenas fixéronlle
preguntas e rematamos entregandolle os traballos elaborados na aula, un
agasallo como recordo da súa visita ao centro e posterior sinatura dos libros.
Moitas grazas Carlos por compartir o teu
tempo con nós!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario