No mes do libro continuamos coas visitas de autores e autoras na nosa biblioteca. Nesta ocasión, o venres 12, contamos coa presenza da escritora e neurocientífica Paula Rivas que conversou co alumnado de 3ºA sobre “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”.
É un libro de contidos científicos para
aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación
en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e
coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o
sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a
través dos sentidos. Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos
ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois
Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia
extraordinaria.
Despois da
presentación feita por parte dos nenos e nenas, Paula explicounos curiosidades sobre
o seu traballo e tamén respostou ás preguntas que a cativada tiña preparadas sobre
a lectura. Rematou asinando nos libros.
Grazas Paula pola túa visita!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario