O venres 19 de abril, o voluntariado da biblioteca visitou o Centro de Día Atendo. Actividade enmarcada no proxecto Interxeracional que desenvolvemos dentro do Programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
Un recibimento moi fermoso e con moito
agarimo por parte dos usuarios/usuarias e persoal do centro.
Escomenzamos contado “A que sabe a lúa”,
co reparto de obleas para que nos dixeran a que lles sabía. A continuación, un pequeno
recitado de poemas de Luisa Villalta homenaxeada co gallo do Día das Letras
Galegas 2024.
Teresa, Tusa e outras usuarias foron
lendo refráns populares para que nós foramos completando. Algúns xa os
coñecíamos pero outros era a primeira vez que os escoitabamos!!!
Compartimos merenda, sorrisos, afectos e
cariños!!!
Un momento emocionante foron as lecturas
compartidas, nas que lemos contos con diversa temática.
Non queríamos despedirnos sen entregar
os agasallos, marcapáxinas e o poema “Parece unha rosa” feita polos cativos e
cativas de infantil de catro anos.
Palabras de agradecemento de Teresa e
entrega a cada neno/nena dunha libreta artesanal feita por eles/elas.
Grazas ao todo o Equipo do Centro do Día
Atendo por esta fermosa xornada chea de emocións!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario